Convento de Vilavella

O Convento de Vilavella, tamén coñecido coma Conxunto de Vilavella, é o nome co que se coñece a unha serie de construcións e monumentos situados na vila de Redondela, datados do século XVI. Está formado por un convento, unha igrexa e un cruceiro, que se atopan na entrada sur do casco urbano da cidade, a carón da N-550 procedente do Porriño.

Convento de Vilavella
Convento de Vilavella
PaísEspaña
LocalizaciónRedondela
Coordenadas42°16′42″N 8°36′38″O / 42.278333333333, -8.6105555555556Coordenadas: 42°16′42″N 8°36′38″O / 42.278333333333, -8.6105555555556
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O convento comezouse a construír no ano 1501 e foi rematado en 1554, da man do arcipreste de Cerbeira e, anteriormente, párroco de Vilavella, García Prego de Montaos. No ano 1864 a igrexa sufriu un incendio no que se perdeu a parte do coro onde se atopaba o órgano.

A fonte de ingresos do convento residía no cobro dos foros polo arrendamento de terreos aos campesiños da vila. Malia todo, os pagamentos adoitábanse facer en millo, patacas, galiñas ou viño, en troques de cartos. Outra forma de obter ingresos foi a repostería, sendo aínda hoxe célebres na vila os cabelos de anxo, toronxa ou noces. En 1603 o concello de Pontevedra encargou á superiora Inés Avalle Mariño uns doces para agasallar ao arcebispo de Santiago Maximiliano de Austria, de visita nesa cidade. En 1867 representaron a España cos seus doces na Exposición Universal de París[1].

A orde de relixiosas Justinianas abandonou o convento no ano 1931, e cinco anos máis tarde, en 1936, acordouse ceder o conxunto arquitectónico ao Estado. Porén, xamais chegou a producirse o traspaso por mor do inicio da guerra civil española. En 1942 mercouno o industrial conserveiro José Otero González, invertendo nel moito diñeiro co propósito de que pasase novamente á Orde Justiniana, da que era agregado espiritual, para que establecese un colexio para Redondela.

Até o ano 2003 o convento permaneceu baleiro. Foi nese ano cando comezou a funcionar como restaurante e salón de vodas.

Notas editar

  1. "As confituras do convento na Exposición Universal de París". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 18 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar