Reserva da biosfera Río Eo, Ozcos e Terras de Burón

área protexida de Galicia e Asturias

Coordenadas: 43°25′30″N 7°09′04″O / 43.425, -7.151

Río Eo, Ozcos e Terras de Burón
A zona zepa da ría de Ribadeo, encadrada na reserva, preto da Veiga, Asturias.
Marco Legal
Figura de Protección: Reserva da biosfera
Ano de constitución: 19 de xuño de 2007
Superficie: 159.379 ha (496 ha. mariñas)
Lexislación: Real Decreto 342/2007 do 9 de marzo [1]
Datos de interese
País: Galicia Galicia Asturias Asturias
Provincias: Principado de Asturias, Provincia de Lugo
Concellos: Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, A Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín e Trabada (Lugo) e Castropol, A Veiga, Taramundi, Santiso de Abres, Vilanova de Ozcos, Santalla de Ozcos, San Martín de Ozcos (Asturias)
Ríos: río Eo
Picos A Bobia (1202 m)
Direccións de interese: Mancomunidade Ozcos-Eo, Praza do Concello, s/n 33770 A Veiga (Asturias)[2]
Teléfonos:

A Reserva da Biosfera Río Eo, Ozcos e Terras de Burón,[3] oficialmente Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón,[4] é unha reserva da biosfera dentro do programa MAB da UNESCO e que abrangue os concellos de Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz en Galicia, e de Castropol, A Veiga, Taramundi, Santiso de Abres, Vilanova de Ozcos, Santalla de Ozcos e San Martín de Ozcos en Asturias. Ten unha extensión de 15.958,89 km²[5] e inclúe a máis da totalidade da cunca do río Eo dende o seu nacemento en Fonteo ata a súa desembocadura na ría de Ribadeo, a propia ría e boa parte das cuncas que nela desembocan, así como anacos das cuncas dos ríos Miño, Navia e Porcía, encadrando unha unidade de biodiversidade, cultural e patrimonial. Cando foi designada, a zona tiña unha poboación de 32 974 habitantes, se ben case tódolos municipios observan decrecemento de poboación.

Descrición editar

 
Vista do final da ría de Ribadeo (xa ría de Abres), na parte norte da reserva.

Inclúe a Reserva Natural Parcial da Ría de Ribadeo, as zonas especiais de conservación (ZEC) de Penarronda-Barayo (parcialmente), ría de Ribadeo, Río Eo e Cunca do Augüeira, Zona de especial protección para as aves Penarronda-Barayo e Ría de Ribadeo, incluíndo a zona húmida Ramsar Ría de Ribadeo e o monumento natural da praia de Penarronda[6].

Foi declarada o 19 de setembro de 2007 pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) dentro do programa MaB (Home e Biosfera).

O 11 de decembro de 2013 asinouse o Protocolo de Colaboración para a Coordinación da Xestión[7].

Notas editar

  1. "Real Decreto 342/2007, de 9 de marzo, por el que se regula el desarrollo de las funciones del programa MaB, así como el Comité Español del citado programa, en el organismo autónomo Parques Nacionales.". BOE (72): 12858 a 12860 (3 páxs.). 24 de marzo de 2007. 
  2. "Reserva da Biosfera Oscos-Eo, Asturias Paraiso Natural". 
  3. Ozcos é o topónimo en galego segundo se indica no Portal da Lingua Galega e outras fontes. Ver Áreas galegofalantes fóra de Galicia ou Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. ISBN 9788482887524. 
  4. ANUNCIO do 28 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se fai público o Plan de xestión da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.
  5. United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization. "Río Eo, Oscos y Terras de Buron". www.unesco.org. Consultado o 19/1/2016. 
  6. "Reserva de la Biosfera de la Ría del Eo, Oscos y Tierras de Burón" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de outubro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  7. "Anuncio do DOG nº 8 do 2016/1/14 - Xunta de Galicia". www.xunta.es. Consultado o 19/1/2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar