Federico Trillo

político español

Federico Trillo-Figueroa Martínez-Conde, nado en Cartagena o 23 de maio de 1952, é un xurista e político español do Partido Popular. Foi presidente do Congreso dos Deputados e ministro de Defensa.

Federico Trillo
Nome completoFederico Trillo-Figueroa Martínez-Conde,
Nacemento23 de maio de 1952
Lugar de nacementoCartaxena
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítico, avogado, diplomático e Cuerpo de Letrados del Consejo de Estado
PaiFederico Trillo-Figueroa Vázquez
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Medal of the Oriental Republic of Uruguay, Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort e Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica
Na rede
IMDB: nm1775650 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

É fillo de Federico Trillo-Figueroa Vázquez, político franquista galego. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e Doutor en Dereito. Ingresou no corpo xurídico da Armada en 1974 onde estivo destinado na Fiscalía da Zona Marítima do Mediterráneo e, máis tarde, na Dirección de Construcións Navais Militares. En 1979 accedeu por oposición ao corpo de letrados do Consello de Estado. Retirouse como comandante en 1989 para entrar na actividade política.

Actividade política editar

En 1983 entrou no gabinete xurídico de Coalición Popular, dirixida por Manuel Fraga Iribarne, desde onde participou na reestruturación do partido, que acabou refundándose no Partido Popular. Pertence á Executiva Nacional dende 1986.

Foi elixido deputado por Alacant dende 1989. Durante os anos 1989 a 1996 ocupou a vicepresidencia da mesa do Congreso dos Deputados. De 1991 a 1996 foi portavoz de Xustiza do grupo popular e comisionado ante o Tribunal Constitucional. O 27 de marzo de 1996 foi nomeado Presidente do Congreso dos Deputados, cargo que mantivo ata o final da VI lexislatura en 2000.

O 27 de abril de 2000, José María Aznar nomeouno Ministro de Defensa do seu segundo goberno. Como tal, en xullo de 2002 ordenou o asalto á illa Perejil, ocupada días antes por militares marroquís, para liberala e devolverlle o statu quo.

Durante o seu mandato produciuse o accidente do Yakovlev 42 en Trebisonda (Turquía) o 26 de maio de 2003, no que morreron 62 membros do Exército español, 12 tripulantes ucraínos e un cidadán bielorruso que volvían de Afganistán. Trillo negouse repetidamente a aceptar unha suposta responsabilidade política ou penal (nin sequera logo da posterior condena a prisión de tres dos seus subordinados por falsificar a identificación de 30 dos cadáveres).[1]

Colaborou na fundación da Asociación de Estudios para el Progreso Social e é membro da Comisión Española de Historia Militar. Dende marzo de 2012 ocupa o posto de embaixador de España no Reino Unido.


Predecesor:
Félix Pons
  
Presidente do Congreso dos Deputados
 
1996 - 2000
Sucesor:
Luisa Fernanda Rudi
Predecesor:
Eduardo Serra Rexach
  
Ministro de Defensa
 
2000 - 2004
Sucesor:
José Bono

Obras editar

  • El poder político en los dramas de Shakespeare.
  • Pregones y semblanzas.

Notas editar