Benvido á Galipedia, Sergio9C.M.!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 28 de decembro de 2012 ás 11:03 (UTC)Responder

Asinar as mensaxes editar

Ola outra vez Sergio9C.M., lembra que tes que engadir sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa.

 

Saúdos de novo e bo traballo. --Xas (conversa) 30 de decembro de 2012 ás 11:23 (UTC)Responder

Se cadra pódeche ser útil ler Wikipedia:Páxina de conversa e Wikipedia:Páxina de usuario. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 4 de xaneiro de 2013 ás 22:28 (UTC)Responder

Formato editar

Ola Sergio, vin que creache os artgos dúo e trío, pero fáltalles dar formato. Bótalle un ollo ao noso libro de estilo para corrixir os artigos. Se tes algunha dúbida pregunta. Un saúdo. --Beninho (conversa) 12 de xaneiro de 2013 ás 15:17 (UTC)Responder

Copyvio editar

Ola, Sergio! Ao creares un artigo debes indicar a orixe dos datos, e non podes facer un copia e pega ou unha tradución dunha páxina con dereitos de autoría, pois iso está considerado Copyvio. Amais, o texto debe axeitarse ao libro de estilo. Procura tamén evitar o uso de tradutores automáticos, pois adoitan fallar e inclúen numerosos erros. Se tes dúbidas, non teñas medo a consultar con calquera usuario da Galipedia, que de seguro che ha axudar. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de xaneiro de 2013 ás 22:21 (UTC)Responder

Sergio9C.M. editar

Grazas a todos por estes consellos.--sergio 21 de xaneiro de 2013 ás 17:51 (UTC)