Dolores Ibárruri
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Dolores Ibárruri Gómez, coñecida como A Pasionaria, nada en Gallarta (Abanto Zierbena, Biscaia) o 9 de decembro de 1895 e finada en Madrid o 12 de novembro de 1989, foi unha dirixente comunista española.
(1978) | |
Nome orixinal | (es) Dolores Ibárruri Gómez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) María de los Dolores Ibárruri y Gómez 9 de decembro de 1895 Gallarta, España |
Morte | 12 de novembro de 1989 (93 anos) Hospital Universitario Ramón y Cajal, España |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Cemiterio Civil de Madrid 40°25′18″N 3°38′09″O / 40.421528, -3.635814 Cemiterio Civil de Madrid |
Deputada de España | |
7 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Asturias Electa en: Eleccións Xerais 1977 en España | |
Secretaria xeral do Partido Comunista de España | |
20 de marzo de 1942 – 3 de xullo de 1960 ← José Díaz Ramos – Santiago Carrillo Solares → | |
Deputada nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Comunista de España 26 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Oviedo (en) | |
Datos persoais | |
Educación | escolas normais (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política, xornalista, activista |
Partido político | Partido Comunista de España |
Pseudónimo literario | La Pasionaria |
Familia | |
Cónxuxe | Julián Ruiz Gabiña |
Fillos | Rubén Ruiz Ibárruri |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ибаррури Долорес) Obálky knih, América Latina en la Internacional Comunista 1919-1943 (en) |
Traxectoria
editarSeu pai, Antonio Ibárruri, era un mineiro vasco, vello militante carlista, e súa nai, Dolores Gómez, era de orixe castelá. Durante a súa infancia e primeira mocidade Dolores era extremadamente relixiosa, estudou corte e confección e traballou como serventa nunha familia acomodada. O 15 de febreiro de 1916 casou co tamén mineiro e activista obreiro Julián Ruiz e, dous anos máis tarde, participou na folga xeral de agosto, na que foi detido o seu home, polo que, segundo contou ela posteriormente, nunca foi feliz. Despois ingresou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) como membro da agrupación da zona mineira de Somorrostro (Biscaia) e en 1918 utilizou por vez primeira o pseudónimo "La Pasionaria" no artigo "Hipocresía religiosa" publicado en El Minero Vizcaíno durante a semana de Paixón.
Cando en abril de 1920 xurdiu o embrión do que nacería o Partido Comunista de España (PCE), a agrupación de Somorrostro incorporouse a el, e con ela a propia Ibárruri, impresionados polo triunfo da Revolución Bolxevique. Asistiu, como delegada pola provincia de Biscaia, ao I Congreso do PCE, celebrado en 1922, e pasou a integrar o Comité Central do partido en 1930. En setembro de 1931, pouco despois da instauración da II República, fixou a súa residencia en Madrid e formou parte da redacción do órgano de prensa do PCE, Mundo Obrero. Despois de ser encarcerada pola súa actividade política dende outubro de 1931 ata xaneiro de 1932, participou en marzo no congreso do partido en Sevilla, pero despois foi outra vez prendida ata xaneiro de 1933. Un ano despois, en 1934 acudiu a Moscova para participar nunha reunión da III Internacional (a chamada "Internacional Comunista"). A esta cidade regresaría un ano máis tarde para intervir no VII Congreso de dito organismo, que a elixiu membro suplente do seu Comité Executivo. Este Congreso propugnou a colaboración entre os partidos obreiros e as formacións políticas burguesas de esquerdas, o que facilitou a creación da Fronte Popular española en xaneiro de 1936. De feito a Pasionaria, nas eleccións de 1936, presentouse como candidata desta coalición electoral, saíndo elixida deputada grazas ao triunfo da dita coalición nas eleccións.
Durante a guerra civil española, que comezou en xullo de 1936, foi unha importante propagandista, chegando a percorrer a fronte divulgando consignas tan celebres como a de "¡No pasarán!"[1] e "antes morir de pie que vivir de rodillas"[2] que a converteron nunha personaxe moi popular entre os defensores do réxime republicano e na principal e carismática portavoz do seu partido. En marzo de 1939, tras o golpe de estado do coronel Segismundo Casado, que destituíu a Juan Negrín, o que por aquel entón era presidente da II República española, Dolores Ibárruri comezou o seu longo exilio na URSS. Nese país sucedeu a José Díaz como secretaria xeral do PCE en 1942, e en 1960 foi substituída á súa vez nese cargo por Santiago Carrillo para pasar a converterse na presidenta do partido. Coa morte de Francisco Franco regresou a España en maio de 1977 e, un mes máis tarde, foi elixida deputada ao Congreso para formar parte das Cortes Constituíntes, a primeira sesión das cales presidiu. É autora de memorias e de obras sobre a historia da guerra civil e do Partido Comunista de España.
Dolores Ibárruri tivo seis fillos: Ester (1916-1919), Rubén (1920-1942), Amagoya, Azucena e Amaya (estas últimas trixemelgas nacidas en 1923, das que Amagoya morreu ao pouco de nacer e Azucena aos dous anos) e Eva (1928; morreu aos tres meses). Dos seis só Rubén e Amaya chegaron á idade adulta, aínda que Rubén morreu aos 22 anos na batalla de Stalingrado, onde loitaba no Exército Vermello.[3]
As súas memorias, El único camino, publicáronse en 1962.
Notas
editar- ↑ Frase orixinal de Petain en Verdún
- ↑ Frase orixinal de Emiliano Zapata
- ↑ "Muere Amaya Ruiz Ibárruri, hija de Pasionaria". El País (en castelán). 4 de decembro de 2018. Consultado o 16 de abril de 2020.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Sabatés, Sandra; Juan, Ana (2018). Pelea como una chica. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 978-84-08-19623-5.
Ligazóns externas
editar
Predecesor: José Díaz Ramos |
Secretaria Xeral do PCE 1942 - 1960 |
Sucesor: Santiago Carrillo |