Chairaman
Arquivo de mensagens antigas: Do 25/04/2005 ao 1/11/2006 |
1 |
--Gerardinho2000 15:35, 1 novembro 2006 (UTC)
Obras derivadas e/ou parodias
editarNo Título II do "REAL DECRETO LEXISLATIVO 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual" fala dos límites dos dereitos de propiedade intelectual e no artigo 39 refirido á Parodia di: "No será considerada transformación que exija consentimiento del autor la parodia de la obra divulgada, mientras no implique riesgo de confusión con la misma ni se infiera un daño a la obra original o a su autor".
Non son avogado pero cómpre aclarar que unha cousa é a manipulación dunha fotografía e outra diferente unha caricatura. É posible que exista toda unha variedade de casos a considerar —algúns deles que presenten moitas dúbidas—. Se o tratamento da imaxe se limita a aplicar filtros de retoque fotográfico, en función do resultado, a imaxe non pasa de ser unha obra derivada. Como axuda podemos preguntarnos o seguinte: trátase de saltar as restricións das fotografías que estou usando como base? A resposta pode axudar a decidir se a imaxe pode publicarse.
Image:Andresdobarro.png é unha obra derivada (na que o autor retén os dereitos de copyright). Con respecto a Image:Jenaro_Marinhas_del_Valle.png e Image:Vilarponte.jpg o seu parecido coa obra orixinal é menos evidente. Sobre a imaxe de Vilar Ponte eu mesmo dixen nunha mensaxe anterior: "A lei de propiedade intelectual di que as caricaturas non son obras derivadas polo tanto os dereitos corresponden ao seu autor. Se interpretamos (a clave está nisto) a nova imaxe como unha caricatura sería unha imaxe válida." Quero resaltar agora o texto en negriña, porque non podemos ter que facer unha interpretación da lei en cada caso que presente dúbidas, nin se pode utilizar ese artigo da lei como un medio para saltar os límites da propiedade intelectual. Unha cousa é unha imaxe illada de 1936 ou antes que ten as caracteristicas dunha caricatura e outra diferente é unha serie de imaxes que debamos interpretar unha a unha.
En Commons hai un artigo sobre as obras derivadas e tesme a túa disposición para aclarar calquera cuestión que estea na miña man. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:38, 1 novembro 2006 (UTC)
Explico
editarA imagem de Andrés do Barro que originalmente carregara não era uma obra derivada, mas uma obra original. Não estava feita a base de aplicar filtros sobre uma imagem pré-existente, pois trata-se de um desenho que elaborei eu próprio com FreeHand (um programa de ilustração que trabalha com formatos vectoriais). No entanto, acabo de abrir o meu ficheiro e elaborei uma nova versão mais 'caricaturizada' para que não exista problema que substitui a anterior. As imagens que tomei para 'inspirar-me' são:
- http://www.punch-records.com/shop/images/dobarro.jpg
- http://www.cuandocalientaelsol.net/wp-content/uploads/2005/12/thumb-andres.jpg
- http://static.last.fm/proposedimages/sidebar/6/10306020/89670.jpg
Usei as duas primeiras para captar os traços faciais essenciais de Do Barro, e situei-nos seguinto a silueta da terceira (acho que lhe acai melhor esse peiteado ;-)). E pois que se trata de uma obra totalmente original que não se baseia em nenhuma outra, não pode estar sujeita a mais licenças que as que eu estipular (creio). Uma outra questão seria o direito à própria imagem, mas Do Barro já faleceu e não podemos conhecer a sua opinião neste sentido, quer dizer, sobre se aceitaria a sua caricatura ou fotografia aparecerem aqui. Neste ponto, vejo-lhe mais problemas a que no artigo sobre José María Aznar figure uma fotografia sua, não achas? (Digo porque embora a licença permita reproduzi-la com atribuição, a atribuição não aparece expresamente na página do artigo, mas vários cliques mais adiante) Saúde.--Gerardinho2000 15:35, 1 novembro 2006 (UTC)
- O que quero dicir é que se se trata dunha caricatura debe percibirse perfectamente, non se pode usar ese procedemento para saltarse as leis do copyright. É preferible ter o artigo sen imaxe que telo cunha imaxe dubidosa. Insisto se se trata dun caso illado non supón un problema pero ter moitas imaxes dese tipo si o é. Con respecto a imaxe Image:Spain.JoseMariaAznar.01.jpg non vexo onde está o problema. É unha imaxe da Agência Brasil, unha licenza da que se ten falado dabondo en Commons, inclúe na mesma pantalla a atribución ao fotógrafo, cargada por un administrador de es.wp e Commons de historial perfectamente coñecido e con coñecementos sobre as licenzas de imaxes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:04, 1 novembro 2006 (UTC)
- A atribución está a un só clic, basta con premer sobre a imaxe Source: Roosewelt Pinheiro/ABr. 29.Oct.2003. É un procedemento coñecido que na Wikipedia a información da licenza está na páxina de descrición da imaxe, neste caso non vexo que haxa que seguir máis enlaces. Non sei se estamos falando do mesmo, porque o caso que citas semella moi claro. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:33, 1 novembro 2006 (UTC)
- Segundo tenho entendido, a atribuição deve figurar no pé de foto da imagem seja qual for o seu destino. Quero dizer, se a foto aparece num artigo sobre Aznar, no pé de foto da fotografia (sem necessidade de qualquer clic) deveria figurar a fonte. Claro que nisto, como em todo, há interpretações (é o que têm as leis!). Volvendo ao caso particular, concordo em que se a fotografia oferece dúvidas, é melhor ter o artigo sem imagem. No caso concreto do desenho que eu carreguei, não se trata de manipulação de fotografias pré-existentes para burlar o copyright, mas de um desenho totalmente novo e inédito. Tampouco é que se possa variar muito mais, já que ao fazer o retrato de um rosto, todas as imagens acabam sendo muito semelhantes e 'standard' (tipo foto-carné). Saúde!--Gerardinho2000 13:24, 2 novembro 2006 (UTC)
- Entendo que nunha publicación debe facerse no pé de foto, no caso deste e dos outros wikis da Fundación Wikimedia esa información vai coa fotografía. De feito a imaxe ten a súa propia páxina que inclúe a información completa e a imaxe que se insire no artigo (por regra xeral unha miniatura) é unha referencia a esa páxina. Por outra banda, nas descargas da base de datos, dispoñibles nos servidores da Fundación Wikimedia, os textos e a imaxes forman parte de arquivos distintos. Non creo que haxa dúbidas en canto a atribución dos ficheiros gráficos na Wikipedia, posto que é unha preocupación constante de moitos colaboradores que a atribución se faga correctamente e se respecten as licenzas.
- Sobre a imaxe de Andrés do Barro e outras, dicir que a liña que se separa obra derivada de creación propia neste caso é moi tenue. Certo que os rasgos da persoa non han variar moito pero a vestimenta que ten na foto, o formato, o peiteado, a posición da cabeza,... resultan demasiado parecidas ás fotografías. En resumo, sabemos que hai moitas situacións que poden xerar múltiples dúbidas, tamén sabemos que pode semellar un "exceso de celo" pero o que se trata aquí é de crear contidos verdadeiramente libres dispoñibles para calquera, iso implica que temos que ser especialmente coidadosos co material multimedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:07, 2 novembro 2006 (UTC)
- :: É que no caso de Andrés do Barro é complicado, porque a sua vestimenta é tipicamente dos 80, e em todas as fotografias usa roupa similar (por essa razão, apenas figem um bosquejo dela). Por exemplo, no filme "En la red de mi canción" (uma das fontes que consultei), aparece com diferentes roupas, mas todas são do mesmo corte (o que chamo 'estilo Nino Bravo', hehe).
Não creio que seja excesso de zelo, nem muito menos (com tanto paranoico por aí querendo sabotar projectos como a Wikipédia por culpa dos direitos de autoria, é compreensível querer fiar fino para não meter-se em ensarilhados, e compreendo a tua opinião. Sobre a forma de atribuir as fotografias, tomarei nota, porque creio que nalguma das imagens que subim figem também a atribuição no pé da fotografia e não apenas na ligação da imagem. Obrigado pola explicação.--Gerardinho2000 18:16, 2 novembro 2006 (UTC)
vogais
editarQuixera aclarar varios detalles que me parecen que melloran o mecanismo de debate.
- Como aludido? Eu non mencionei para nada que comentase ideas precisamente por ser túas. Lmbuga tamén contribuíu con ideas sobre o tema. Eu debato as ideas como o que son e non en función da súa procedencia. Nin critico as ideas por ser túas, nin te critico a ti por ter esas ideas. Por sorte ou por desgraza, non nos coñecemos de facto, polo cal é bastante difícil que teña preconceptos sobre ti. Asumo que niso consiste o debate, aínda que se ti tes outra idea estou disposto a que a compartamos e analicemos.
- Do mesmo xeito, espero que as miñas ideas sexan analizadas coma tales, non polo que eu son, nin a miña traxectoria persoal previa nin futura. Se na miña páxina persoal reflicto algo da miña situación actual é porque pode ser interesante para a Galipedia coma proxecto (e se for útil persoalmente para alguén tamén, mellor), non para fardar, darme aires, para darme autoridade, para que se me prexulgue nin para que se utilice en contra das miñas ideas ou opinións (por suposto persoais) só por seren miñas. Loxicamente as opinións son persoais, pero a Galipedia debe estar composta de ideas verificables, non de suposicións.
- Sei que é difícil abstraerse dese tipo de xulgamentos preconceptuosos, porque somos humanos, e tanto ti coma min podemos caer nese erro. Se eu caer nese defecto, gustaríame que mo fixeses saber e ver, como eu (se mo permites) o farei contigo dentro de todo o respecto e corrección que merece un descoñecido.
- Sería interesante que os comentarios en concreto para un artigo se repitan alí pero sobre todo que remitan e restrinxan á súa páxina de discusión, para que:
- todo o mundo poida lelos e reflexionar sobre os mesmos, así todos poidamos aprender das ideas de todos, abrir o debate e logo ademais non ter que andar a repetir sempre as mesmas cousas que logo andan dispersas adiante por diferentes páxinas
- non pareza nin chegue a ser un debate persoal a dúas bandas, excluíndo ós demais, precisamente polo mesmo motivo e tamén para non esquecer que o debate debe estar aberto a todos
- Colgalo na discusión do artigo non impide dar avisos ós posibles interesados para que se decaten das novas contribucións ó tema, como ben vexo que fixeches, pero non nos dous sitios, porque non sei onde responder (e a fin de contas remata mareándome á hora de saber de que tema teño que falar). Irei xa que logo dende agora á páxina de discusión para ver máis comentarios sobre o tema, aínda que podes darme eses avisos porque son moi despistado e non podo revisar tódolos artigos nos que edito.
- Xa que o colgaches nos dous lados, pero polo que a min respecta mo comentas a título persoal pensándote aludido, respondereiche a título persoal, pero a próxima vez remitireime á páxina de discusión extractando (se non están alí) as ideas que expós para que todo o mundo teña a oportunidade de contrastalas: dubido que a segunda vogal, a tónica de kilõmetro sexa nasal na maioría do territorio galego, aínda que si o sexa no portugués brasileiro, porque obviamente para o galego non está en sílaba trabada por nasal. Xa teño feito investigación dialectolóxica en Sarria e Vilalba e non o escoitei en ningún contexto análogo. Aínda así, se o houber en galego, iso non é causa suficiente para consideralos coma fonemas distintos: poden simplemente ter unha distribución complementaria (coma o u nasal en portugués). E insisto outra vez no concepto de fonema. Outro caso concreto que me dá datos do particular foi o contacto directo que tiven coas as miñas compañeiras de piso durante anos: unha de Berrande e outra de Atrave, Vilardevós (claramente no bloque oriental e concretamente da zona sueste que mencionas) unha delas moza dun moi amigo meu e eles os dous compañeiros de estudos. En tres anos de convivencia aquí onde viviamos e alí de onde eran, nunca lle escoitei unha nasal coma fonema nin lembro que eles o comentasen porque me sorprendería e iso faríame lembralo. Posto que o mencionas agora, interésame falar con ela cando a volva ver para re-testear a súa consciencia metalingüística. Cando for e se me lembro de facelo (agora teño a memoria ocupada con varias cousas), xa cho comunicarei.
- Respecto ós a, que eu asumo que non se restrinxe só ó bloque central, non cuestiono o feito de que sexan fonemas distintos, senón que simplemente tampouco creo que iso se poida demostrar como no caso do portugués. Precisamente fun eu mesmo quen sacou o tema. Pero este é un debate interno que eu mesmo teño intelectualmente comigo mesmo. Iso de que non se estuda dentro dos fonemas canónicos creo que non é acertado, pois podo darche contraexemplos vivenciais (e se non lembro mal mesmo bibliográficos). E o de que un fenómeno sexa máis ou menos importante ca outro é cuestión doutro debate que non pretendo iniciar. Para min creo que a importancia dos trazos é relativa a todo o sistema fonolóxico, e para iso habería que analizar todo o sistema de vogais e aínda o consonántico.
- En todo caso, creo que debemos centrarnos no galego normativo e no galego común, amosando a distribución diatópica coma excepción. Por suposto que debe constar, pero non ser o foco central dun artigo con este título, porque por esa regra de tres podería chamar a atención por unha presenza das solucións metafónicas específicas da miña área dialectal (e outro as da súa), co cal o artigo debería ter outra denominación. --Sobreira (parlez) 22:30, 2 novembro 2006 (UTC)
Olá, Gerardinho!
editarTambém estou aqui na Galipédia! Faz algum tempo que não escrevo por cá (estive a ampliar a oc:wiki e também a wiki em Ido, que agora tem mais de 14 mil artigos), porém voltarei a contribuir em breve. Aqui, também contribuí com alguns textos sobre o Brasil (por exemplo, sobre a cidade de São Paulo, como podes ver no link). Pretendo iniciar textos sobre as economias dos países, incluindo tabelas com dados sobre o PIB, exportações, importações, etc.
Fico contente de poder fazer amigos aqui nas Wikipedias que buscam criar bons artigos em várias línguas, e também de poder usar a minha/nossa língua (o português) como "ponte" de comunicação, e não apenas o inglês. Pois, apesar de todos nós o sabermos, não é a nossa língua materna, e sempre se torna difícil construir a explicação de alguns conceitos numa língua que não é a nossa.
Um grande abraço, daqui da cidade de São Paulo, Joao Xavier 00:16, 4 novembro 2006 (UTC)
Hai un problema con esa imaxe. A licenza é incorrecta. A licenza {{PD}} non pode ter a condición expresada na páxina de orixe. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 01:41, 19 novembro 2006 (UTC)
Re: Solicito que se abra a possibilidade de edição do artigo 'castrapo'
editarA protección do artigo Castrapo é resultado dun ataque que sufriu a Galipedia desde proxies abertos de graves consecuencias (utilizando múltiples enderezos IP, nesa e noutras páxinas). O artigo existe baleiro para evitar que eses ataques se repitan, provoque que os esforzos dos colaboradores teñan que estar centrados nas liortas dun artigo e iso supoña un menoscabo do conxunto do wiki. O artigo está protexido indefinidamente, iso non significa que sexa para sempre. En canto as condicións do wiki o permitan será reconsiderada a protección. Como queira que da súa mensaxe se deduce que vostede foi o autor do outro comentario sobre o mesmo tema, pode confirmar que iso é así? Saúdos. --Moderador 15:41, 4 xaneiro 2007 (UTC)
- Respeito o seu posicionamento, mas na minha opinião há muitos outros artigos susceptíveis de serem 'atacados' (não vou dar ideias aos trölls, evidentemente) e não vi que fossem protegidos. Acho que um facto casual (acontecido muitos meses atrás) deva ser razão para proteger o artigo indefinidamente. Desconheço o limite da protecção, polo que pergunto se seria possível ao menos desbloquear os comentários para consensuarmos um conteúdo mínimo para o artigo (fica triste que apenas figure um '-') e voltar protegê-lo se o considerardes conveniente. Por outra parte, confirmo que o anterior comentário (que não leva o meu nome) solicitando a desprotecção não é da minha autoria (erro meu na redacção, deveria ter dito "igual que SE DIZ noutro comentário"). Saudações.--Gerardinho2000 21:52, 4 xaneiro 2007 (UTC)
- O motivo do bloqueo foi que esa páxina en concreto foi atacada reiteradas veces. Remato de cambiala protección para que os usuarios rexistrados xa poidan editar. Un cordial saúdo --Moderador 09:09, 20 xaneiro 2007 (UTC)
volta á Galipedia
editarOla, vexo que abandonache a Galipedia, entendo que seria por desacordo nalgunha politica (aínda que non revisei o teu historial para saber que ocorriu exactamente) Pregoche que volves, pois estamos a intentar (alguns) darlle un pulo democratico a este proxecto e necesitamos a todos para que boten unha man (niso e na edicion do dia a dia de artigos, no que vexo tiveches unha contribucion moi interesante). Veña, animate!.--Maañón 16:53, 19 setembro 2007 (UTC)