Gabriel León Trilla

político e antifranquista español

Gabriel Esteban León Trilla, nado en Valladolid o 3 de agosto de 1899 e finado en Madrid o 6 de setembro de 1945, foi un dirixente comunista e loitador antifranquista. Foi asasinado por orde do PCE.[1]

Modelo:BiografíaGabriel León Trilla
Biografía
Nacemento(es) Gabriel Esteban León Trilla Editar o valor en Wikidata
3 de agosto de 1899 Editar o valor en Wikidata
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de setembro de 1945 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, acoitelamento Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLydia Kúper de Velasco Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo dun comandante de infantaría orixinario de Santander, Desiderio León, e da leridana Ignacia Trilla. A súa irmá Carmen casou con José Bullejos Sánchez, que chegou a ser secretario xeral do PCE. Estudou Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid, onde tamén aprendeu francés e ruso. O 1 de marzo de 1918 ingresou na Agrupación Socialista Madrileña do PSOE, pero o 30 de xullo de 1920 deuse de baixa para participar na fundación do Partido Comunista de España. Cando o seu cuñado Bullejos foi nomeado secretario xeral do PCE en 1925 el foi nomeado secretario de axitación e propaganda. De novembro de 1928 a marzo de 1930 foi encarcerado pola ditadura de Primo de Rivera. Durante estes anos frecuentou o Ateneo de Madrid, onde coñeceu á súa futura esposa, a rusa Lydia Kúper de Velasco.

En 1931 viaxou á URSS como delegado do PCE na Komintern. Ao volver posicionouse ao lado de Bullejos, Adame, Vega e outros contra a Internacional Comunista, polo que en agosto de 1932 foi expulsado do PCE.[2] Entón volveu ao PSOE e ingresou na Federación de Trabajadores de la Enseñanza, ao tempo que traballou como profesor de francés en Madrid, Calatayud e Burgos.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi readmitido no PCE, dirixiu a revista Nuestra Bandera e loitou na batalla do Ebro como comisario político do V Corpo de Exército. Ao rematar a guerra exiliouse en Francia, e despois de pasar polos campos de concentración de Argelès-sur-Mer e Vernet d'Ariège en xuño de 1939 marchou a Aix-en-Provence, onde colaborou con Jesús Monzón na reorganización do PCE no interior.

Seguindo as orientacións do partido volveu da Francia ocupada polos nazis á España franquista o 30 de decembro de 1943 para ocupar un posto no traballo do PCE.[2] En marzo de 1944 foi nomeado secretario de axitación e propaganda co pseudónimo de Julio Torres Alarcón e organizou a dirección do partido composta por Casto García Roza, Apolinario Boveda, Enrique Alegre, Narciso González, Pedro Canales e Josep Serradell "Román". Tamén se encargou da edición clandestina de Mundo Obrero. Logo do fracaso da invasión do val de Arán o 27 de outubro de 1944 a dirección do PCE, encabezada por Santiago Carrillo e Dolores Ibárruri, acusou a Jesús Monzón e a Gabriel León Trilla do fracaso.

En abril de 1945 foi destituído da secretaría de axitación e propaganda e a dirección do PCE encargoulle a súa morte ao maquis Cristino García, quen se negou a executalo el mesmo e enviou dous homes do seu grupo para facer o traballo. O 6 de setembro de 1945 foi apuñalado nun antigo cemiterio despoboado na rúa Abascal de Madrid (o Campo de las Calaveras) por Francisco Esteban Carranque e José Olmedo González Gitano. Morreu no traxecto ao Hospital Clínico de Madrid. Executárono deixándoo espido, para que parecese un conflito entre homosexuais.[3]

Dolores Ibárruri, no seu informe ao V Congreso do PCE en outono de 1954, dixo:[2]

Como un viejo y experimentado provocador, Trilla entregó a la policía la organización del partido y de guerrilleros... Monzón y Trilla estuvieron ligados con el policía norteamericano Field, dándole la posibilidad de reclutar para su trabajo a elementos vacilantes, aventureros y arribistas ...

Polo que respecta aos seus dous asasinos, Francisco Esteban Carranque foi fusilado polas autoridades franquistas con outros guerrilleiros da partida de Cristino García o 21 de febreiro de 1946. José Olmedo foi detido en setembro de 1947, encerrado no penal de Ocaña, condenado a morte e fusilado o 17 de novembro de 1948.

Referencias literarias

editar

En 1977 Jorge Semprún publicou Autobiografía de Federico Sánchez, no que contaba o caso de León Trilla e explicaba as circunstancias da súa morte clandestina.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar