Benvido(a) á Galipedia, Mvence!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de agosto de 2014 ás 13:12 (UTC)Responder

Graciñas! Marcos Vence Ruibal (conversa) 4 de agosto de 2014 ás 21:39 (UTC)Responder

A ti. Só un detalliño da comunicación con outros usuarios: cando queiras deixarlle unha mensaxe a outro usuario tes que escribirlle na súa páxina de conversa para que lle saia o aviso de mensaxes novas. É un funcionamento estraño pero a wiki é así, seguro que cun par de probas xa te afás :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de agosto de 2014 ás 23:32 (UTC)Responder
Engadinte no Modelo:Mapa de galipedistas, se non queres aparecer aí avísame e desfago a edición. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de agosto de 2014 ás 23:53 (UTC)Responder

Aviso de wikimaratón en Vigo

editar

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC)Responder

Galencontro en Pontevedra

editar

Boas, estamos organizando un galencontro en Pontevedra para o día 27 deste mes, por se che interesa tes máis información en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Galencontro_en_Pontevedra. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2015 ás 13:23 (UTC)Responder

WikiEncontro Porto, Portugal

editar

Bos días excelentísimo usuario Mvence. No día 7/14 de agosto de 2016 na cidade do Porto (Portugal) vai haber unha reunión de Wikipedistas e queriache convidar e saber se gústariache participar; se coñeces outros colaboradores da Galipedia tamén son benvid@s! Se estiveres interesado dín na miña conversa na Wikipedia en Portugués. Se estiveres interesado manifesta a túa opinión aqui. Grazas pola súa atención, Defensor da Língua   (Fala!) 26 de xullo de 2016 ás 08:53 (UTC)Responder

Placa altimétrica do concello

editar

Boas Mvence, como ti estás en Vilagarcía quería comentarche que estou facendo unha Galería_de_imaxes_de_placas_altimétricas_dos_concellos_da_provincia_de_Pontevedra e casualmente falta a dese concello. Se che apetece e tes a oportunidade, a ver se podes facerlle unha fotiño para engadir aí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de maio de 2017 ás 11:49 (UTC)Responder

Referencia eliminada en Narf

editar

Ola Mvence. Respóndoche por aquí ó teu correo. Como indiquei no resumo de edición eliminei o video que engadiches como referencia nese artigo por redundante. Xa hai unha referencia para o que se indica nesa afirmación, e a referencia existente é máis explicativa e validadora da información que o video que engadiches, o cal só contén unha actuación musical que de por sí soa, sen contexto adicional, non é suficiente para referenciar o incluído nesa parte do artigo. Banjo tell me 30 de agosto de 2018 ás 22:14 (UTC)Responder

João Afonso

editar

Ola, MVence!

Utilicei mal o Modelo:YouTube, porque non liguei ben a canle do João Afonso. Creo que xa quedou amañado.

Noutra orde de cousas, sería interesante se en vez de subir as imaxes á Galipedia as subises a Commons, posto que así poderían ser usadas tamén en Wikidata e noutras Wikipedias.

Unha aperta! --Estevo(aei)fálame aquí 26 de xullo de 2020 ás 22:28 (UTC)Responder

Ola! A imaxe que incluíches neste artigo, procedente de Flickr non tiña unha licenza compatible, xa que non permitía os reusos comerciais. Por esta razón foi retirada. Sempre podes, se tes a oportunidade, facer unha foto ti e liberala cunha licenza compatible en Commons. Déixoche esta información sobre as licenzas das imaxes.--Maria zaos (conversa) 23 de febreiro de 2021 ás 18:21 (UTC)Responder

We sent you an e-mail

editar

Hello Mvence,

Really sorry for the inconvenience. This is a gentle note to request that you check your email. We sent you a message titled "The Community Insights survey is coming!". If you have questions, email surveys@wikimedia.org.

You can see my explanation here.

MediaWiki message delivery (conversa) 25 de setembro de 2020 ás 18:50 (UTC)Responder