Baldomero Gutiérrez Alba

guerrilleiro antifranquista galego

Baldomero Gutiérrez Alba, nado en Vilarello (Cervantes) en 1914, foi un guerrilleiro anarquista galego.

Baldomero Gutiérrez Alba
Nacemento1914
 Vilarello
Falecementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
IrmánsJovino Gutiérrez Alba e Abelardo Gutiérrez Alba
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Logo do fusilamento de seu pai, represaliado durante a guerra civil española, botouse ao monte cos seus irmáns Abelardo e Jovino. En 1943 botou medio ano en Barcelona e despois regresou a Galicia. En 1945 foi procesado con Segundo Alba Digón e Corsina Martínez no sumario 180/1945 polo delito de agresión a forza pública, facéndose requisitoria para que se presentara.[1] En 1947 pasou clandestinamente a Francia. Retornou para preparar a fuga da súa nai e de dous dos irmáns a Francia. Nun choque coa garda civil foi ferido de dous balazos nunha perna.[2] En 1948 foi detido en Barcelona.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Íñiguez, Miguel (2008). Enciclopedia histórica del anarquismo español. Tomo 1. Gasteiz: Asociación Isaac Puente. p. 812. ISBN 978-84-612-4219-1. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 82–83. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externasEditar