Manuela Barreiro

farmacéutica galega

Manuela Antonia Barreiro Pico, nada en Viveiro o 5 de xullo de 1877 e finada en Madrid o 29 de xaneiro de 1953[1], foi unha farmacéutica galega, a primeira muller licenciada na Universidade de Santiago de Compostela e na súa Facultade de Farmacia no ano 1900.[1][2]

Infotaula de personaManuela Barreiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1877 Editar o valor em Wikidata
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xaneiro de 1953 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Placa na casa onde tivo farmacia Manuela Barreiro en Ribadeo
Placa na casa onde tivo farmacia Manuela Barreiro en Ribadeo

Traxectoria editar

Era filla de Facundo Manuel Barreiro Arias, natural de Lugo, mestre en Viveiro, e de María del Carmen Inés Pico Álvarez, natural de Vilanova de Lourenzá (Lugo), ama de casa.[1] Tivo tres irmáns: Justo, Inés e Emilia. O seu avó foi Justo Pico de Coaña, mestre en Viveiro e importante pedagogo galego do século XIX.

Ó pouco de nacer foi vivir coa súa familia a Ribadeo onde fixo a primaria.[3] En 1896 converteuse na primeira muller en acadar o bacharel en Galicia[3] e en estar matriculada na Universidade de Santiago, así como en ser licenciada en Farmacia pola USC (1900; título datado en 1901).[3] Debido ás limitacións impostas ás mulleres na época, tivo que solicitar permiso (que finalmente lle foi concedido) para matricularse e para exercer a súa profesión. No escrito dirixido ao ministro de Instrución Pública e Belas Artes, indicaba que os estudos realizados debían habilitala “para o exercicio dunha profesión que sempre creu propia do seu sexo e na que pretende atopar ocupación útil para si e para a sociedade”.[4] Aínda así, a idea dunha muller adicándose a calquera disciplina científica tiña moitas reticencias:

"Nunca quixemos intervir no debate xeral sobre se as mulleres deberían ou non dedicarse preferentemente ás tarefas domésticas, deixando aos homes o arduo e sempre mal recompensado traballo de estudar ciencias naturais, pero dado que a ocasión se presenta por mor da autorización da Dirección Xeral de Instrución Pública á señorita Manuela Barreiro para asistir á Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago, non podemos deixar de constatar o noso xuízo sobre un punto de tal interese."[5]

“Perden o tempo, os cartos e algo máis, que sempre constituíu a mellor auréola das damas, as familias que teñen o mal gusto de destinar ás súas fillas ao manexo do bisturí e os traballos de laboratorio. A figura da muller ten outro cadro e debe respirar outro ambiente".[6]

Logo de licenciarse, en 1903 abriu a súa farmacia en Ribadeo[7] na rúa de San Roque (actual rúa Rodríguez Murias), que permaneceu aberta até 1931[8] (ano en que se xubilou), en que a traspasou a Claudio Pérez Prieto.[1]

Unha rúa de Ribadeo leva o seu nome.[6][9][10]

En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[11]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Fernández García, María Isabel (2017): Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada. 1ª Licenciada en Farmacia de Galicia (1900). Deputación de Lugo.
  2. Claramunt Valles, Rosa Mª e Teresa (2012). Mujeres en ciencia y tecnología. UNED. Tema 3. 
  3. 3,0 3,1 3,2 AAVV (novembro 2018). "Con tódolos permisos. A primeira universitaria galega: Manuela A. Barreiro Pico" (PDF). Libro Guía XXXI congreso Enciga (ENCIGA) (86): 107. ISSN 0214-7807. 
  4. "Mulleres que abriron camiño nas aulas e laboratorios da USC". Arquivado dende o orixinal o 27/03/2019. Consultado o 18/06/2017. 
  5. Farmacia, Biblioteca de la Real Academia Nacional de (2016). "Biblioteca Virtual de la Real Academia Nacional de Farmacia". bibliotecavirtual.ranf.com (en castelán). Consultado o 2018-02-20. 
  6. 6,0 6,1 "“Perde o tempo quen ten o mal gusto de enviar á súa filla ao laboratorio”". Igaciencia. Consultado o 6 marzo 2018. 
  7. Las primeras universitarias en España, 1872-1910. p. 204. 
  8. "Un grupo de ribadenses homenaxea o luns á ribadense Manuela Barreiro Pico, primeira muller farmacéutica de Galicia". La Comarca del Eo. 17/06/2017. p. 1. 
  9. "Actos do dia internacional da muller". Consultado o 18/06/2017. 
  10. "Rúas con nome feminino". Arquivado dende o orixinal o 01/12/2021. Consultado o 18/6/2017. 
  11. García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar