San Paio de Abeleda, Castro Caldelas
San Paio de Abeleda é unha parroquia do concello de Castro Caldelas situada a 2 km da capital do concello. Etimoloxicamente o seu nome pode que proceda de Abeledo, co significado de terra de abeleiras. En 2011 tiña 36 habitantes (18 homes e 18 mulleres).
San Paio de Abeleda | |
---|---|
![]() Mosteiro de San Paio de Abeleda | |
Concello | Castro Caldelas[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°23′22″N 7°26′55″O / 42.38932925, -7.44850602Coordenadas: 42°23′22″N 7°26′55″O / 42.38932925, -7.44850602 |
Poboación | 36 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eclesiasticamente, a parroquia foi suprimida na primeira metade da década de 1980, de xeito que os lugares do Couto, O Ivedo, Pousada de Abaixo, San Miguel e Soutelo se incorporaron a Santa Tegra de Abeleda, e os de Santiurxo, A Tapada e Valverde fixérono a Castro Caldelas.[2]
Patrimonio histórico e artístico Editar
A igrexa parroquial de San Paio conserva unha portada con arco oxival apuntado sobre columnas acobadadas nas xambas. Decórase con relevos aos lados baixo doseletes, posiblemente de finais do século XIV.
Próximo á igrexa atópase o Mosteiro de San Paio de Abeleda, un dos principais da provincia ata o seu abandono trala desamortización. Na actualidade atópase en situación de abandono e ruína. A pesar de todo aínda pódese contemplar a ampla igrexa, cunha ábsida oxival.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes do mosteiro de San Paio de Abeleda.
Lugares e parroquias Editar
Lugares de San Paio de Abeleda Editar
Lugares da parroquia de San Paio de Abeleda no concello ourensán de Castro Caldelas | |
---|---|
O Couto | O Ivedo | Pousada de Abaixo | San Miguel | Santiurxo | Soutelo | A Tapada | Valverde |
Parroquias de Castro Caldelas Editar
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Fernández Otero, José Carlos (1985). Guia de la Diócesis de Orense (en castelán). Diocese de Ourense. pp. 55 e 95–96. ISBN 84-398-4822-6.