Eduardo Fidalgo Álvarez
Eduardo Fidalgo Álvarez, nado en Ourense en 1901, foi un sindicalista e político galego.
Eduardo Fidalgo Álvarez | |
---|---|
Nacemento | 1901 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | sindicalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Empregado de banca en Ourense, militou no socialismo e foi secretario xeral da Asociación de Traballadores de Banca de Ourense que presidía Juan Manuel González Gándara,[1] e dirixente da Federación Galega de Banca da UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 24 de agosto e encarcerado en Ourense. Grazas ás xestións do cónsul de Cuba en Vigo que lle concedeu a nacionalidade cubana, foi liberado o 12 de setembro e marchou a Cuba. Instalouse na Habana, onde se vinculou á Casa de la Cultura e participou en actos antifranquistas. Dedicouse aos negocios e montou unha fábrica de chourizos. En 1962 foi elixido vocal da Sociedad de Amistad Cubano-Española.
Vida persoalEditar
Foi pai de Eduardo Fidalgo Cerreda.
NotasEditar
- ↑ La Región, 26-12-1933.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Domingo Cuadrillero, Jorge (2009). El exilio republicano español en Cuba. Madrid: Siglo XXI. p. 414. ISBN 978-84-323-1387-5.