Ángel Ferrín Moreiras

mestre e xornalista galego

Ángel Ferrín Moreiras, nado no Pinto (Vilar de Ordelles, Esgos) e finado en Ourense o 30 de xaneiro de 1947, foi un mestre, xornalista e político galego.

Infotaula de personaÁngel Ferrín Moreiras
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
O Pinto, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xaneiro de 1947 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , mestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1892 optou á praza de mestre de Manzaneda.[1] Abriu a academia Colexio Modelo na rúa de Reza de Ourense en 1903 e cara a 1920 trasladouna á rúa do Alba (hoxe Cardeal Quiroga). Foi director de El Maestro Orensano. Foi nomeado membro da xestora municipal do concello de Ourense en novembro de 1935 como representante de Renovación Española.[2] Foi membro da Adoración Nocturna. Finou en Ourense o 30 de xaneiro de 1947.[3]

Vida persoal editar

Casou con Felisa Nóvoa Fernández, que finou en 1929.[4] A súa filla María Ferrín Nóvoa foi a nai de Xosé Luís Méndez Ferrín.[5] Amais foi tío da matemática e astrónoma Antonia Ferrín, filla do seu irmán Antonio.

Notas editar

  1. "Sección de noticias". El Magisterio Gallego. 15 de agosto de 1892. p. 2. 
  2. El Pueblo Gallego, 12-11-1935, p. 15.
  3. "II Aniversario del señor Ángel Ferrín Moreiras". La Región. 29 de xaneiro de 1949. p. 3. 
  4. La Zarpa, 24-8-1929, p. 5.
  5. Salgado, X. M. e Casado, X.-M. (1989): X. L. Méndez Ferrín. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco Edicións. ISBN 9788478240209. Páx. 16

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar