Eduardo Cea Naharro

político galego
(Redirección desde «Eduardo de Cea Naharro»)

Eduardo Cea Naharro, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1843 e finado na mesma cidade o 2 de novembro de 1929, foi un político galego. Membro do Partido Conservador, foi deputado provincial en 1877 e 1880. Foi elixido deputado ao Congreso polo distrito de Mondoñedo en 1896 e elixido senador pola provincia de Pontevedra en 1901.

Eduardo Cea Naharro
Nacemento9 de outubro de 1843
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento2 de novembro de 1929
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Manuel de Cea Gándara e de Francisca Naharro, casou con Joaquina Varela de Luaces, descendente de Vicente Varela de Luaces, de Mondoñedo, coa que tivo dous fillos, Juan Jacobo (avogado de mariña), e Eduardo (escritor de La Ilustración Gallega y Asturiana), os cales morreron antes que seu pai.

Durante a Primeira República Portuguesa agochou ao monárquico portugués Paiva Couceiro nas súas casas do Telleiro (Sandiás), Santa María de Paradela (Meis), Pazo de Cea (Nigrán) e de Figueroa (Pontevedra, actual parador de Pontevedra). Por este motivo foi intensamente perseguido polos republicanos portugueses, sendo vítima de sucesivos rexistros nas súas casas.

Tiña o título de barón de Casa Goda. Restaurou o pazo pontevedrés que pertencera ao marqués de Figueroa e da Atalaia, actualmente coñecido como Parador do Barón. Foi nomeado Caballero da Real Maestranza de Sevilla e Socio Honorario da Asociación de escritores galegos.

Morreu por mor dun cancro.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar