Alais, Castro Caldelas
parroquia civil do concello de Castro Caldelas
San Pedro de Alais é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 114 habitantes, deles 53 eran homes e 51 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Alais | |
---|---|
Concello | Castro Caldelas[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°23′30″N 7°25′42″O / 42.39175, -7.42841667Coordenadas: 42°23′30″N 7°25′42″O / 42.39175, -7.42841667 |
Poboación | 71 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Crenzas e supersticións
editarVicente Risco recolle a crenza de que, nesta parroquia de Alais e pola parte de Maceda, gardan o pan que se coce o día de San Bertomeu (24 de agosto). Este pan non podrece nunca, e utilízase para apagar os lumes, botando neles un anaco do pan [2].
Lugares e parroquias
editarLugares de Alais
editarLugares da parroquia de Alais no concello ourensán de Castro Caldelas | |
---|---|
Casanova | Casbeado | Casfarexa | A Eirexa | Grazán | A Lama | Madanela | Os Muíños | Noguedo | O Pacio | Pacios de Condelle | Pacios de Toutelle | Porteleiro | San Xorxe | Seoane | O Sío |
Parroquias de Castro Caldelas
editarNotas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).