Benvido(a) á Galipedia, Orxeira!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:24, 28 de febreiro de 2011 (UTC)

Imaxes etc editar

Ola, Orxeira. Pode que a cousa sexa máis complicada do que pensabas antes, pero é máis doada do que pensas agora. Tes dúas posibilidades para subir imaxes para o seu uso na Galipedia. A primeira é subilas a Commons, que é un repositorio de ficheiros do cal se nutren todos os proxectos de Wikimedia, entre eles a Galipedia. A outra posibilidade é subilas directamente á Galipedia dende esta páxina. Tanto en Commons como na Galipedia tes que achegar unha serie de datos sobre a imaxe e sobre o autor, e escoller a licenza baixo a cal queres publicar a imaxe. Isto pode ser un pouco embrollo, pero se tes algunha dúbida sempre podes preguntarme a min ou ó usuario Xas, que nisto das imaxes é o que máis controla. Ademais disto, e vendo que tes xa unha boa colección de boas fotos en Flickr, existe unha ferramenta que axuda a subir imaxes a Commons dende Flickr dun xeito máis doado e que é moi fácil de empregar, se estás interesado en subir algunha das fotos que tes en Flickr tamén podémosche explicar como funciona esa ferramenta para que o traballo che sexa máis áxil.

Non sei dicirche se un usuario non autoconfirmado pode ou non engadir imaxes, pero en Wikipedia:Usuarios autoconfirmados verás que para ser usuario autoconfirmado só hai que ter máis de 4 días de antigüidade e ter realizado, polo menos, 10 edicións, o cal non é nada. Ti tes máis de 4 días, só che queda o segundo requisito. Eu recoméndoche que comeces a editar, podes comezar por cousas máis doadas, como facer correccións ortográficas, por exemplo (haiche unha Categoría:Wikipedia:Atención na que se inclúen artigos que precisan revisión). Edita sen medo, vasme ter a min e a outros seguíndoche a pista e sinalándoche como se fan as cousas. E para calquera dúbida comunícate connosco nas nosas páxinas de conversa. Ánimo, que paga a pena. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:10, 3 de marzo de 2011 (UTC)

Resposta Xoacas editar

Moitas gracias pola información.Estes días non teño caseque tempo para nada. En anto poida poñome ao chóio. Tentarei editar algunha cousa (a ver se non escarallo nada do feito..) e así autoconfirmarme, logo diso apoño coas imaxes. Non máis, gracias de novo. Vemonos.

Colocar imaxes nas galerías editar

Ola Orxeira, pois só tes que ir á páxina Galería de imaxes de Cerceda, editar o artigo (arriba, na solapa Editar e engadir a imaxe Ficheiro:5458501340 7043076190 b.jpg onde ti vexas convinte. Por certo, cando subas imaxes, procura poñerlle un nome que sexa un pouco descritivo do contido da imaxe. Se tes algunha dúbida, pregunta, estamos para axudar. Saúdos e parabéns polas túas colaboracións. --Xas (conversa) 13:33, 10 de marzo de 2011 (UTC)

Grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.

Indicaches unha licenza. A licenza expresa que ti fixeches a foto, pero é necesario que, se é así, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.

En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.

Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

. HombreDHojalata.conversa 15:55, 11 de marzo de 2011 (UTC)

. HombreDHojalata.conversa 15:57, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Orxeira 16:42, 13 de marzo de 2011 (UTC) ==

Orxeira 16:42, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Licenzas editar

Ola, Orxeira. A licenza da que che fala Xas tela explicada aquí (en inglés). En calquera caso serve calquera licencia que permita o uso comercial e a obra derivada, e hai moitas para escoller. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:16, 14 de marzo de 2011 (UTC)

Galerías de imaxes editar

Orxeira, cando sexan moitas as fotos (máis de catro, por exemplo) é mellor crear un artigo coa galería para non deformar o artigo principal. Le o comentado aquí, na Conversa:Cogomelo, e despois repara en que no artigo Cogomelo mesmo hai unha ligazón en vermello indicando que podería crearse. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:19, 14 de marzo de 2011 (UTC)

  • Non fai falla, xa cha creou outro usuario, creo que Xoacas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:36, 15 de marzo de 2011 (UTC)

Lycoperdon Perlatum editar

Ola, Orxeira. Vin as túas edicións en Lycoperdon Perlatum e creo que farías mellor empregando o Modelo:Taxobox. Fíxate no artigo Castiñeiro, que o emprega. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:33, 16 de marzo de 2011 (UTC)

Faise así. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:42, 16 de marzo de 2011 (UTC)

Ola Orxeira. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento. Antes de ser borrada, agradeceríamosche que renomees esta imaxe

Para renomeala:

  1. carga a imaxe co nome novo,
  2. fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros arquivos e substitúe en ditos arquivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
  3. edita a imaxe e substitúe o marcador {{NomeIncorrecto|...}} por {{BorrarImaxeDuplicada|Imaxe:Nome da imaxe nova que se vai manter}}.

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 20:47, 13 de maio de 2011 (UTC)

Descrición das imaxes editar

Orxeira, parabéns, verdadeiramente fas unhas fotos estupendas.

Escríboche para dicirte que era bo que te estenderas algo máis nas "descricións" das imaxes. Por exemplo, se a imaxe é dunha vaca, onde foi tirada. Mesmamente pódeslle meter ligazóns internas no texto da descrición (...[[vaca]]...). Podes estenderte tamén no nome do arquivo.

Os nomes dos arquivos xa subidos non podes cambialos pero podes entrar a editar as descricións de calquera foto e aumentalas... Engadirlle categorías, se sabes... En definitiva, cantos máis datos lle metas á imaxe más "visible" vai a resultar para a comunidade que emprega a Galipedia.

Déixote un exemplo: [1]

Unha aperta e a seguir con ese bo traballo--. HombreDHojalata.conversa 23:36, 20 de maio de 2011 (UTC)

Vin o cambio na imaxe que fixeches no artigo e non estou moi dacordo. A imaxe que había antes penso que lle acaía mellor ó texto relacionado, está falando do aparello dixestivo da vaca e a foto é dunha vaca pastando. Si estás dacordo volvo deixar a imaxe que había antes, ¿que me dis?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:44, 22 de maio de 2011 (UTC)

Puxen outra foto de vaca pastando que atopei en Commons e que penso que ilustra a mesma idea con mellor calidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:11, 22 de maio de 2011 (UTC)