Juan Novás

mestre e pedagogo galego

Juan Novás Guillán, nado no Grove o 28 de abril de 1880 e finado en Pontevedra o 26 de abril de 1967, foi un mestre e pedagogo galego.

Modelo:BiografíaJuan Novás

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de abril de 1880 Editar o valor en Wikidata
O Grove, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de abril de 1967 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático Editar o valor en Wikidata
Membro de

BUSC: novas-guillan-juan-1880-1967

Traxectoria

editar
 
Membros do SEG en 1928: De esquerda a dereita na fileira de atrás: Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Sebastián García Paz, Luís Pintos Fonseca, Antón Fraguas, Bibiano Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Isidro Parga Pondal, Abelardo Moralejo, Xesús Carro, Salvador Cabeza de León, Joaquín Arias Sanjurjo, Xerardo Álvarez Limeses e Juan Novás.

Foi presidente da Asociación Protectora del Obrero e membro do padroado do Museo Provincial de Pontevedra dende 1930. Dedicouse ao estudo da historia e da arte. Amigo de Xosé Filgueira Valverde, foi militante do Partido Galeguista que logo abandonou con el para entrar na Dereita Galeguista e despois afiliarse a Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Foi o primeiro secretario da Comisión Depuradora do Maxisterio de Pontevedra, posto no que permaneceu até marzo de 1937.[1] Foi concelleiro e tenente de alcalde de Pontevedra

Publicou Educación física. Que debe ser la educación gimnástica en la escuela primaria? Programa de ejercicios que deben practicar los niños (1909) e dirixiu o Boletín de Educación (1934-1936). Foi inspector de ensino primario (1944) e cronista oficial da cidade de Pontevedra (1960-1967). Colaborou en Spes. Revista mensual. Órgano de la Juventud Católica de Pontevedra. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia Galega da Historia.

Recoñecementos

editar

Recibiu a Cruz de Afonso X O Sabio.

Vida persoal

editar

Casou con María Viñas del Monte, da que enviuvou, para volver casar cunha compañeira da inspección, María Cruz Pérez.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar