Pé das Burgas
Pé das Burgas é unha colección de relatos en lingua galega escritos por Francisco Álvarez de Nóvoa publicada en 1896. Conta con vinte e tres relatos máis un texto introdutorio do propio autor.
Pé das Burgas | |
---|---|
![]() en PDF | |
Título orixinal | Pé das Burgas |
Autor/a | Francisco Álvarez de Nóvoa |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Relatos |
Editorial | Biblioteca Gallega |
Data de pub. | 1896 |
Formato | Cartoné artesanal; 18,5 x 11 cm |
Páxinas | 194 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Contos
editar- "O louco"
- "Na costa"
- "Que senón"
- "Turuleque"
- "A nai"
- "A garda da morte"
- "A posta dos corvos"
- "Unha agonía"
- "A horta embruxada"
- "Os caneiros"
- "A lámpada rosa"
- "Chuvia"
- "Soa"
- "No Miño"
- "Anémica"
- "Abandonado"
- "Unha frase"
- "De Entroido"
- "A codia"
- "Redimido"
- "¡Tanto ten!"
- "O Paraíso"
- "Paisaxe"
- "A goleta"
Narración
editarOs relatos foron escritos entre 1895 e 1896, cando o autor contaba 22 anos. Na introdución Álvarez de Nóvoa defende a creación dunha Academia que unifique os criterios ortográficos da lingua. Utiliza un léxico culto, sen vulgarismos nin dialectalismos, ademais de empregar uns termos técnicos de ámbitos como o mariñeiro. Con todo, tamén usa neoloxismos propios de finais do século XIX, como os galicismos "corsé" ou "bibelot".
O autor usa a terceira persoa, cun narrador omnisciente que coñece mesmo os pensamentos dos personaxes. Emprega numerosas descricións, tanto da paisaxe (arquitectura popular, tempo atmosférico, vexetación, interiores...), como dos personaxes (roupas, físico...).
O espazo principal da obra déixase ver no título, habendo seis relatos urbanos ambientados na vila de Ourense. Con todo, tamén hai outros textos de ambientación mariñeira e rural, situados no val do río Ulla, a ría de Pontevedra (en Marín), O Incio, Sada ou a romaría dos Caneiros de Betanzos.
Edicións
editarPublicouse por vez primeira en 1896 na Coruña por Andrés Martínez Salazar na Biblioteca Gallega. En 1988 Edicións Xerais de Galicia fixo unha edición revisada con notas de Valentín Arias e introdución de Méndez Ferrín. En 2002 saíu na colección Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia. Estas dúas edicións recentes inclúen tamén o relato "A goleta", traducido ao galego por Heraclio Pérez Placer e publicado en 1895 no seu libro Contos da terriña.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández del Riego, F. (1971). Manual de historia da literatura galega. Editorial Galaxia.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
Ligazóns externas
editar- Pé das Burgas por Francisco A. de Nóvoa. 1896 Arquivado 11 de setembro de 2017 en Wayback Machine. Real Academia Galega