Dámosche a benvida á Galipedia, Gloriapcacharron!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 3 de novembro de 2018 ás 13:45 (UTC)Responder

El Momento editar

Ola, Gloria. Eu nese artigo tan só fixen un arranxo mínimo en xullo de 2016, este. O artigo creárao o usuario:Xas e xullo de 2013; a ver logo se el pode deitar algo máis de luz sobre o tema. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 3 de novembro de 2018 ás 13:45 (UTC)Responder

El Momento editar

Ola Gloria. Efectivamente fun eu quen creou a páxina do periódico El Momento de Viveiro e tamén a do seu director Benito Sánchez López. Cando creei a páxina do periódico fíxena en base á bibliografía que cito, e o mesmo coa páxina do seu director (non dei atopado máis información sobre el nas hemerotecas). Recordo que no seu momento fixen algunhas pescudas pola rede por ver se atopaba algún outro dato ou referencias sobre este interesante xornal, e tampouco souben de ningún arquivo onde se garden exemplares do mesmo. O único que se me ocorre é que poida vostede intentalo no arquivo do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento de Santiago de Compostela... Lamento non poder serlle de mais utilidade. Un saúdo, ánimo con esa investigación, e agradeceríalle que me comunicara os resultados cando remate. --Xas (conversa) 3 de novembro de 2018 ás 19:15 (UTC)Responder

Eu tampouco podo ser de axuda, o único que fixen foi arranxiños técnicos no artigo, síntoo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de novembro de 2018 ás 00:20 (UTC)Responder