Estación da Alberguería-Prado
A Alberguería-Prado é un apeadoiro ferroviario de Adif situado no límite entre as parroquias do Castro de Laza (Laza) e Prado (Vilar de Barrio), a 2,5 km da aldea de Prado e 4,5 km da Alberguería (Laza), na provincia de Ourense.
A Alberguería-Prado | |
---|---|
Vista do exterior da estación | |
Situación | Laza |
Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 194,086 da liña férrea de ancho convencional que une Zamora coa Coruña vía Ourense a 767 metros de altitude, entre as estacións de Laza-Cerdedelo e Vilar de Barrio.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar. Está próxima ao túnel de Serra Pequena de 1.876 metros de lonxitude.
Historia
editarA vontade de unir Madrid con Vigo vía Medina del Campo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña Zamora - A Coruña vía Ourense.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación quedou sen os seus servizos de Media distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]
A estación
editarO edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos de aspecto rústico e parcialmente revestido de pedra. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.
Notas
editar- ↑ Alberguería - Prado Euroferroviarios
- ↑ 2,0 2,1 Liña Zamora - Ourense Afzamorana
- ↑ Dez estacións entre Ourense e Sanabria quedan sen tren desde o domingo