Pavía

comuna italiana

Coordenadas: 45°11′07″N 9°09′18″L / 45.185280555556, 9.155


Este artigo trata sobre unha vila, para o froito véxase artigo Cultivares de pexego.

Pavía
Collage Pavia.jpg
Ponte vella, en Pavía

Pavía é unha cidade do suroeste da Lombardía, no norte de Italia, é cruzada polo río Ticino (Durante a época romana chamábase Ticinum.), un pouco ao norte da confluencia co río Po. É capital da provincia de Pavía e en 2001 contaba con 71.074 habitantes. A provincia de Pavía dedícase sobre todo á agricultura (viño, arroz e cereais). As industrias son escasas e están localizadas nos suburbios da cidade.

Foi capital do reino longobardo. Desde a Idade Media foi sede dunha das universidades máis antigas de Italia. A cidade estivo fortificada até 1842, cando os bastións se transformaron en rúas e xardíns públicos. Porén, grande parte dos muros ficou en pé até 1901, cando foron derrubados para construír a estrada de circunvalación.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar