Benvido(a) á Galipedia, Risonsinho!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:03, 16 de febreiro de 2011 (UTC)

Can de palleiro

editar

Ola, Risonsinho. Vin as edicións que fixeches en Can de palleiro e desfixen algunhas delas, o mesmo que fixo onte o Usuario:Atobar. Debes ter en conta que non se pode retirar un marcador de atención sen solucionar primeiro o problema sobre o que está alertando. Por outra banda cómpre referenciar sempre as achegas que se fagan a calquera artigo. Arriba tes unha serie de ligazóns que che axudarán a comprender como funciona a Wikipedia. Para calquera dúbida contacta comigo na miña páxina de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:06, 16 de febreiro de 2011 (UTC)

Ola, Risonsinho. Non estamos aquí para perder o tempo. O marcador non se pode retirar. E as imaxes que había eran perfectamente válidas. Vou desfacer as túas edicións. Espero que agora entres en razón, de non ser así pedirei o teu bloqueo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:04, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

Para esas cousas é mellor que te dirixas a Wikipedia:Taboleiro dos administradores, concretamente a sección de Bloqueos e proteccións. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:15, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

Conflito

editar

Cópioche o exposto no taboleiro de administradores.

Risonsinho, engánaste. Existe un formato a seguir, unhas normas e unhas políticas de edición. Xoacas revertiu as túas edicións, e tal fixen eu antes ca el, porque simplemente te limitas a retirar un marcador sen ter solucionado o problema e a cambiar unha foto. Nun usuario experimentado o teu comportamente sería inaceptábel, pero entendo que ao seres novo aínda non leches a guía de edición, cousa que Xoacas tamén che dicía antes dese comentario que citas sacado de contexto e que con todo non deixa ser do máis normal. Ben, tes dúas opción ou tres opcións: 1)teimar e tratar de seguir coa teima, e serás bloquedado 2)cabrearte porque o mundo está contra ti, e marchar polo teu pé 3) Tratar de aprender a traballar co mesmo formato, baremos e parámetros ca o resto, e nese caso pregunta calquera dúbida que teñas, que eu e todos estaremos encantados de che botar unha man. A discusión non dá moito máis de si. Xa sabes, de ti depende. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:56, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

Sobre a autoría de Can de palleiro: tes aquí o historial do artigo. Nel poderás comprobar as achegas de cadaquén. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:39, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

Íache pasar eu esa mesma ligazón que achega Xoacas. No historial podes revisar que fixo cadaquén, e comprobarás que Xoacas por non editar é que nin editou unha soa vez ese artigo antes de que o fixeras ti. O problema vén de vello, tanto dos contidos como da fotografía. Deixémoslle ao usuario:Lameiro que o peneire, que do refraneiro, cultura popular e animais sabe unha chea. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:45, 17 de febreiro de 2011 (UTC)