Vilamaior de Caldelas, Castro Caldelas

parroquia civil do concello de Castro Caldelas

Vilamaior de Caldelas é unha das parroquias do concello de Castro Caldelas, pertencente á provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2014 tiña 42 habitantes, dos cales 24 eran homes e 18 mulleres, o que supón unha diminución constante respecto do ano 2009, cando tiña 50 habitantes.

Vilamaior de Caldelas
ConcelloCastro Caldelas[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°21′14″N 7°22′13″O / 42.35395794, -7.37022388Coordenadas: 42°21′14″N 7°22′13″O / 42.35395794, -7.37022388
Poboación42 hab. (2014)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Vilamaior de Caldelas, antigamente coñecida por Vilamaior, sen máis, consta de catro aldeas: a propia Vilamaior (con 25 habitantes), Casfiel (con sete), Os Casares (seis) e Vilar de Oleiros (con catro); antigamente tiña outra aldea, O Carballo, despoboada desde hai xa anos. As parroquias lindeiras son O Burgo, Sas de Penelas e Castrelo (xa pertencente ao concello de San Xoán de Río).

Dista uns 5 km da capital do Concello (O Castro de Caldelas) e 52 km de Ourense.

Xeografía física editar

Vilamaior está situada na aba da Serra do Burgo. Atópase a uns 750 m de altitude e a parte montañosa correspondente que a protexe polo sur ten un máximo desnivel duns 1.050 m (aínda que a Serra do Burgo, noutra parte, alcanza os 1.250 m aprox.). Esta protección natural polo sur, e algo menos polo leste pero non polo norte (ou moito menos pronunciada polo norte), atenúa as temperaturas máis altas, mais non tanto as baixas; por esta circunstancia natural, á parte de pola altura á que se atopa e tamén por ser unha zona interior, as xeadas son moito máis frecuentes, duradeiras e daniñas que noutros pobos ou parroquias con distinta protección orográfica.

Non hai ríos importantes que atravesen a parroquia; o que hai son regatos, moi torrenciais (con moito desnivel) ao seu paso pola montaña, cheos de auga no inverno e que van secando a medida que o verán avanza.

Demografía editar

A principio do século XX estaba moito máis poboada a parroquia, cuns 400 veciños aproximadamente, mais agora a redución da poboación debida á emigración a diferentes destinos é constante. No ano 2000 a parroquia tiña 74 habitantes (44 homes e 30 mulleres), mentres que no 2014 son só 42 habitantes.

Economía editar

A xente sempre viviu da agricultura e da gandaría, e en menor medida da silvicultura (explotación da madeira). Basicamente sempre se tratou de economía de subsistencia baseadas no cultivo da terra en réxime de minifundio. A gandaría proporcionaba un extra ou plus de ingresos, os cales permitían mercar produtos, utensilios etc. Canto aos cultivos, o que máis se sementa son as patacas e o centeo (que hoxe case non se cultiva), millo, remolacha, garavanzos, fabas, leitugas e tomates; dánse as mazás, cereixas, peras e pavías.

Unha parte importante do terreo produtivo está “ao ermo”, isto é, deixouse de traballar e encheuse de mato.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Vilamaior de Caldelas editar

Parroquias de Castro Caldelas editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Castro Caldelas

Alais (San Pedro) | O Burgo (San Pedro) | Camba (San Xoán) | Castro Caldelas (San Sebastián) | Folgoso (Santiago) | Mazaira (Santa María) | Paradela (San Vicenzo) | Pedrouzos (San Mamede) | Poboeiros (San Xoán) | San Paio de Abeleda (San Paio) | Santa Tegra de Abeleda (Santa Tegra) | Sas de Penelas (San Fiz) | Trabazos (Santa Olaia) | Tronceda (Santiago) | Vilamaior de Caldelas (Santa María) | Vimieiro (San Xoán)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar