José María Mosqueira Manso

ictiólogo, cartógrafo, biólogo, historiador e mariño galego

José María Mosqueira Manso, nado en Corme o 17 de outubro de 1886 e finado en Caracas o 18 de maio de 1968, foi un ictiólogo, cartógrafo, biólogo, historiador e mariño galego.

José María Mosqueira Manso
Nacemento17 de outubro de 1886
Lugar de nacementoPonteceso
Falecemento18 de maio de 1968
Lugar de falecementoCaracas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónictiólogo, cartógrafo, zoólogo e historiador
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou no seminario de Santiago entre 1894 e 1899. Fíxose humanista e home de letras, mares, microscopios e mapas. Durante a República foi capitán da Mariña Mercante e oficial da reserva naval española. Estudou a fauna mariña e fluvial das costas de España, Portugal e o norte de África. Foi axudante militar da Mariña en Viveiro e Ortigueira, subdelegado marítimo en Sevilla e subdelegado de Pesca na Coruña e Ribeira. En 1937, en plena guerra civil, exiliouse na República Dominicana nun dos barcos fretados por Rafael Leónidas Trujillo. Traballou para el como técnico pesqueiro, pero a represión que padecía a illa fixo que temera pola súa vida.

En 1940 conseguiu escapar a Venezuela, invitado polo ditador Marcos Pérez Giménez, co encargo de escribirlle unha novela favorable. Na novela, titulada La Catira, aparece retratado nunha das personaxes, o capitán Cerdeira. Foi o guía de Camilo José Cela por este país. Realizou un estudo sobre as tartarugas arrau do río Orinoco e trazou algúns dos mapas de Venezuela e da República Dominicana. En Venezuela participou na fundación do Lar Galego e colaborou na revista Galicia (Centro Gallego de Caracas)|Galicia. Morreu en Caracas en 1968, sen poder regresar a Galicia.

Obras editar

  • El patrón de cabotaje.
  • Biología de la merluza.
  • Las tortugas del Orinoco, Bos Aires: Editorial Citania, 1960.
  • La cuna gallega de Cristóbal Colón, Bos Aires: Editorial Citania, 1961.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Galicia Hoxe, ed. (2005). Trasterrados. Dicionario do exilio galego. Santiago de Compostela. pp. 113–114. ISBN 84-8064-151-7. 

Ligazóns externas editar