María Rei Vilas

profesora e escritora galega

María Rei Vilas, nada na Laracha en 1964, é unha profesora e escritora galega.

María Rei Vilas
Nacemento1964
Lugar de nacementoA Laracha
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónprofesora e escritora
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciouse en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela en 1987. Posteriormente, obtivo o Diploma de Estudos Avanzados en Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Coruña.

É catedrática de Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario. Desde o 2003, traballa no IES Agra de Leborís da Laracha.

Colaboradora da Federación de ANPAS da Coruña-Costa da Morte: implicouse, xunto co seu alumnado, na organización do Camiño Sen Límites[1] e participou na campaña contra a LOMCE, dando charlas sobre os efectos nocivos desta lei educativa.

É autora e coordinadora de diversos materiais didácticos de Bioloxía e Xeoloxía para a ESO e o bacharelato.

No 2020 gañou o premio García Barros coa súa primeira novela, Flores de ferro.[2] No 2022 recibiu o premio San Clemente - Rosalía - Abanca pola mesma obra.[3][4]

Obra editar

Narrativa editar

Obras colectivas editar

Didáctica da bioloxía e a xeoloxía editar

Premios editar

Vida persoal editar

Está casada con Xosé Antón de la Fuente Subiela,[10][11] quen foi voceiro e concelleiro do BNG na Laracha.[12]

Notas editar

  1. "Que é o Camiño Sen Límites?". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2020. Consultado o 26 de xullo de 2020. 
  2. Sara (2020-07-17). "María Rei Vilas gaña o Premio García Barros 2020". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-03-20. 
  3. García, Montse (4 de novembro de 2022). "María Rei Vilas, Sara Jaramillo y Audur Ava Ólafsdóttir ganan el Premio San Clemente". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 20 de marzo de 2024. 
  4. García, Montse (8 de febreiro de 2023). "Galardonados con el Premio San Clemente: «É único»". lavozdegalicia.es. Consultado o 20 de marzo de 2024. 
  5. Diario, Nós. "María Rei Vilas: "Medrei cun relato desfigurado da realidade da represión"". Nós Diario. Consultado o 2020-11-24. 
  6. Otero Varela, Inma (Outubro, novembro, decembro 2020). "As mulleres que derrubaron o tirano". Revista Grial. LVIII: 98, 99. ISSN 0017-4181. 
  7. "Un verán en Galeusca: Temporal de verán, por María Rei". Nós Diario. 9 de xullo de 2021. Consultado o 20 de marzo de 2024. 
  8. "María Rei: "O relato é o encontro entre dous náufragos que logran salvarse e sandarse mutuamente"". Nós Diario. 29 de agosto de 2023. Consultado o 20 de marzo de 2024. 
  9. "María Rei Vilas, Sara Jaramillo y Audur Ava Ólafsdóttir ganan el Premio San Clemente". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-11-03. Consultado o 2022-11-04. 
  10. 'Camiño sen límites', unha iniciativa da Federación de ANPAS da Coruña e da Costa da Morte
  11. As “Zoquiñas Vermellas” de Malpica non paran de captar adeptos
  12. Redacción (13 de abril de 2007). "La candidatura nacionalista de A Laracha incorpora once nuevos miembros, en su mayoría jóvenes". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar