A mazá[1] é o froito da maceira, máis particularmente, da maceira doméstica, árbore froiteira amplamente cultivada. O estudo do cultivo das mazás constitúe unha parte da pomoloxía (a pomoloxía engloba tódolos froitos con pebidas). A mazá é comestible e ten un sabor doce e ácido segundo as variedades.

Mazá.
Mazá

EtimoloxíaEditar

Mazá provén da redución da expresión latina (mala) mattiana, denominación dun tipo de mazá que, segundo se conta, foi tomada en memoria de Caius Matius, tratadista de agricultura[2].

HistoriaEditar

As mazás proveñen das montañas de Tian Shan, zona limítrofe entre a China, Casaquistán e Kirguizistán. Tradicionalmente dise que a súa orixe está na zona de Almaty. De feito, o nome desta cidade é a forma adxectivada do substativo "mazá" en casaco e é popularmente traducido como "pai das mazás".[3][4][5] Disque Alexandre o Grande encontrou mazás ananas en Casaquistán en 328 a.C.;[6] aquelas que levou de volta a Macedonia puideron ser as xeradoras das plantacións de mazás ananas. As mazás do inverno, collidas no final do outono almacenadas en temperaturas pouco superiores á conxelación, foron un alimento importante en Asia e en Europa durante milenios.[7]

As mazás foron levada a América do Norte polos colonos no século XVII,[6] e o primeiro pomar de mazás no norte do continente americano foi plantado en Boston polo Reverendo William Blaxton en 1625.[8] As únicas mazás nativas de América do Norte son as mazás silvestres, que foron chamadas "mazás comúns"[9] Variedades de mazás levadas de Europa como semente se espallaron ao longo das rutas comerciais dos nativos americanos, ademais de seren cultivadas en facendas coloniais. En 1845, un catálogo de viveiro de mazás nos Estados Unidos vendía 350 das "mellores" variedades, amosando a proliferación de novas variedades norteamericanas no inicio do século XIX.[9] No século XX, iniciáronse os proxectos de irrigación na parte leste do estado de Washington, permitindo o desenvolvemento dunha industria de froitas multimillonaria, onde a mazá era o produto líder.[6]

Ata o século XX, os agricultores almacenaban mazás en depósitos total ou parcialmente subterráneos durante o inverno para o seu propio uso ou para a venda. As melloras no transporte de mazás frescas por tren e por estradas dispensou a necesidade de almacenamento.[10][11] No século XXI, o almacenamento a longo prazo volveuse popular d enovo, cando as instalacións con "atmosfera controlada" pasaron a sern empregadas para manter as mazás frescas durante todo o ano. Tales instalacións usan alta humidade, baixo teor osíxeno e niveis de dióxido de carbono controlados para manter o frescor da froita.[12]

TiposEditar

Xeralmente, distínguense tres tipos de mazás comestibles: as mazás de sidra, as mazás de mesa ou mazás "de coitelo" e as mazás para cocer, que pertencen a un dos dous primeiros tipos pero soportan ben a cocción. Estes tres tipos proveñen da especie Malus pumila con máis de 20.000 variedades en todo o mundo.

Mazá silvestreEditar

A mazá silvestre (maceira brava: Malus sylvestris) é máis pequena cá cultivada e frutifica e madurece máis tarde, o seu sabor é lixeiramente máis acedo. Consumida en cantidade pode provocar indixestión polo que é máis habitual o seu consumo en forma de compota ou asada, consérvase durante meses nun lugar fresco e seco.

UsosEditar

Varias bebidas son elaboradas a base de mazás, en particular o zume de mazá que non ten fermentación, azucrado e sen alcol, e a sidra, producida a partir da fermentación dese zume.

VariedadesEditar

Estímase que existen entre 5000 e 20 000 variedades de mazás,[13] aínda que o número é máis reducido a nivel comercial. Continúa a desenvolverse novas variedades, xeralmente mutacións doutras anteriores.[14] As diferentes variedades distribúense preferentemente en zonas de climas temperados-fríos, pois a maceira é unha das árbores froiteiras que requiren unha maior cantidade de horas de frío (temperaturas inferiores a 7 °C) durante o descanso invernal. Aínda que de media requiren unhas 1200 horas de frío, existen variedades empregadas en zonas subtropicais que requiren tan só duascentas ou trescentas horas, como Anna.

Pódense almacenar varias meses e non perden a súa frescura. De feito, os produtores colleitan durante a tempada e logo almacénanas ata un ano en instalacións creadas especialmente para evitar o proceso de maduración excesivo. Con todo, consérvase mellor en frío que a temperatura ambiente.[15]

ComercioEditar

Arredor de 55 millóns de toneladas de mazás foron cultivadas no mundo en 2005, dando un valor aproximado de 10 billóns de dólares. Preto de dous quintos dese total foi producido na China. Preto do 7,5% foi producido nos Estados Unidos.

Nos Estados Unidos, máis do 60% de todas as mazás vendidas comercialmente son cultivadas no estado de Washington. As mazás importadas de Nova Zelandia e outras áreas máis témperas están competindo coa produción dos Estados Unidos e aumentándoa cada ano.

A maior parte da produción de Australia é para o consumo interno. As importacións provenientes de Nova Zelandia non son aceptadas, por mor dunha lei que entrou en vigor en 1921.

Os maiores exportadores de mazás en 2006 foron: a República Popular da China, Chile, Italia, Francia e os Estados Unidas, mentres que os maiores importadores no mesmo ano foron Rusia, Alemaña, o Reino Unido e Holanda.

Produción en toneladas
Ano 2018
Fonte: FAOSTAT (FAO)

Clasificación País Produción (ton) Porcentaxe Área plantada (ha) Produtividade (ton/ha)
  China 39.233.400 45,54% 2.071.480 18,9
  Estados Unidos 4.652.500 5,40% 117.844 39,5
  Polonia 3.999.523 4,64% 161.790 24,7
  Turquía 3.625.960 4,21% 174.690 20,8
  Irán 2.519.249 2,92% 140.287 18,0
  Italia 2.414.921 2,80% 55.063 43,9
  India 2.327.000 2,70% 301.000 7,7
  Rusia 1.859.400 2,16% 207.283 9,0
  Francia 1.737.412 2,02% 50.663 34,3
10º   Chile 1.727.277 2,01% 34.427 50,2
11º   Ucraína 1.462.360 1,70% 91.800 15,9
12º   Alemaña 1.198.517 1,39% 33.978 35,3
13º   Brasil 1.195.007 1,39% 33.029 36,2
14º   Uzbekistán 1.130.335 1,31% 98.117 11,5
15º   Suráfrica 829.636 0,96% 20.963 39,6
Total Mundial 86.142.200 100% 4.904.304 17,6

A mazá na cultura popular galegaEditar

Moza bonita no mundo
non había de nacer,
porque fai como a mazá:
tódolas queren comer.

Aspectos culturaisEditar

 
"Brita como Iduna" (1901) por Carl Larsson

Paganismo xermánicoEditar

Na mitoloxía nórdica, a deusa Iduna é retratada no Prosa Edda (escrito no século XIII por Snorri Sturluson) como a fornecedora de mazás para os deuses que lles dan a xuventude eterna. A académica inglesa Hilda Ellis Davidson dixo que na mitoloxía nórdica se desenvolvían prácticas relixiosas con mazás. Resalta que se atoparon baldes de mazás no navío Oseberg en Noruega, e que se atoparon froitas e noces (Iduna foi descrita como sendo transformada nunha porca no Skáldskaparmál) nos túmulos dos primeiros pobos xermánicos en Inglaterra e outras partes de Europa, que puido ter un significado simbólico, e que as noces son aínda un símbolo de fertilidade no suroeste da Inglaterra.[16]

Davidson observou unha ligazón entre as mazás e os Vanir, unha tribo de deuses asociados coa fertilidade na mitoloxía nórdica, citando un exemplo de once "mazás douradas" dadas para cortexa a bela Gerðr por Skirnir, que era mensaxeiro dos principais deuses. Davidson tamén observa unha conexión máis entre a fertilidade e as mazás na mitoloxía nórdica no capítulo 2 da saga Völsunga cando a deusa principal Frigg envía ao Rei Rerir unha mazá, o mensaxeiro de Frigg (coa forma dun corvo) deixa caer a mazá no seu colo mentres el fica no cumio dun monte.[17] O consumo das mazás resulta na gravidez da muller de Rerir, nacendo mais tarde o heroe Volsungo.[18]

Alén diso, Davidson sinala a "estraña" expresión "Mazás de Hel" usada nun poema do século XI de Thorbiorn Brúnarson. Afirma que este puido pensar que a mazá era o alimento dos mortos. Ademais, Davidson observa que a deusa xermánica Nealênia ás veces é representada con mazás. Davidson afirma que, mentres que o cultivo da mazáeno norte da Europa se estende ata polo menos no tempo do Imperio Romano e chegou a Europa a partir de Oriente, as variedades nativas da mazá son pequenas e amargas. Davidson conclúe que na figura de Iduna "debemos ter un pálido reflexo dun vello símbolo: o da deusa gardiá do froito doador da vida do outro mundo".[16]

Mitoloxía gregaEditar

Na mitoloxía grega, as mazás aparecen en moitas tradicións relixioas, moitas veces como un místico ou un froito prohibido. Un dos problemas para identificar as mazás na relixión, na mitoloxía e nas lendas populares é que a palabra "mazá" se empregaba como un termo xenérico para todos os froitos (estranxeiros).[19] Por exemplo, na mitoloxía grega, o heroe grego Heracles, como parte dos seus doce traballos, foi obrigado a viaxar ao Xardín das Hespérides e roubar as mazás de ouro da Árbore da Vida.[20][21][22] A mazá foi considerada na Grecia antiga o símbolo do amor.[23]

A mazá da discordia desata un problema entre as deusas Hera, Afrodita e Atenea.

O froito prohibido no Xardín do EdénEditar

Aínda que no libro da Xénese non se especifica cal era o froito prohibido do Xardín do Edén, a tradición popular considerou que foi unha mazá a que Eva persuadiu a Adán para compartir.[24] En latín, as palabras "mazá" (malum) e "mal" (malum) son semellantes, o que puido influír para que se convertese no "froito prohibido". A larinxe na gorxa humana chamouse "mazá de Adán".[24]

O fruto de Isaac NewtonEditar

Isaac Newton comentou ao seu biógrafo William Stukeley, que usou a caída dunha mazá na súa horta como inspiración para formular a lei da gravitación universal.[25]

OutrosEditar

  • En contos tradicionais, como o de Brancaneves a mazá ten un papel fundamental.
  • Empregouse como logotipo polo grupo de rock The Beatles para a súa compañía discográfica.
  • O logotipo da empresa de informática Apple Inc. é unha mazá mordida e os seus computadores chámanse Macintosh (McIntosh é unha variedade de mazá).

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mazá.
  2. "Mazá". Portal das Palabras. Consultado o 30 de agosto de 2016. 
  3. BUGA: orixes e variedades de mazás (en alemán).
  4. Apfel... Links & Informationen für Obstbauern (en alemán).
  5. Der Apfel. Schoenheit und Kosmetik (en alemán).
  6. 6,0 6,1 6,2 "Origin, History of cultivation". Universidade de Georgia. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2008. Consultado o 22 de xaneiro de 2008. 
  7. "An apple a day keeps the doctor away". vegparadise.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2008. Consultado o 27 de xaneiro de 2008. 
  8. Smith, Archibald William (1997). A Gardener's Handbook of Plant Names: Their Meanings and Origins. Dover Publications. p. 39. ISBN 0-486-29715-2. 
  9. 9,0 9,1 Lawrence, James (1980). The Harrowsmith Reader, Volume II. Camden House Publishing Ltd. p. 122. ISBN 0-920656-10-2. 
  10. Van Valen, James M. (2010). History of Bergen county, New Jersey. Nabu Press. p. 744. ISBN 1-177-72589-4. 
  11. Brox, Jane (2000). Five Thousand Days Like This One: An American Family History. Beacon Press. ISBN 978-0-8070-2107-1. 
  12. "Controlled Atmosphere Storage". Washington Apple Commission. Consultado o 3 de abril de 2012. 
  13. Pijpers, D.; Constant, J. G.; Jansen, K. The Complete Book of Fruit. Multimedia Publications (UK) Ltd., Londres, 1986.
  14. "Nuevas variedades de Manzanos en Pomáceas, Boletín Técnico, 13, 3, Centro de Pomáceas de la Universidad de Talca, 2013" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 04 de agosto de 2017. 
  15. Jackson, J. E. (2003). The Biology of Apples and Pears. Nova York: Cambridge University Press. p. 37. ISBN 978-0-521-38018-8. 
  16. 16,0 16,1 Ellis Davidson, H. R. (1965) Gods And Myths Of Northern Europe, page 165 to 166. ISBN 0140136274
  17. Ellis Davidson, H. R. (1965) Gods And Myths Of Northern Europe, page 165 to 166. Penguin Books ISBN 0140136274
  18. Ellis Davidson, H. R. (1998) Roles of the Northern Goddess, page 146 to 147. Routledge ISBN 0415136105
  19. Sauer, Jonathan D. (1993). Historical Geography of Crop Plants: A Select Roster. CRC Press. p. 109. ISBN 0849389011. 
  20. Wasson, R. Gordon (1968). Soma: Divine Mushroom of Immortality. Harcourt Brace Jovanovich. p. 128. ISBN 0-15-683800-1. 
  21. Ruck, Carl; Staples, Blaise Daniel; Heinrich, Clark (2001). The Apples of Apollo, Pagan and Christian Mysteries of the Eucharist. Durham: Carolina Academic Press. pp. 64–70. ISBN 0-89089-924-X. 
  22. Heinrich, Clark (2002). Magic Mushrooms in Religion and Alchemy. Rochester: Park Street Press. pp. 64–70. ISBN 0-89281-997-9. 
  23. Edmonds, J. M., trans.; rev. John M. Cooper. "Epigrams". Plato: Complete Works. Ed. John M. Cooper. Indianapolis: Hackett, 1997. p 1744, note to VII. Print.
  24. 24,0 24,1 Macrone, Michael; Lulevitch, Tom (1998). Brush up your Bible!. Random House Value. ISBN 0517201895. OCLC 38270894. 
  25. "Véase, en las Memorias de Newton, la pág. 42.". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 04 de agosto de 2017. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar