Abrir o menú principal

Lydia Kúper de Velasco, nada en Lodz o 21 de agosto de 1914 e finada en Madrid o 8 de febreiro de 2011, foi unha tradutora galego-polaca de orixe rusa. Formou parte do denominado Grupo de Moscova, que se encargou de traducir as grandes obras da literatura universal rusa. Entre outros autores, Lydia Kúper traduciu obras de Tolstoi, Dostoievski, Goncharov, Makarenko, Makanin, Pasternak, Pushkin ou Mandelshtam.[1]

Lydia Kúper de Velasco
Nacemento21 de agosto de 1914
 Lodz Polonia Polonia
Falecemento8 de febreiro de 2011
 Madrid España España
Ocupacióntradutora
XénerosTradución
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De pais xudeus, naceu na cidade polaca de Lodz, cando esta aínda formaba parte do imperio ruso. Tras a morte do seu pai, trasládase a Odessa, e finalmente mudouse a Vigo após do comezo da Guerra civil rusa. Casou con Gabriel León Trilla, un dos membros fundadores do Partido Comunista de España.[1]

Despois de mudarse a Vigo coa súa familia e pasar alí a súa infancia, mudouse a Madrid para estudar Filosofía e Letras, onde residu no departamento feminino da Residencia de Estudiantes, onde concidiu con María de Maeztu ou Teresa Díaz.[2] Tras o inicio da Guerra civil española, Lydia Kúper exiliouse a París nun avión no que viaxaban membros do movemento comunista, e que aterrizou en Orán. Posteriormente, retornou á Unión Soviética, onde permaneceu exiliada até o ano 1957. Alí comezou a traballar como tradutora e intérprete para a cúpula do PCE, a cal estaba formada por dirixentes que non dominaban o ruso. Após do final da Segunda Guerra Mundial, comeza a traballar para o Estado soviético como tradutora no denominado servizo de Edicións en Linguas Estranxeiras.[1]

En 1957, após dun acordo coa Cruz Vermella e o goberno franquista, volve a España, onde continuaría coa súa profesión de tradutora.

Guerra e pazEditar

Unha das súas traducións máis célebres foi Guerra e paz, de León Tolstoi. Lydia Kúper estivo a traballar nela durante 5 anos, após de descubrir que a tradución vixente até ese momento por José Laín Entralgo e Francisco José Alcántara, contiña numerosos erros, ao ser traducida desde o idioma francés en lugar de ser traducida directamente do ruso.

Segundo afirmou Mario Muchnik, editor da tradución, Kúper declarou:

Kúper descubriu que a tradución anterior da novela de Tolstoi contiña moitos erros factuais: algunhas das declaracións do escritor foron distorsionadas, moitos parágrafos e frases desapareceron, e o máis importante, na tradución do libro ao español empregouse a versión francesa da novela, no que o estilo duro do gran escritor, que non se esforzou moito para alcanzar alturas estéticas, como convencer ao lector das súas ideas, foi atenuado.
2003, Mario Muchnik, editor da tradución de Lydia Kúper de Guerra e paz.[3]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Rodríguez Espinosa, Marcos. "Lydia Kúper, veterana traductora del ruso.". Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  2. Méndez Ferrín, Xosé Luis. Faro de Vigo, ed. "Lydia Kuper". Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  3. El Cultural. (ed.). "Por qué una nueva traducción de Guerra y paz.". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2015. 

Véxase taménEditar