Benito Rodríguez Rodríguez

médico e político galego


Benito Rodríguez Rodríguez, nado no Rial, en Sabucedo (Porqueira) o 22 de febreiro de 1895 e finado o 12 de agosto de 1966, foi un destacado médico ourensán e militante esquerdista[1].

Infotaula de personaBenito Rodríguez Rodríguez
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1895 Editar o valor em Wikidata
O Rial, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de agosto de 1966 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1921. Militou no Partido Republicano Radical. Consta que lle prestou axuda médica á partida de maquis de Casto Cabezas, activa na Baixa Limia e no Couto Mixto até a década de 1940. Carlos Casares, sobriño de Rodríguez, escribía isto a este respecto:

"O Cabezas entregouse na casa de meu tío Benito, na galería, cando eu tiña oito ou nove anos. Foi un alivio, pois daquel xeito acabáronse os compromisos de sair de noite a curar feridos, xogándose ir ó cárcere se non facía a denuncia correspondente, que nunca fixo."
Carlos Casares, na columna "Á marxe"[2]

De feito, foi na casa do doutor Rodríguez onde acabaría entregándose o guerrilleiro antifranquista Casto Cabezas.

Notas editar

  1. Médicos y maquis gallego (I), Diario de un médico de guardia, 7 de febreiro de 2010 (en castelán).
  2. La Voz de Galicia, páx. 9, 23 de marzo de 1996. Recollido tamén na compilación Á marxe, Volume 5, páx. 90 (Galaxia, 2007).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar