Abrir o menú principal

Lorenzo Novás Rarís, nado en 1880 e finado en Pontevedra en agosto de 1946[1], foi un fotógrafo galego.

Lorenzo Novás
Nacemento1880
Falecemento1946
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1894, con 14 anos, entrou como aprendiz no estudio de Francisco Zagala. En 1897 cando Zagala solicita un fotógrafo profesional para o seu estudio, Lorenzo Novás é o elixido para o posto, que desempeñou de forma autónoma. Colaborou con Zagala facendo as fotografías que este lle encargou, principalmente as de exteriores, ó tempo que tamén traballou con outros fotógrafos da época, como Cobián, e monta un estudio fotográfico na veciña vila de Marín. Despois do agravamento da enfermidade crónica de Zagala que no ano 1900 case lle ocasiona a morte, encárgase de facer case todas as fotografías de campo para o seu estudio.

Logo da morte de Zagala en 1908,[2] foi o fotógrafo oficial da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra e ademais fíxose cargo do estudio Zagala Fot. ata a súa venda en 1911; nesta época asinou algunhas imaxes como "Sucesor de Zagala". Cara ós anos 1911-12 formou unha sociedade co tamén fotógrafo Cobián, "Cobián y Novás". En 1917 constituíu a Sociedade Sáez Mon y Novás, cuxo estudo se inaugurou o 14 de febreiro, manténdose a sociedade ata 1934.

En 1945 facilitou ó Museo de Pontevedra, do que era fotógrafo desde 1924, 1 230 clixés.[3]

Colaborou como fotógrafo en revistas como Vida Gallega, Almanaque Gallego, La Temporada en Mondariz e Estampa e periódicos como Faro de Vigo, Diario de Pontevedra, Galicia. Diario de Vigo e El Pueblo Gallego. Moitas fotos da cidade de Pontevedra de comezos do século XX débense á súa autoría, así como as imaxes de varios lugares e monumentos da provincia. Algunhas das súas fotografías aparecen no libro O Río da Memoria - Cartafol do Río dos Gafos (1745-1970) de Carlos Solla e en A Moureira dos nosos avós de Rafael Fontoira. No documental da Casa das tres columnas "A Mimitos", feito polo director galego Manuel Yáñez, incorpóranse varias das súas fotografías do barrio da Moureira. Algúns retratos aparecen no libro de Roberto Taboada A fotografía en Pontevedra, 1865-1960. Hai postais súas no libro de Manuel Cendán Vilela Marín en las tarjetas postales antiguas 1902-1945, no libro de Xosé Filgueira Valverde Os dibuxantes da Sociedad Arqueolóxica, no libro editado polo Museo de Pontevedra Tomo I do ano 1942.[Cómpre referencia]

PremiosEditar

Obtivo varios premios fotográficos:

  • Medalla de Prata na Exposición Rexional de Lugo de 1915.
  • Premio especial do Concurso Nacional de Fotografía de Tarrasa en 1917 coa foto "Saudade"
  • 1ª medalla en Londres coa fotografía Un Golfo en 1923.
  • 1º premio na exposición Pontevedra en 1925.

Vida persoalEditar

Era tío de Manuel Cuña Novás e curmán de Juan Novás, un dos fundadores do Museo de Pontevedra.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en Ciudad, 26-8-1946, p. 8.
  2. Páxina de Francisco Zagala no Museo de Pontevedra.
  3. Moitas destas imaxes atribúense a outros autores, como Zagala ou Ruth Matilda Anderson sen causas que o xustifiquen, posto que as fotos entregadas ó Museo están todas detalladas no escrito da entrega que posúe o propio Museo. Estase a facer no Museo unha revisión de todas as fotos, o que está dando como resultado que moitas delas que estaban asignadas a Zagala, xa foron arquivadas coma da autoría de Lorenzo Novás, o que pode comprobarse nos arquivos de dito Museo[Cómpre referencia].

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Díaz Martínez, Carlos; Freixanes, Víctor F.; Fortes Bouzán, Xosé (2001). A memoria de Pontevedra. Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-721-6. 

Ligazóns externasEditar