A Viñeta de Schrödinger

A Viñeta de Schrödinger é unha revista de banda deseñada en galego promovida en 2018 pola Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega[1] e dirixida por Kiko da Silva.[2] O primeiro número conta con historias autoconclusivas de Miguelanxo Prado, Aldara, Kohell, Miguel Porto, Zaida Novoa, Joan Casaramona, Fonso Barreiro, Miriam Iglesias, Pablo Prado, Fran Bueno, Miguel Rojo, Víctor Rivas, Antonio M Fraga, Fernando Llor e Kiko da Silva.

O nome de Schrödinger puxéronllo porque “A BD galega, a lingua e a cultura galega é como o gato de Schrödinger, está aí, estamos seguros de que está, que ten que estar, mais algúns cren que está morta, mentres nós cremos que está máis viva ca nunca. Pasa o mesmo coas revistas, que semellan esquecidas nun momento onde proliferan as novelas gráficas”.[2]

Notas editar

  1. "A viñeta de Schrödinger". AS-PG. 4 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "A Viñeta de Schrödinger, a nova revista de banda deseñada en galego". Nós Televisión. 23 de maio de 2018. Consultado o 24 de maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar