Conversa:Vogais da lingua galega

Último comentário: hai 10 anos de Farru ES no tópico Untitled

Untitled editar

Pergunta: o "a fechado" corresponde-se com o fonema 'a' "central velarizado"? Pergunto, porque este fonema existe em boa parte dos falantes do galego central e oriental. Por outra parte, creio que se deveriam acrescentar as vogais nasais, presentes no galego da Baixa Límia, da área tudense (creio) e do Berzo. --Gerardinho2000 10:19, 31 outubro 2006 (UTC)

  • Concordo con que se engadan, como sistemas dialectais, preferiblemente nun esquema á parte--Lmbuga Commons - Galipedia 18:53, 31 outubro 2006 (UTC)
    • Acho boa a solução, já que enquanto não mudar a perspectiva oficialista na Galiza, esses fonemas constituem traços dialectais. Por certo, que esqueci mencionar que ainda hoje muitos linguistas discutem na Galiza sobre se as vogais nasalizadas devem figurar ou não no triângulo vocálico (os galego-falantes, ao falarmos, volvemos nasais as vogais que acompanham as consoantes nasais, se bem não no mesmo grau que os vizinhos de ao sul do Minho :-D). Deixo-o apenas como comentário e se alguém puder acrescentar mais informação neste sentido (e mais precisa), pois avante :-D --Gerardinho2000 23:27, 31 outubro 2006 (UTC)

fonemas nasais no galego común? (e menos aínda do normativo)! demóstramo porque eu non estaría tan seguro editar

Perfecto. A nasalización é un fenómeno que se dá nas vogais cando están en sílabas trabadas por nasal ou están situadas entre consoantes nasais. Os exemplos respectivos disto serían "cãndo" e "mãñá" (escribo así para que se entenda). Pero isto implica que sexan fonemas? Dende a perspectiva da teoría da fonética-fonoloxía, isto simplemente son realizacións, non fonemas. Por iso eses [cãndo] e [mãñá] deberían ir entre parénteses cadradas (salvando tamén outros diacríticos e símbolos AFI que non me vou poñer a buscar como escribilos). Para aclarar iso hai que recorrer á definición (combinatoria) de fonema, é dicir: existe como mínimo unha parella de palabras onde dicir (por poñer un caso) "mañá" ou "mãñá" (é dicir, unha nasal e outra oral) implique que teñan diferente significado? Coido que non, e menos aínda no galego normativo (e coido que pretender o contrario sería negar a oralidade). Si existe nalgunhas variantes diatópicas (xeográfica, ou se se quere dialectal, aínda que fuxo deste termo como da "pestinha" como din no Brasil) cando se considera o galego dos Ancares, das Portelas e dalgún lugar máis que agora non lembro (qual Quijote). Isto non serve para considerármolo fonema. Porén, non debería constar coma fonema máis que nos subsistemas diatópicos comentados. E ademáis, isto é o que se ensina, estuda e tense coma asumido nas Facultades de Filoloxía Galega de Galiza e na normativa, que é quen manda. Outra cuestión moi diferente é se existen dous tipos de vogal central aberta (para entendernos, se hai 2 as), coma en português. Poderíase facer mención a unha crítica á consideración (ou norma) oficial se se formula cunha argumentación científica crítica suficientemente sólida, pero eu mesmo dubido da súa consistencia lóxica e etimo-lóxica (e teño tantos argumentos a favor coma en contra) como para facelo eu mesmo. Se alguén cre saber máis do asunto, gustaríame que mo comunicase persoalmente, que ademais hai outro fonema análogo que sería interesante resolver, pois a filoloxía galega anda revolucionada dende sempre por se considerar ou non un fonema que sería trazo distintivo só en tres (máis ben en só unha) palabras e derivados flexionados. --Sobreira (parlez) 01:53, 2 novembro 2006 (UTC)

    • Como aludido, respondo. Eu deixei bem claro que os fonemas nasais existem no galego tudense, no da Baixa Límia e nos Ancares (até aí, de acordo), com manifestações pontuais em concelhos como Meira, Pol, Sárria ou Triacastela (arcaísmo?), como por exemplo "cãmpo" ou "kilõmetro". E uma outra questão não menos importante é que em praticamente todo o galego central (sobretudo quanto mais ao sur-leste) há dous tipos de "a", um "a aberto" e um "a fechado", por muito que não se estude dentro do cânone culto. --Gerardinho2000 13:39, 2 novembro 2006 (UTC)
  • Temo que na miña anterior participación pequei algo por indiferencia. Propuxen que se incluísen como dialectais, nun esquema fonolóxico diferente, unhas vogais nasais das que nunca oín, coa convición de que tal cousa, pois non coñezo ningunha autoridade que afirme iso, xamais se faría e, que de facerse, non sería sostible cientificamente.

Para que algo así se publique nun artigo como o das vogais da Galipedia precisa unha mínima unamidade por parte dos estudosos. Faltan referencias. Sen referencias, non compensa polemizar. Quen inicia polémica a este nivel e deste xeito, sen referencias de autoridade, ó meu parecer, ou ben é unha autoridade, ou ben se cre unha autoridade, ou ben fai unha reflexión anecdótica. Ó meu parecer, repito, non compensa polemizar--Lmbuga Commons - Galipedia 02:24, 3 novembro 2006 (UTC)

Nom entendo o sistema vocálico átono. Nom som os "o" e "e" átonos semifechados? Vogais médias nom seriam em castelhano?

Si; cómpre ler a nota 3. --Farru ES (conversa) 2 de xullo de 2013 ás 09:22 (UTC)Responder

Vogais postónicas no galego editar

Ola! Procurando unha cousa na Wikipedia cheguei a esta páxina por casualidade e estiven a ler os puntos expostos. Despois lembreime de algo que lera hai un tempo nunha das ligazóns do dicionario en liña do ILG. Se vos puider servir de axuda/aclaración, etc, esta é a ligazón ao documento: http://ilg.usc.es/pronuncia/dicionario_fonetico_introducion.pdf

Nas páxinas 9-10 falan das vogais postónicas. Din que en teoría se poderían transcribir como [ɪ] (<e> postónico), [ɐ] (<a> postónico), e [ʊ] (<o> postónico), mais que por tradición non se acostuma a facer. Entendo que a fonoloxía e entoación do galego aínda é algo non demasiado estudado de xeito constrastivo, e que se cadra estivo demasiado influído pola filoloxía española, obviando un chisco a realidade da lingua.

Un saúdo

--Killerwhale 23 de abril de 2015 ás 21:49 (UTC)

Volver á páxina "Vogais da lingua galega".