Mosteiro de San Paio de Abeleda
O mosteiro de San Paio de Abeleda son os vestixios dun mosteiro medieval construído no século XII na parroquia de San Paio de Abeleda, no concello de Castro Caldelas.[1]
Mosteiro de San Paio de Abeleda | ||||
---|---|---|---|---|
San Paio de Abeleda ![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | mosteiro ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Situado en | San Paio de Abeleda ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Elemento da Lista Vermella do Patrimonio | ||||
Data | 17 de decembro de 2007 | |||
Identificador | monasterio-de-san-paio | |||
Fontes e ligazóns | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
Na actualidade atópase en estado ruinoso. Foi un dos centros monásticos máis influentes da provincia, e coa reforma monástica pasou a converterse en abadía ata que a finais do século XIX, trala desamortización, os Duques de Alba apoderáronse dos bens do mosteiro.
A igrexa
editarA igrexa, construída en estilo románico do século XII (con reformas posteriores) é de planta de cruz latina. Componse dunha soa nave con tres corpos, separados cada un deles cun arco de medio punto con arquivoltas adornadas de impostas axadrezadas e capiteis con flores e quimeras. O retablo maior é do século XVII. A igrexa foi obxecto dunha profunda reforma no século XIV, conservándose da fábrica románica unha porta dos séculos XIII-XIV.
A fachada do claustro conventual é de estilo gótico e presenta un arco oxival con decoración de cuadrifolios.
No ano 2005, foi vítima do espolio de varios retablos barrocos e neoclásicos, e algunha columna do antigo claustro conventual.[2]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes do mosteiro de San Paio de Abeleda.
-
Vista desde Santa Tecla
-
Unha das fachadas
-
Portada
Notas
editar- ↑ San Paio de Abeleda en Proxecto ARGA.
- ↑ "Rouban os seis retablos do antigo mosteiro de San Paio de Abeleda" Arquivado 05/07/2015, en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 11 de xullo de 2005.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Duro Peña, E. (1989): El monasterio-parroquia de San Payo de Abeleda. Anuario de Estudios Medievales.