Benvido(a) á Galipedia, Alber1840!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 17:42, 15 de outubro de 2012 (UTC)

Relevancia e verificabilidade editar

Ola Alber. Súmome á benvida que che deu Xas.

Por favor, ten en consideración o exposto en O que a Wikipedia non é, Verificabilidade, Citar as fontes e A Wikipedia non é unha fonte primaria.

Dígocho porque estás a facer artigos que non citan referencia ningunha e algúns deles asemellan de escaso interese, dende o punto de vista dunha enciclopedia.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 18 de febreiro de 2013 ás 13:28 (UTC)Responder

Dúbidas editar

Ola de novo, Albert1840, non é ningunha molestia, estamos para axudar, e precisamente para axudar aos novatos... Vou ver se podo responder á túas dúbidas: Por soporto que as referencias e ligazóns poden ser noutro idioma, e non é necesario pedir permiso para poñer a referencia. Poder consultar todo isto en Wikipedia:Citar as fontes. Para calquera dúbida, xa sabes... Ah, e outra cousa:

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa editar

Ola Alber1840. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Un saúdo e a seguir! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xas (conversacontribucións) o 19 de febreiro de 2013 ás 20:41