Benigno Salgado Vázquez

farmacéutico e xornalista galego

Benigno Salgado Vázquez, nado en Dacón (Maside) en febreiro de 1855, foi un farmacéutico e xornalista galego.

Infotaula de personaBenigno Salgado Vázquez
Biografía
Nacementofebreiro de 1855 Editar o valor em Wikidata
Maside Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Uruguai en 1874. De ideas liberais, opúxose á Restauración borbónica e aos gobernos conservadores. Dirixiu La Voz de Galicia, foi correspondente en Montevideo de El Eco de Galicia da Habana e colaborou en El Heraldo Gallego, La Colonia Española, El Gallego e La Unión Gallega. Asinou cos pseudónimos Pedro Enxebre e Xan Blexos.[1] Foi precursor da idea de creación dos Centros Galegos, nun manifesto publicado en Montevideo en 1879 e fundou co seu irmán Tomás o Centro Galego de Montevideo.

Notas editar

  1. Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da Literatura Galega Contemporánea. Galaxia. p. 463. ISBN 84-7154-391-5. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar