Maruxa (Santiago de Compostela)
Semanario editado en Santiago de Compostela en 1917
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Maruxa.
Maruxa foi un semanario editado en Santiago de Compostela en 1917.
Maruxa | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Semanario escolar, apareceu o 1 de abril de 1917. Semanario estudantil fundado por Marino López Blanco e José Gómez Posada-Curros, editábase na imprenta Rivera. A partir do número 5 iniciou a sección "Verbas enxebres", na que se incluía literatura galega; nela aparecen colaboracións de Manuel Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Victoriano Taibo, Gonzalo López Abente, Leandro Carré Alvarellos e Salvador Cabeza de León. Cesou a súa publicación o 2 de decembro de 1917, e foi continuado por La Raza.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Maruxa". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Maruxa". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.