Pomoloxía ou fruticultura (do latín pomum (froito) + -logia) é a rama da botánica que se especializa no estudo, a descrición, identificación e clasificación das froitas.

Plantación de kiwis (Actinidia deliciosa).

A investigación da pomoloxía céntrase principalmente no desenvolvemento das técnicas de cultivo e mais dos estudos fisiolóxicos nas árbores froiteiras. Os seus obxectivos son a mellora da árbore froiteira, incluíndo o incremento da calidade da froita, o regulamento dos períodos de produción, e a redución do seu custo.

A verba "Pomoloxía", moi empregada en linguas coma o inglés e mais francés, é menos empregada no galego. No canto, é máis frecuente o termo fruticultura, entendéndose por tal a ciencia que estuda o cultivo de especies lígneas e semilígneas produtoras de froitas, aplicando tecnoloxías baseadas en principios biolóxicos e fisiolóxicos, para obter un rendemento económico da actividade. A Fruticultura acolle ademais o estudo da mellora xenética das froiteiras e mais as técnicas para axeitar e mellorar a produción.

Os primeiros libros sobre pomoloxía apareceron arredor do século XVIII. Estaban ricamente ilustrados e procedían principalmente de Alemaña e Francia.

Os primeiros pomólogos, Jean-Baptiste de La Quintinie (1624-1688), Johann Hermann Knoop (c.1700-1769) ou Henri Louis Duhamel du Monceau (1700-1782) non se dedicaron exclusivamente a describir as diferentes variedades de froitas, senón que, eles mesmos, traballaban na recuperación e conservación do patrimonio existente de vellas variedades históricas, ademais da mellora e a creación de variedades novas.

Pomólogos célebres

editar

Véxase tamén

editar