Benvido(a) á Galipedia, Ogaiago!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app kedit green-pencil.svg Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal ksmiletris.svg Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 23 de maio de 2018 ás 18:54 (UTC)

Traducións automáticasEditar

Ola Ogaiago. Hai cousas que aos tradutores automáticos fan especialmente mal, por exemplo traducir e adaptar correctamente os modelos {{cita libro}}, {{cita novas}}, {{cita publicación periódica}}, {{cita web}} etcétera. Eses son os modelos que inclúen, moitas veces, as referencias do artigo, que, como probablemente xa saberás, son algo moi importante en Wikipedia (WP:V, WP:NFP, WP:CITE, WP:FF ...). Por iso e por outros motivos máis obvios, as traducións automáticas deben ser revisadas e completadas (exemplo). ¿Poderías ti proseguir a revisión da última páxina que iniciaches, achegando os contidos que quedaron atrás no proceso automático?.

Graciñas, un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 31 de xaneiro de 2019 ás 20:42 (UTC)

Ola Ogaiago.
Efectivamente, contactaches ben comigo na miña páxina de usuario (sobre iso tes máis información en: Axuda:Como contactar con outros usuarios).
Coa miña mensaxe anterior referíame a revisar a tradución en xeral e en concreto no tocante ás referencias. Algo así
Non te preocupes por non saber (aínda) facer algunhas cousas. Ninguén nace aprendido. Xa lle irás collendo o xeito.
Tes axuda para editores noveis na guía de edición.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 15 de febreiro de 2019 ás 18:19 (UTC)

Reversión moiEditar

Ola, Ogaiago. Revertín a túa edición, por dous motivos: 1) non hai que subestimar a capacidade lectora dos usuarios da Wikipedia. 2) O engadido do cuantitativo, aínda que levemente, modifica o sentido da frase. Noutra orde de cousas, aproveito para che dar a benvida e agradecerche o traballo. Un saúdo cordial.--Atobar (conversa comigo) 22 de febreiro de 2019 ás 16:33 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra WikipediaEditar

Ola Ogaiago.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --. HombreDHojalata.conversa 2 de maio de 2019 ás 20:00 (UTC)

Hugin e MuginEditar

Boas, contactaches correctamente comigo. Acabo de traducir o final do artigo que aínda estaba en portugués, non sei se é iso ao que te refires, revisa a ver. Sobre o fragmento en inglés non sei cal pode ser. En todo caso se non queres perder o que fixeches o que podes facer é copialo, pechar a pestaña e pegalo onde corresponda. Vou quitarlle xa o marcador ao artigo, así que mételle man sen medo e avísame cando acabes para darlle unha revisión xeral, xa que a niña intención era propoñelo a votación para artigo bo. Moitas grazas, Piquito (conversa) 21 de agosto de 2019 ás 00:04 (UTC)

Acabo de ver a sección que dis en inglés, xa que pasaches o traballo de traducila pona ti sen problema. Graciñas! Piquito (conversa) 21 de agosto de 2019 ás 00:06 (UTC)

Ronda do Real Club Deportivo de La CoruñaEditar

Boas Ogaiago, puxen de novo o termo "ronda" no artigo de Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña xa que esa forma tamén é aceptada pola RAG, aínda que sexa menos recomendable, e segundo o Wikipedia:Libro_de_estilo deben manterse as escollas do primeiro editor para evitar posibles guerras de edición. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de outubro de 2019 ás 17:13 (UTC)

Boas Ogaiago, primeiro, podes comentar e argumentar todo o que consideres necesario, independentemente da antigüidade das normas e dos usuarios, non teñas dúbida ningunha, para iso esta é a enciclopedia libre.
Como comentas, o libro de estilo fala das formas preferentes que se indican nas "Normas", pero non se di nada das formas preferentes que se indican no DRAG, polo que se pode entender que non se obriga ó seu uso nos artigos.
Este tema foi comentado na taberna hai tempo, en base ó termo aportar, podes consultalo en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)/Arquivo_31#Aportar, pero non se acadou unha conversa ampla nin se chegou a facer ningunha modificación das políticas. A miña opinión é que se é un termo aceptado pola RAG, debemos deixalo, non é incorrecto, que sexa menos recomendable non é excusa para eliminalo dos artigos, e creo que iso está dentro da idea que se indica no libro de estilo. Se non estás de acordo podemos tratalo na taberna, ou na páxina de conversa do artigo ou no sitio que consideres axeitado.
Se consideras que debe modificarse o libro de estilo para que se indique que non se poden usar os termos menos recomendables, o que habería que facer sería propoñelo na taberna, debatelo e, de ser o caso, facer unha votación para que se modifique.
Sobre a cuestión de avisar ó creador do artigo para que revise a súa escolla, non é o habitual, creo que non vin ningunha edición nese sentido en tódolos anos que levo na Galipedia (se vin algunha xa me esquecín por ser unha cousa rara ou pola miña mala memoria), e tampouco a vexo unha obriga pola miña parte xa que estou a seguir a política de manter a escolla do primeiro editor como se indica no Libro de estilo.
Entendo a túa postura de querer mellorar o artigo, pero non a comparto de todo nese punto, eu intentei aplicar a norma, pero tamén che digo que esa norma pode ser debatida e mellorada se a comunidade concorda en cambiala.
Tampouco quería dar a entender que foses a comezar unha guerra de edición nin nada polo estilo, só che achegaba a explicación que se indica no libro de estilo para ter esa norma. Espero que non te molestara xa que non era para nada a miña intención.
Se precisas axuda con algo ou tes calquera dúbida, podes contar comigo para axudarche no que poida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de outubro de 2019 ás 14:01 (UTC)
Boas, tes razón en que hai outros dicionarios de galego dispoñibles, o que pasa é que o DRAG é o da máxima autoridade, e ó estar en liña fai que as súas escollas se difundan máis rapidamente, tanto para ben como para mal. Se un termo non está no DRAG entón si podemos usar outras fontes, pero estando nese dicionario, pouco máis se pode argumentar, penso eu...
A taberna é o espazo común de comunicación dos usuarios, nesas páxinas os usuarios poden comentar cousas xerais e particulares do funcionamento da Galipedia, está aberta a todos e cada un participa nas conversas que lle interesan. A taberna está dividida en varias áreas, Wikipedia:A_Taberna_(novas), Wikipedia:A Taberna (políticas), Wikipedia:A Taberna (técnica), Wikipedia:A Taberna (propostas), Wikipedia:A Taberna (axuda), Wikipedia:A Taberna (imaxes) e Wikipedia:A Taberna (xeral) para agrupar as mensaxes de cada temática. Eu teño vixiadas esas páxinas e cando reviso a miña lista de vixilancia, e cando atopo cambios nelas adoito a revisalas para saber o que se está a tratar e participar se o considero axeitado, que é case sempre :)
Para a transliteración de nomes temos a política Wikipedia:Transliteracións onde poderás atopar máis información sobre este tema.
Sobre avisos cando se modifican os artigos: non hai un sistema automático que avise ós usuarios cando foron modificados os artigos que crearon, o que si usamos é a lista de vixilancia de cada usuario (Axuda:Lista de vixilancia), unha lista que amosa os cambios nos artigos que cada usuario ten en vixilancia e que cada un revisa cando o considera oportuno.
Espero que isto che aclarara algunhas dúbidas, se precisas máis detalles, pregunta o que queiras :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 08:32 (UTC)
Boas, o da sanguía é moi sinxelo, hai que comezar os parágrafos con dous puntos, ":", para cada nivel de identado que queiras poñer, eu neste comentario puxen ":::". Se editas esta sección da túa conversa xa os podes ver.
Agora hai dúas formas de manter unha conversa, a antiga e a vella.
A antiga baséase en que cada usuario ten que poñer os seus comentarios na conversa da persoa coa que quere falar, e isto faise así non para volver tolos ós usuarios :), é que dese xeito cada vez que lle deixas unha mensaxe a un compañeiro, cando se conecta, aparécelle un aviso na parte superior da páxina avisándolle. Se ti pos un comentario na túa conversa respondendo ó que che di outro usuario, o software non sabe que ten que avisar á outra persoa e pode ser que non se decate da túa resposta.
A forma nova foi unha mellora que se engadiu hai un par de anos na wiki e que aínda non usa moito na Galipedia. A conversa queda toda nunha na páxina de conversa do usuario que recibe a primeira mensaxe. Isto faise grazas ó modelo:ping, cada vez que o usuario propietario da páxina de conversa quere responder ó que lle preguntou ten que comezar as súas frases con {{ping|nome de usuario ó que avisar}}, así o software xa sabe que debe deixarlle un aviso a ese usuario de que ten mensaxes novas.
A maiores, se non queres usar o modelo ping, con tal de que poñas o nome do usuario coa súa ligazón (sería poñer isto: [[usuario:Nome de usuario|]]), xa lle chega un aviso do estilo: "O usuario X mencionouno en TAL sitio" e cunha ligazón a esa conversa. Eu fíxenche unha especie de "ping" o outro día para avisarche de que xa respondera á túa pregunta sobre a imaxe, supoño que che chegaría un aviso, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de novembro de 2019 ás 05:59 (UTC)

Poboación e referenciasEditar

Ola Ogaiago. Vexo que estás a facer un gran traballo actualizando os datos de poboación do ano 2019 nas fichas, parabéns!. Para cumprir coa verificabilidade conviría achegar a fonte da que se toman estes datos. Imaxino que é sempre a mesma, polo que che propoño o seguinte: indícasme a fonte e se é posible o criterio que estar a seguir para levar o fío desas edicións (igual por zonas, por orde alfabética, non sei) e eu comprométome a achegar esa referencia ós datos que achegaches co Usuario:Zaosbot en canto teña un pouco de tempo. Que che parece? xa me comentas. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 20 de maio de 2020 ás 22:05 (UTC)

Ola María. Os datos actualizados están tirados da páxina do INE, concretamente ‘Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional’. Aí elíxese comunidade, provincia e concello e dá a poboación de tódolos núcleos de poboación desglosados por parroquias. Neste caso, deume por actualizar os concellos da zona da Terra de Montes e arredores porque xusto estábao consultando. De cando en vez actualizo datos do censo nalgunhas páxinas polas que paso se vexo que están moi desfasados, pero neste momento non teño mentes de seguir por ningún lugar en concreto.Ogaiago (conversa) 21 de maio de 2020 ás 05:41 (UTC)
Moi ben. O problema que vexo é que necesitaría saber en que páxinas os datos de poboación non proveñen do INE senón do censo, se é que entendín ben. Non podo achegar unha referencia que non foi a que se usou realmente. Unha vez que saiba iso póñome a organizar co bot como facelo. Graciñas.--Maria zaos (conversa) 21 de maio de 2020 ás 07:31 (UTC)
Tódolos datos que estou metendo nas fichas das parroquias son da mesma fonte: o Padrón Continuo do INE. Dixen censo antes pero referíame ao padrón. Déixoche a ligazón: https://www.ine.es/nomen2/index.doOgaiago (conversa) 21 de maio de 2020 ás 08:12 (UTC)
Graciñas. Déixoche unha ligazón a como comunicarse con outras persoas na Galipedia. Se decides contestar fóra da páxina de conversa da persoa coa que te queres comunicar, que é o sistema máis habitual, é recomendable que uses o ping porque se non non lle chegará notificación de que te quixeches comunicar con ela.   que foi o que me pasou a min. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 21 de maio de 2020 ás 17:01 (UTC)
Usuario:Maria zaos Moitas grazas. Cústame bastante entender isto das comunicacións na wikipedia. Esta mensaxe é de proba. Contéstame, por favor, se che chega un aviso para saber se o fixen correctamenteOgaiago (conversa) 21 de maio de 2020 ás 20:53 (UTC)

Si, chegoume o aviso porque me puxeches unha mención (Usuaria:Maria zaos). En teoría deberías ter tamén ti unha indicando que esa mención foi enviada. Este sistema vale para calquera sitio (páxinas de conversa de artigos, A Taberna etc.). E se un día non vai bueno, quédache o de visitar a paxina de conversa da persoa coa que queres comunicarte e escribir aló, que nunca falla, pero é un pouco menos práctico. Non te preocupes, pasounos a todos, o sistema e un pouco raro, he. Maria zaos (conversa) 21 de maio de 2020 ás 21:42 (UTC)

Ola Maria zaos. E xa que estás non poderías empregar o bot directamente pra actualizar tódalas parroquias? Os datos de poboación do ano 2019 para as parroquias áchanse en formato XLS no IGE: [1]. Mudando o ano na ligazón tamén se pode acceder ós anos anteriores até 1999. One2 (conversa) 22 de maio de 2020 ás 19:21 (UTC)
Se considerase que o podería facer xa llo tería dito a Ogaiago para aforrarlle o tempo  . Non é o mesmo un mesmo texto (referencia) que é sempre o mesmo que varios datos diferentes. Probade a preguntalo na Taberna, a ver se outra persoa pode solucionarvos o tema, eu limítome, polo momento ao que podo facer. De feito xa o fixera coas alcaldías de Ourense, Lugo e Pontevedra nas últimas eleccións e logo desa experiencia penso que haberá no futuro mellores e máis rápidas formas de facelo que con este bot. Persoalmente penso que as informacións que se actualizan nas infoboxes de modo local deben estar referenciadas, por ser a verificabilidade un aspecto importante, de aí a miña proposta. Un saúdo One2.--Maria zaos (conversa) 22 de maio de 2020 ás 19:32 (UTC)
Ah, vale, vale. Maria zaos, non entendín ben o que querías facer e imaxinaba algo máis complexo :-) One2 (conversa) 23 de maio de 2020 ás 14:43 (UTC)

Editar

Ola, Ogaiago! (Iago en palíndromo?)

Engadín no artigo de Luis Quintas Goyanes o modelo {{ORDENAR:Quintas Goyanes, Luis}} para que apareza ordenado nas categorías segundo o primeiro apelido. Ademais, retirei a Categoría:Pintores de Galicia, xa que engadiches con moi bo criterio Categoría:Pintores de Galicia do século XX, polo que a segunda resulta redundante ao estaren as categorías organizadas de forma xerárquica. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de xullo de 2020 ás 12:30 (UTC)

Reserva da biosfera Río Eo, Ozcos e Terras de BurónEditar

Boas Ogaiago, fixen un comentario sobre o movemento do artigo Reserva da biosfera Río Eo, Ozcos e Terras de Burón na páxina de conversa, non sei se o viches. Cando teñas un momento, podes botarlle unha ollada e comentar o que che parece? Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de setembro de 2020 ás 08:59 (UTC)

Ola, Ogaiago! Como vai?

Cando puxera que a estación da Alberguería-Prado está na parroquia do Castro de Laza, fora porque mirara no visor de cartografía da Xunta de Galicia. Alí o límite entre parroquias (e por tanto, entre concellos) aparece indicado máis ao norte, entre os montes do Rebordallo e A Portela, xusto por onde vai pasar a nova liña de alta de velocidade a través dun viaduto e dous túneles. Non obstante, despois das túas edicións acabo de mirar a cartografía 1/25.000 do IGN e efectivamente a estación aparece xusto no límite administrativo. Quedo coa intriga. Graciñas polas correccións! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de setembro de 2020 ás 16:19 (UTC)

Apeadeiro de OrosaEditar

Boas, desfixen a túa edición no Apeadeiro de Orosa xa que segundo o PXOM os dous Apeadeiros están xuntos. Si é certo que en Galicia Nomeada o Apeadeiro de Orosa apunta cara á primeira casa antes de chegar a Orosa como indicabas ti; porén, o catastro virtual coincide co PXOM, pois as casas próximas ao apeadoiro aparecen como LG Apeadeiro Orosa. Faría falta unha fonte que confirme a túa información. One2 (conversa) 22 de setembro de 2020 ás 21:03 (UTC)

Vamos por partes.

  • O catastro [2] si distingue entre os dous lugares, fancendo clic nas diferentes parcelas do lugar do Apeadeiro, unhas están marcadas como LG APEADERO (as de norte e centro) e outras como LG APEADEIRO OROSA (as do sur).
  • Dis que Orosa, Vilarraso, Aranga, non está sequera nas proximidades da vía do tren, mais precisamente entre o lugar en si e o apeadoiro de Aranga (ao oeste deste) están os montes de Orosa. Pódelo comprobar no propio catastro onde as parcelas aparecen como Monte Orosa. Ademais de existir unha cantiga (incluída en Vilarraso) que di: Monte Salgueiro no alto, / A Castellana tamén; / chegando ao monte de Orosa / xa se ve pasar o tren.
  • A versión anterior si está referenciada polo PXOM (o mapa posto na sección da bibliografía [3]), a diferenza da túa información (recibe o nome por ser o lugar no que se apean os pasaxeiros que viaxan a Orosa nos autobuses de liña que percorren a N-VI) que entendo que é unha suposición túa.
  • Obvias sistematicamente o devandito PXOM, que ao meu entender é a fonte máis precisa, elaborado cun importante traballo de campo. No mapa parroquial do concello [4] os límites da parroquia de Vilarraso chegan ata o apeadoiro de Aranga, divindindo o lugar do Apeadeiro en dous. Deste xeito, no correspondente mapa xa mencionado do lugar [5] aparecen tanto O Apeadeiro como O Apeadeiro de Orosa. Ademais de dicirse explicitamente na memoria que o apeadoiro de Aranga está na parroquia de Vilarraso[1] (referencia que eliminaches no artigo do apeadoiro, por certo).
  • Tal e como o vexo eu o problema está en que a Información Xeográfica de Galicia non leva os límites da parroquia de Vilarraso ata o apeadoiro e despois líase ao tentar situar o lugar do Apeadeiro de Orosa, pois obviamente non o pode situar fóra da parroquia, onda o apeadoiro, e ten que "buscar" outra localización. Mais cómpre lembrar que os límites do mapa parroquial de Galicia non son exactos, límites que un Plan Xeral de Ordenación Municipal debería precisar.
  • O título da foto púxenllo eu evidentemente, do cal estou convencido de que está ben :-D
  1. Monteoliva Díaz, Ángel L. (2013). PXOM de Aranga. Información xeográfica e histórica (PDF) (Informe). Concello de Aranga. p. 142. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 5 de novembro de 2018. 

One2 (conversa) 23 de setembro de 2020 ás 00:28 (UTC)

Boas:
Si, eu estou preto aínda que o do Apeadeiro de Orosa nunca o escoitei (e tampouco me dou por preguntar por el). Desde esa conversa con Sobreira (quizais el ten ou non algo que engadir) o que si que me dixeron foi que "Orosa chega ata o Apeadero", mais non profundicei máis porque xa daba por segura a súa localización. Pode chocar un pouco polas distancias ou polas modernas vías de comunicación que desfiguran a visión do espazo, mais obviamente non todos os lugares poden ter adscrito a mesma extensión de terreo nin estar situados de xeito equidistante entre eles. O certo é que, efectivamente, o mapa parroquial de Aranga elaborado polo PXOM leva os límites ata o Apeadeiro, dividindo o núcleo en dous, mapa que podes ver aquí: [6] (xa o puxera creo). En http://mapas.xunta.gal/visores/basico/ podes ver os límites das parroquias dándolle ao boton «Selección de capas» e en «Límites administrativos» seleccionando «Parroquias». Cómpre facer zoom pra que aparezan. Por certo, pra complicar máis a cousa, se seleccionas a capa de «Entidades de poboación» o lugar aparece máis ao norte, e se trocas no botón «Mapa de fondo» o predeterminado Mapa Base vectorial 2020 (no cal aparece onda a primeira casa) por Mapa Base vectorial 2016, neste último aparece onda o apeadoiro. O que deixa claro que non hai moita idea de onde está o lugar.
Que sexa a primeira casa seméllame moi raro polo feito de que non ten entidade dabondo e está demasiado próximo aos demais grupos de casas de Orosa, que é un lugar formado á súa vez por outros lugares máis pequenos que non aparecen no Nomenclátor de Galicia. Si o fan, por exemplo, no Mapa Topográfico Nacional: [6].
Non teño máis información, mais hei preguntar sobre o asunto se xorde a ocasión. One2 (conversa) 24 de setembro de 2020 ás 23:29 (UTC)