Río de Escuadro
O río de Escuadro ou tamén coñecido como Rego de Escuadro é un afluente do río Toxa. Nace na fronteira entre os concellos de Forcarei (Pontevedra) e Silleda, descorre pola parroquia silledense de Escuadro entre outras. A altura da aldea de Férveda provoca a fervenza de Férveda, de gran beleza e valor paisaxístico, aínda que de difícil acceso.
Tipo | río ![]() | ||
---|---|---|---|
Inicio | |||
División administrativa | España ![]() | ||
Localización | Silleda ![]() | ||
Final | |||
División administrativa | Provincia de Pontevedra, España ![]() | ||
Localización | río Toxa ![]() | ||
Características | |||
Dimensións | 7,5 (![]() | ||
Unha antiga lenda afirma que debaixo da citada fervenza hai enterrado un arado de ouro.
Ao carón da fervenza de Férveda tivo lugar por primeira vez o 3 de setembro de 2011 a Romaría da Fervenza, un encontro gastronómico e musical de grupos folk e veciños da comarca.