Conversa usuario:Atobar/arquivo 5

Arquivo das conversas celebradas no primeiro semestre de 2011:

Artigos demandados editar

Ola, Atobar. Ti que andas metido en temas de contas e estatísticas, poderíasme dicir como podo saber cales son os artigos máis buscados polos lectores? Sería boa cousa ver de darlles un lavadiño de cara, pois imaxino que sería unha boa forma de fidelizar ó lector, proporcionándolle os servizos que demanda. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:41, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)

quintana editar

Por que me borras mi critica a la pagina sobre el "tan loado SR. (por llamarle algo" Anxo Quintana y Allariz....Si solo sabes lo que paso de oidas es mejor que no escribas nada...pq tu informacion esta sesgada y solo pones lo que te conviene. Por cierto este señor nunca llego a casarse con Cristina Cid,tampoco me importa, pero ya no es su pareja....Su actual pareja que no conozco es de vigo e hija de un naviero ($$$$$$$$$$$$$$$$$$) gran poder tiene don dinero...—o anterior comentario sen asinar foi feito por 217.124.245.61 (conversacontribucións)

C.D. Lugo editar

D Pois xa tiña pensado botarlle man un día destes, así que me porei canto antes (de tódolos xeitos non son moi futboleiro, pero teño algún vídeo e información do equipo :)). O malo é que non debe haber imaxes, pero co tempo todo se andará. Un saúdo! --Adorian (fálame) 21:24, 3 de xaneiro de 2011 (UTC)
Ok, grazas! Con respecto ao artigo, tiña unha pequena dúbida. Sabes se se pod usar (para adornar un chisco) o escudo da Ximnástica Lucense ou do Polvorín? Digoo porque ao ser sociedades desaparecidas non sei se as imaxes dos logotipos seguen tendo dereitos ou non. A verdade non teño nin idea deses temas. Co mesmo, de facerse un artigo sobre o himno, podense poñer algunhas liñas a xeito de mostra? Un saúdo e grazas.--Adorian (fálame) 23:17, 7 de febreiro de 2011 (UTC)

Ola Atobar! A falta de máis de ideas que non se me ocorren, penso que o artigo xa está acabado.--Adorian (fálame) 21:23, 20 de febreiro de 2011 (UTC)

O do portugués quiteino xa que Beijo non é unha voz semellante noutra lingua, é a mesma voz mudando o grafema X polo J. Parecíame unha redundancia. No tocante ao das fotos non entendo a túa explicación, simplemente coloqueinas pra darlle un formato máis "limpo", coas fotos ilustrando o que din os parágrafos.--Hugo22 00:53, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)

Apuntado para o botiño editar

Moi ben, anoto ese traballiño para a próxima tanda do bot. Saúdos e bó 2011!!, --Elisardojm (conversa) 13:11, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)

Onte comecei un pouco con este choio da ubicación e en varios sitios non me cadraba moito cambialo por localización, logo mirei no dicionario e pon que o correcto é situación. ¿Cal será mellor para a sustitución?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:45, 29 de xaneiro de 2011 (UTC)
E que me dis deste tema da substitución?, que será mellor poñer, localización ou situación?. Saúdos,--Elisardojm (conversa) 15:55, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)
Vale, tomo nota. O de substituir aínda non se me queda na cachola...:). Pois entón voulle dando que ademáis onte atopei unha función máis do bot, que se poden editar (dentro do seu propio entorno) as substitucións antes de que as grabe, co cal, as que vexa que non quedan ben podo cambialas xa no momento para que as as faga doutro xeito. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:14, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)
Xa está listo, penso que xa non debe quedar ningún ubic. Foi un bó cholliño, pero xa estamos listos para outra! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:17, 6 de febreiro de 2011 (UTC)

Borrar usuario editar

Ola Atobar, tratei de ver como era o funcionamento dos bots seguindo as instruccións que aparecían nesta páxina [1] mais non tiven moito exito. Podes borrar esta conta posto que non vou utilizala xa que teño o Usuario:AMPERIO que é a conta que uso habitualmente. Saúdos e desculpas polas molestias. --AMPERIO (conversa) 22:13, 6 e xaneiro de 2011 (UTC)

Vândalo editar

Olá, o intervalo de vandalismo do IP é 80.27.102.0/26. Bloqueio que deve impedi-los. Graças. Ajraddatz 01:32, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

Data de nacemento editar

Ola, borrei a data de nacemento porque non é correcta. Como verás, xa está corrixida tamén na vosa referencia, polo que agradecería non volverádes pór ese dato incorrecto. Grazas.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 98.122.176.132 (conversacontribucións)

Imaxes editar

Coido que non liches os comentarios que lle fixen. Existe algún outro xeito de verificar a autoría? Woden (eh ho?!) 11:42, 13 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • tes que cubrir isto na edición da imaxe (está todo ben explicadiño nos lugares aos que te remite Xoacas e na páxina de cargar ficheiro):
Descrición

Pon a descrición

Orixe

Especifica a orixe

Data

Pon a data

Autor

Pon o autor

Licenza
(Reuso deste ficheiro)

A licenza

Outras versións Outras versións

. Grazas. Pensei que a información indicada na guía era a consignada no formulario de envío.

Por outra banda, o feito de que a imaxe estea noutras webs e que alí non se indique licenza nin autor, complica o asunto. Unha maneira de solucionalo é, se tes acceso a esas webs, pedir que indiquen o autor, que es ti, ou, aínda mellor, pedir que lle coloquen á páxina unha licenza CC compatíbel coa wikipedia (esta), e a partir de aí xa non haberá ningún problema.

Grazas. Esa era precisamente a información que lle requerín un par de veces ao outro usuario e que non obtiven. Levarei a cabo ambas suxestións.

Respecto a parte dos teus comentarios sobre á miña actitude. Agradezo os comentarios de Xoacas mais non entendín por que razón seguiu a ameazar con borrar a imaxe sen aportar unha solución (como a que propoñes, por exemplo). Non vexo onde atopas que eu lle interpretara intención de amolar ou que me "cabrease", quizais non liches ben os comentarios ou interpretaches dun xeito moi subxectivo o termo "paranoia" (que facía referencia a un excesivo celo, ao meu xuízo, na dúbida da miña presunta autoría). Permíteme que che comente que son consciente da gratuidade do traballo feito aquí e que preferiría en futuras ocasións que te limitases (como Xoacas fixo) a falar do asunto en cuestión sen regalar consellos morais. Non son nada agradables. Sen acritude ;) Woden (eh ho?!) 12:46, 13 de xaneiro de 2011 (UTC)

Formato editar

Non sei a que te refires. Se é o dis por Acueduto de Lugo está referenciado en Historia de Lugo. Coñezo os formatos a seguir na Wikipedia, a que te refires exactamente? Woden (eh ho?!)

  • Nin tan pouco como ti cres. Coñezo as necesidades de referenciar tales afirmacións e agradézoche que sinales que cómpre referencialas. :Respecto a Mosteiro de San Pedro de Rocas. En efecto, é preciso referencialas e era algo que tiña pensado facer logo de, por suposto, redactar de entre varias fontes de información (das cales ningunha referenciaba tales afirmacións) un artigo tan necesario baixo o meu punto de vista coma o do primeiro mosterio de Galiza.
O mesmo pódese aplicar ao acueduto de Lugo.
En referencia a Historia de Lugo quizais podas percibir que é un artigo en redación sobre que estou buscando moita información. É o meu desexo crear un artigo digno da Galipedia que reflexe a grande e, por desgraza descoñecida, historia de Lugo. Entendo que terá moitas carencias ata que o teña rematado (si é que se pode falar de "rematado" nunha wikipedia) pero podes estar seguro que referencialo e ligalo a outros artigos da Galipedia forma parte das miñas sicoses.

Agradezo a túa revisión sobre o meu traballo (é evidente que coñeces moito mellor ca min as regras da Wikipedia) pero coido que quizais poderías empregar mellor o teu tempo noutras tarefas que precisa a Galipedia: coñezo parte das necesidades da mesma (levo algún tempo rescatando artigos orfos e levo creadas varias ducias de artigos dos que toda Wikipedia debería ter) e non teño, desde logo, ningún interese en introducir na Wikipedia información non verificable.

Aproveito para agradecerche o traballo que levas a cabo na Galipedia. Coido que quizais empezamos con mal pé por mor dun malentendido sobre unha imaxe, pero pídoche que afrouxes un pouco esa férrea vixiancia que non beneficiará en nada á Galipedia porque sei como debe quedar rematado o traballo e cales son os requerimentos que, obviamente, un traballo en curso non pode cumplir. Pídoche que confíes en que Historia de Lugo e outros quedarán debidamente referenciados pero entende que iso é un traballo que leva algún tempo.

Agradezo de novo as revisións sobre o meu traballo e pídoche por último (que xa está ben de pedir) unha actitude máis comprensiva co meu traballo. Non somos moitos nesta Galipedia e coido que o beneficio dela é o beneficio de tódolos falantes. Téndoche a man por se ma queres estreitar ;) Woden (eh ho?!)

Certo! Non me lembraba ;) Coido que o usara no de Valuros. Grazas. (eh ho?!)

hola editar

RE: moitas grazas a ti tamén para o seu benvida --X4v13r3- 00:15, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)

Armada invencible editar

Hola Atobar, vexo que cambiches servicio por servizo no artigo Armada Invencible nun texto escrito en castelán antigo, preguntome se se escribia asi pois ese testo traducino eu diretamente e igñoro se esa era a forma correta pois de ser asi haberia que cambialo tamen na wiki en castelán. un saudo--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 15:14, 17 de xaneiro de 2011 (UTC)

Estatística editar

Ola, Atobar. Non sei moi ben qué me pides. :) Un saúdo. --Xabier Cid Talk, please 15:34, 17 de xaneiro de 2011 (UTC)

Rock and roll editar

Non hai moita información ao respecto, pero procurarei facer algo. Colócoo na miña lista de tarefas aínda que supoño que me levará un tempiño. Un saúdo. --Beninho 13:05, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

Problem about Bot edits editar

Hello Atobar, thanks for contacting me about problems. Per this, I would like to know the exact problem of my bot in this Wikipedia. Also please provide diffs. Thank you in advance. Cheerio! — Tanvir • 13:22, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

Arquivo Tetractis1.jpg editar

Por que revirtes de novo o arquivo Tetractis1.jpg se lle puxen as licenzas.--Tetractismonelos 18:54, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

Gráfica do día 15 editar

 
¿Que pasou o 23 de novembro do 2007?.

Boas, mirando na webe das estatísticas consultei a historia completa das edicións e parece ser que xa houbo 3 días que se superaron as 5.000 edicións... (e isto tendo en conta que a gráfica comeza o 30 de abril do 2007, non ten datos de antes...) Por outra banda é moi curioso o do día 23 de novembro do 2007..., ¿de ónde saen esas 25.500 edicións???!!!! :D. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:55, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

Si, supoño que tes razón porque son picos moi illados e si non houbo ningún acontecemento organizado dentro da Galipedia entón deberon ser bots. Pois para a próxima cae seguro, casi o pasamos a medio gas, si nos poñemos en serio cae coma nada, e visto o visto o verdadeiro reto serán as 10.000 edicións! ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:19, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)
Que estaba de coña! :D. Eu apúntome ó que digades, xa o sabes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:01, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Entroido e antroido editar

Boas, estou revisando o artigo entroido e aparece nalgúns lados a palabra antroido. Busquei antroido no Volga e no dicionario en liña do Rag (porteime mal este ano e os reises non me trouxeron o dicionario ;), pero vou pedilo para o meu cumple! :) e non aparece. ¿É aceptable esa forma ou hai que cambiala?. Graciñas, --Elisardojm (conversa) 13:33, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Esquece isto que xa está aclarado no artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:35, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)
  • Oh... Grazas por dar unha editada no artigo MidpX. =D FlipsHack 21:18, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Referencias editar

Grazas! Daquela priorizarei as referencias dese tipo de afirmacións. Por certo, non din atopado un modelo coma o de {{cita libro}} para publicacións periódicas. Existe? --Woden (eh ho?!) 13:50, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

Axuda con certos artigos editar

Hej, Sobre os artigos que me dis que aparecen como artigo solicitados, a verdade é que non están moito no meu campo. Prefería editar sobre calor e esas cousas e despois se me animo botareille unha ollada aos que me dis. vi ses --Toulousain 00:20, 22 de xaneiro de 2011 (UTC)

Este>leste? editar

Boas, outra cuestión de ortografía. É aceptable a forma este como punto cardinal ou só é normativo usar leste?. É que si non apúntoo na lista de erros a revisar que non está e hai un porrón de páxinas a revisar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:50, 24 de xaneiro de 2011 (UTC)

Xa o mirei no Gran Xerais, pon que o normativo é leste (hoxe viéronme os reises!! ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:17, 26 de xaneiro de 2011 (UTC)

Mapa de artigos editar

Boas!. De casualidade total acabo de atopar esta ferramenta que non sei si servirá para algo ou si só será un xoguete. Resulta que fai un mapa das ligazóns que ten un artigo e permite seguir buceando polos mapas desas ligazóns, e así ata percorrer o mapa de toda a Galipedia. Cando menos é curioso, quédache para que xogues un pouco :) e por si lle podes atopar algunha utilidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:33, 25 de xaneiro de 2011 (UTC)

vandalismo desde esta ip editar

Teño aquí unha mensaxe de aviso de bloqueo por vandalismo desde esta ip e sospeitas que é un centro educativo: acertaches. Non sei cales foron os vandalismos concretos pero tamén eu traballo ás veces desde ela nalgún momento morto e se me bloqueas aquí non poderei facelo. Saúdos. --Servando2 (Dime) 08:12, 26 de xaneiro de 2011 (UTC)

Non che sei dicir cal é o número da ip en cuestión. Eu traballo desde casa, nesta IP da que che estou a escribir, e, ás veces desde o instituto, que é o sitio onde vin a mensaxe. Supoño que alguén desde alí montou algún vandalismo, pero non sei quen. O conto é que non me interesaría que se bloquease para poder seguir choiando algo desde alí. Se precisas saber cal é exactamente, pódocho dicir mañán se queres. Un saúdo. --Servando2 (Dime) 14:22, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Thank you for your welcome, Atobar. Cordialement. --Thierry 09:48, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)

Alfredo Pirucha editar

Non vexo onde está o problema? Para que seguir a limitar a galipedia? Isto non consite en medrar —o anterior comentario sen asinar foi feito por Artebruta (conversacontribucións)

Esa información está contrastada nas ligazóns que están no propio artigo. Escritas por persoas alleas ao pintor. A miña relación con el é simplemente de admiración. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Artebruta (conversacontribucións)

Thanks for the welcome/ Gracias por la bienvenida --Micki 12:57, 5 de febreiro de 2011 (UTC)

Jorge Mira físico español editar

Hola Atobar miro que quitaches a categoría de Físcos de España no artigo de Jorge Mira e eu me pregunto e que este perxonase non ten dereito a estar en dita categoría ainda que estea na dos cientificos galegos? Un saudo--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 19:24, 5 de febreiro de 2011 (UTC)

Ovellas editar

Marchaba el rebaño en masa compacta, a la cabeza la oveja cencerra y a su lado la oveja birana, haciendo sonar su esquila en medio de la confusión de balidos

  • A primeira ovella cencerra semella estar claro: ten que se-la que en galego se di ovella mestra ou capitana que, co seu chocallo, chama e dirixe o rabaño. Outras formas son ovella guía, Anduriña (VGH:057), corredora (VGH:227), capitana (VGH:179), caporal (GAL:181)(XER:159) (VGH:179) ou ladra (VGH:417) [VGH é o Glosario de voces galegas de hoxe; GAL: dic. de Galaxia; XER: dic. Xerais).
  • A segunda éme descoñecida. Non teño nas miñas bases de datos nada sobre ovellas biranas/viranas, non a vexo no DdD e nin aparece nos dicionarios históricos da RAE nin no CORGA. Nin con b nin con v. Botando a pace-la imaxinación lémbrame ás virillas ou vrillas dos animais, ese prego de pel que marca a unión das extremidades posteriores co tronco e que cobre parcialmente o ubre ou os xenitais masculinos. Mesmo temos recollido co nome de virillas unha peza de carne dos becerros quitada da última costela (que marca a parte dianteira dese triángulo entre o corpo e a pata traseira). A esa altura está o prepucio e pode supoñerse que de aí o seu nome, porque virillas vén de virilia', é dicir, da zona da virilidade do becerro. Pero isto son só suposicións. Seique nos rabaños de ovellas vai a ovella mestra e, por veces, un macho ó que lle poñen unha especie de delantal: este macho detecta as ovellas en celo pero non as pode cubrir -polo delantal- e indica ó pastor qué ovellas debe cubrir co seu semental bo. Pero este segundo animal é un macho, non unha ovella birana e tal función nunca a pode desempeñar unha femia. Non che podo axudar máis.

Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:54, 7 de febreiro de 2011 (UTC)

  • Unha ovella descarriada non iría, por definición, na cabeza do rabaño. Atopei esta expresión aquí: Said, "i shall go and find the duc and lorsque j'abandonne aux morsures mon buste, timide et pictures ofshort layered bobs libertine, et fragile et robuste vain, and hour after. False oath is not dishonorable oppose the presentation of the extinguished, shone. Threatening pictures ofshort layered bobs her brebis birane, faisant tinter leur clarine has a primitive air, pero nin ideo do que di. Pásalle a pregunta a Elvire, que é a nosa experta en francés. Pedro --Lameiro (conversa) 19:39, 7 de febreiro de 2011 (UTC)

Ip 85.91.87.244 editar

Atobar, deixei unha mensaxe no Taboleiro dos administradores que penso que che interesa. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 08:48, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Dúbidas no artigo hórreo galego editar

Boas!. Mira, voteille un vistazo ó artigo hórreo galego e amañei algúns detalles pero atopei dúas palabras das que teño dúbidas, a ver o que me dis ti. Unha é tornaaugas, non ven no dicionario nin no Volga aínda que si están tornaratos, tornaventos, etc, e por iso non estou seguro 100% de que sexa correcta. A outra é tixeiras, en principio, debería ser tesouras, pero non sei si neste caso, si é unha peza específica dun hórreo que ten ese nome, supoño que sería correcto pero teño a dúbida. Nesta animación da EGU usa tesoira tamén... ¿Que me dis de todo isto?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15:36, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Entón, ¿cambio esas dúas palabras?. Saúdos, --Elisardojm (non sei que pasa que non me sae a barra de ferramentas, hoxe a wiki anda en probas...)

Persoeiros editar

Ola, Atobar. Antes de que sigas suprimindo a sección de persoeiros de sona dos artigos dos concellos, mira a conversa que tivemos Elisardo e máis eu onte á noite: resulta que o modelo de concellos non está definido, e aínda que na súa páxina de conversa (que si existe) parece que non hai moita oposición a eliminar esta sección, non hai nada decidido firmemente. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:20, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Sobre a categoría de nados en paréceme ben que exista, pero entón, ¿cómo se accede a ela dende o artigo do concello?. Si non se artella algunha forma, e se especifica no modelo de concello, esa categoría e a información que contén quedará un pouco orfa e os artigos de concellos sin unha información adicional. Digo eu... Saúdos, --Elisardojm
E que tal poñer un enlace á categoría nados en na sección de véxase tamén?. E só nos casos nos que exista, claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:57, 8 de febreiro de 2011 (UTC)
Esta proposta de Elisardojm paréceme oportunísima e eficaz. Lémbrame á ligazón ás imaxes de Commons (que algún día habería que pensar para as imaxes da Galipedia). Pedro --Lameiro (conversa) 22:07, 8 de febreiro de 2011 (UTC)
A min tamén paréceme que facilitaría moito a consulta ós lectores inexpertos, que son a meirande parte. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:46, 8 de febreiro de 2011 (UTC)
De todos modos o lugar para ter esta discusión é a páxina de conversa do modelo de concello. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:48, 8 de febreiro de 2011 (UTC)
Coma -case- sempre, tes razón. Pásao con catro votos a favor (Elisardojm, Atobar, ti e mais eu) e ningunha pega, por agora. Pedro --Lameiro (conversa) 22:50, 8 de febreiro de 2011 (UTC)
Eu tiña un par de cuestións máis a tratar na conversa dese modelo, cando teñades un momento votádelle un vistazo e contádeme o que vos parecen. Perdoa Atobar por usar a túa conversa como taberna... ;).Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:17, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Pasei estas conversas á páxina de conversa do modelo, seguimos alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:43, 9 de febreiro de 2011 (UTC)

Proxecto Galicia editar

Moitas grazas, teño moito que aprender. Un saudo! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Frush1 (conversacontribucións)

"Deporte Galego" ou "Deporte en Galicia" editar

Hola Atobar. Estáballe dando voltas a un posible artigo, pero antes de facer nada quero saber a opinión dalguén que leve mais tempo na Wiki. Fixen un par de modelos: Modelo:Fútbol en Galicia e Modelo:Rugby en Galicia, e tamén quero facer o mesmo co baloncesto, balonmán, etc, coa maior parte dos deportes que se practican en Galicia. A idea era facer un artigo chamado Deporte Galego ou Deporte en Galicia no que xuntar todos os modelos, cunha función de índice xeral para calquera procura. A dirección dese artigo iría en todos os artigos que teñan relación, na parte de "Outros Artigos". ¿Iso é correcto ou opinas que para iso xa están as categorías?. Un saudo. JonnyJonny 20:36, 10 de febreiro de 2011 (UTC)

zona eróxena editar

Ola, Atobar. Vou ver que fago con Zona eróxena, pero prefiro non traducir o que ti me indicas da en:wp, paréceme mellorable. Se o dou mellorado eu ou non está por ver, claro. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:25, 11 de febreiro de 2011 (UTC)

Usuarios novos editar

Ola, Atobar. Teño a sensación de que ultimamente está habendo moitas incorporacións de usuarios novos, máis que nunca. E tamén de que o número de usuarios activos aumentou dende non hai moito. Ti que controlas máis que ninguén destas cousas de estatística e demais, tes datos que confirmen as miñas sospeitas, ou trátase só dunha impresión miña? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:05, 12 de febreiro de 2011 (UTC)

Deseño intelixente editar

Ola Etobar. Por fin fixen o que puiden. Metín a tesoura onde foi posíbel, acortei ao mínimo a introdución, suprimín numerosas referencias, arranxei algunhas que estabal mal, tarducín outras, acortei a bibliografía, suprimín a sección véxase tamén, e conseguin reducir (non demasiado, é verdade) até 137 kb o texto. Considero que, pola miña parte, xa non podo facer máis nada. Se outros wikipedistas poden, fagan o favor de mellorar o artigo. Grazas a todos pola vosa paciencia. --Xoio (fálame) 21:18, 12 de febreiro de 2011 (UTC)

Masturbación editar

Ola, Atobar. A ver que opinión che merece un comentario que deixei en Conversa:Masturbación. Convén aclaralo para que eu poida seguir editando. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:31, 14 de febreiro de 2011 (UTC)

Pablo Alborán editar

¿Por qué no puedo enlazar [[El Mundo|elmundo.es]], etc? No alcanzo a entenderlo. ¿Aquí en esta wikipedia sois especiales? Saludos desde Vigo. 81.32.247.254 13:07, 15 de febreiro de 2011 (UTC)

CAN DE PALLEIRO editar

Atobar,

Gracias polos teus comentarios. Non tiña ningunha intención de crear un conlicto e recoñezo o meu erro no procedimento tés toda a razón. Ainda así, non estou totalmente dacordo co procedimento do usuario Xoacas, ainda que digas que é un usuario experiementado, porque fixo un plaxio dun texto e non fixo referencia axeitada á obtención do mesmo roubada da páxina do medio rural, e colgou unhas fotos sen estar debidamente documentado sobre o tema, creando confusión. En calqueira caso suxiro que se manteña a paxina tal e como propón o usuario Lameiras no última modificación, sen fotografías ata que se resolva o conlicto por unha persoa neutral. Eu son o propietario das seguintes fotos que son de libre uso e se axeitan ó estandard desta raza. adxunto : http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Candepalleiro.JPG http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Cachorrospalleiro.JPG?uselang=es

Novamente desculpas, e deixo nas túas mans a resolución do conflicto.

risonsinho

Artigo da portada editar

Son vacas, pero que os números desa reseña teñan separacións con comas é algo moi inadecuado, lembra a idea de estar de acordo coa globalización —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.60.77.80 (conversacontribucións) 18:40, 18 de febreiro de 2011

RE: Formato editar

Grazas, Atobar!, --Lucien leGrey 17:24, 20 de febreiro de 2011 (UTC)

Zona eróxena editar

Rematado (por agora). Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:19, 1 de marzo de 2011 (UTC)

Contesto a Atobar editar

Chámome Ruht Otero, doutora en Filoloxía da USC, e estou facendo unha antoloxía poética de Xavier Rodríguez Barrio e consultando estes días nas fichas de AELG, BVG e GALIPEDIA, detectei que estaba moi incompleta a devandita ficha do autor, por ese motivo engadín (que non correxín) algúns datos bio-bibliográficos importantes que non aparecían na ficha de Rodríguez Barrio. Un cordial saúdo Atobar!!. Ruht. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.96.254.147 (conversacontribucións)

lexislación antitabaco editar

Boas Alejandro. De poder ser, preferiría que cambiaras a imaxe na portada do artigo sbre a lexislación antitabaco por outra máis expresiva: Ficheiro:Cigarette smoke.jpg ou, preferiblemente: Ficheiro:Fumando espero 01-02.JPG. Parécenme máis expresivas. Outra cousa: Se cambias a frase do final: "En España, o nacemento da lexislación contra o tabaco data de finais da década dos setenta." para o encabezamento da entradilla, o usuario ten máis fácil acceder ó artigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:53, 3 de marzo de 2011 (UTC)

  • As dúas fotos que digo están no propio artigo, pero máis adiante. Non son cousas novas. Pedro --Lameiro (conversa) 22:56, 3 de marzo de 2011 (UTC)

In fraganti / in flagranti delicto editar

Ola, Atobar. Que opinas de In fraganti / in flagranti delicto? Non sei que facer con el. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:56, 3 de marzo de 2011 (UTC)

Atobar, olla esta mensaxe que deixei na Taberna. Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 20:28, 4 de marzo de 2011 (UTC)

Hello, I noticed that you blocked my bot for repeating interwiki link on Enric Miralles article. But this not the bot's fault anyway. Other bots did the same. That's because someone pushed wrong interwiki links on any of the linked article. Can be that itwiki article. See the page history of tha page. You see, other bots are also did the same. This happen sometimes, because articles are open to edit, and if someone added a bad interwiki the bot will follow. The best way to get rid of it is, use {{nobots}} in suffered articles, and remove that after it get fixed. Thanks for your understanding. I'm requesting the unblock. — Tanvir • 05:06, 10 de marzo de 2011 (UTC)

Thank you. :) — Tanvir • 16:36, 10 de marzo de 2011 (UTC)

autoblock@toolserver editar

Today you have blocked WikitanvirBot including the autoblock feature. Because WikitanvirBot is running on the toolserver, you have blocked all scripts from willow.toolserver.org.

Could you please add 91.198.174.192/27 to MediaWiki:Autoblock whitelist. This will prevent autoblocks on toolserver hosts. So you do not have to take care of this in future. Thx. Merlissimo 22:56, 10 de marzo de 2011 (UTC)

  Feito! Creei a páxina copiando o texto que hai na Wikipedia en inglés (para estar seguro de non errar en nada). Entre os enderezos IP xa estaba o que che citaba Merlissimo na mensaxe anterior. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:41, 11 de marzo de 2011 (UTC)

xouba e parrocha editar

¿Por que borraches a redirección de xouba e parrocha cara sardiña? Aínda que ó pé da letra non son sinónimos estritos, xa que serian sardiñas pequenas, creo que a redirección era correcta. Pedro --Lameiro (conversa) 17:57, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Ola, Atobar. As edicións vandálicas do nacho este vinas antes de que fosen borradas. A miña dúbida é se hai algún problema en converter a redirección de parrocha en páxina de homónimos que remita por unha banda a sardiña e por outra a vulva. Parece que o tema levantou polémica. Un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xoacas (conversacontribucións)

Touché. Polo que vexo, no Xerais ven. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:53, 11 de marzo de 2011 (UTC)

RE:Reto editar

Síntoo meu, ultimamente teño moi pouco tempo, o xusto para axudar con algún problema coas categorías de astronomía ou/e o seus artigos, a ver se nun par de meses podo retoma-la Galipedia como nos meus mellores tempos .... --Xabier Cancela (fálame 00:22, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Re:Formato editar

Graciñas polo aviso, xa teño ese formato na cachola pero coas presas...:) Terei máis tino para que os demáis vaian ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:05, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Tamén teño que fixarme no formato do cabezallo, deume conflito de edición en John Ruskin, que o saibas :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:36, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Un favorciño editar

Creo que es administrador, facíame falla renomear esta categoría Categoría:Cosmódromo e engadirlle un s, que se me debeu esquecer, debería ser Categoría:Cosmódromos.--Xabier Cancela (fálame 01:52, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Graciñas, xa está feito.--Xabier Cancela (fálame 02:07, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Botando contas editar

Polo que estou vendo xa pasamos dos cen. A cousa non pinta mal. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 03:05, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Que di o noso técnico en estatística? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:58, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Outra perghuntiña: contabilízanse as redireccións novas ou as categorías creadas? Ou só os artigos? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:12, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Pois non che sei, porque botando contas ó estilo lameirense a min sáenme 56. De todos modos creo que non chegamos ós 500. Outra vez será. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:40, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Dominios editar

Estou traballando para e aumentar información, pero de todos modos grazas pola aviso. --PO78 | Conversa 13:43, 12 de marzo de 2011 (UTC)

formato editar

Creo que non é a primeira vez que me corrixes esta cuestión de formato das referencias, graciñas por facelo, recoñezo que é unha das miñas eivas neste choio: sei que existe un formato predefinido e sempre me propoño buscalo e aprendelo, pero nunca o fago. Tras a preceptiva penitencia prometo corrixirme e non volver pecar, que xa cheira. Saúdos e a darlle duro. --Servando2 (Dime) 15:36, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Patricia Ferreira editar

Ola. Farei o que dis. Personalmente dame vergoña que na Galipedia teñan páxina xente coma Zac Efron, Orlando Bloom ou outros actores cuxo maior mérito foi o de saír nunha serie de televisión para adolescentes e que pola contra actores de primeiro nivel coma Paul Newman ou Daniel Day-Lewis non existan. É algo que por petición doutra usuaria da Galipedia se está intentando solucionar, con modestas aportacións e pouco a pouco.

O que sí quero dicir é que non me gusta a idea de que non se utilice un modelo estándar para este tipo de páxinas, coma se fai noutras wikipedias. Ademáis creo que habería que tomar algunhas decisións con respeto a determinadas cousas, creo que sería máis fácil á hora de seguir creando páxinas. Somos novos e non sabemos que pasos temos que seguir para facer estas propostas. Grazas.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Uxío Castelo (conversacontribucións)

Resposta ao teu comentario (Davisuke) editar

Qué é iso de interwikis? ao das ligazóns internas refíreste ao de por "[[]]"?

Moitas grazas polos fallos que me correxiches. Para o próximo artigo intentarei mellorar :) —o anterior comentario sen asinar foi feito por Davisuke (conversacontribucións)

Dúbidas técnicas editar

Non encontro o xeito de mover un artigo (a verdade é que non controlo moito da wikipedia) Quería mover o artigo de Rublo a Rublo ruso, xa que o termo Rublo fai referencia a varias moedas de distintos países e etapas históricas e por eso penso que é un grave erro o feito de poñer na entrada rublo o rublo ruso. Sería mellor, na miña opinión, facer unha entrada máis xenérica para o rublo na que se incluíran entradas aos distintos tipos desta moeda: o soviético, o de Trasnistria, o bielorruso... Non sei que pensas. Se me podes explicar cómo movelo agradeceríacho, máis que nada porque se o moves ti en futuras ocasións me encontrarei no mesmo problema. Grazas, Piquito(conversa)

Borrar rublo ruso editar

Boas, acabo de escribirte para mover o rublo a rublo ruso, o problema é que a páxina rublo ruso xa existe aínda que non ten contido (úincamente o marcador de lixo). Non sei canto tempo vai tardar en eliminarse esta páxina e ao non ser administrador non a podo borrar inmediatamente. Se podes borrala para mover a outra cando podas agradeceríacho. Moitas grazas, Piquito(conversa)

Galería cogomelos editar

Ok, non gai problema, mirarei e crearei a galería de imaxes de cogomelosSaúdosOrxeira 12:33, 15 de marzo de 2011 (UTC)

Galería cogomelos editar

Si, certo, xa a vin. Meterei ali máis fotos. GraciasOrxeira 12:40, 15 de marzo de 2011 (UTC)

Lycoperdom edición editar

http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lycoperdon_Perlatum&diff=next&oldid=1867479 Creo que xa o pillei, gracias de novo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Orxeira (conversacontribucións)

Marcador orfo: estromatólito editar

Ola. Moitas grazas, Atobar, pola instrución para as ligazóns. Cando vin que no letreiro "orfo" falaba delas, recordei que en Orixe da vida falara dos estromatólitos, así que fun alí e puxen nunha das seccións (onde se falaba deles) e puxen un "véxase tamén". Agora, ao recibir a túa mensaxe, fun á "Caixa de ferramentas" (que non sabía para que servía) e vin que efectivamente, a única ligazón era con Orixe da vida. O que non sei é se teño que facer tamén a ligazón en estromatólito para a O. d. v. E... xa ía contestar na miña páxina de conversa e non na túa. Son un caso irrecuperábel, creo. Moitas grazas pola información, e por berrarme tan pouco polo da sinatura. --Xoio (fálame) 23:43, 18 de marzo de 2011 (UTC)

Como acabo de editar o artigo Cyanobacteria (que, por certo, estaba inzado de lusismos e ninguén lle chamou á atención ao resposábel, non como a min, que non se me adnmiten termos que non están no VOLG, pero que si están) fixen, porque pensei que era oportuno, unha ligazón a Estromatólito. Así que agora, xa ten dúas. --Xoio (fálame) 00:12, 19 de marzo de 2011 (UTC)

Grazas editar

Grazas pola recepción.Miguels 08:37, 23 de marzo de 2011 (UTC)

Atobar, Comproba que está a crear unha Wikipedia paralela á oficial. O que pensa facer? Creo que está a crear só coa intención de promover doutrinas e propaganda. Cumprimento. É esta: Wikipédia:Projetos/Galizaplus Miguels 09:08, 23 de marzo de 2011 (UTC)

Miguels fala dun proxecto da wikipedia portuguesa--. HombreDHojalata.conversa 13:59, 23 de marzo de 2011 (UTC)

Díaz-Fierros editar

Ola Atobar. Grazas polas túas, coma sempre, amábeis indicacións. Reducín, no que puiden, a lista de publicacións. Non sei se será suficiente pero artigos só quedan dous (un deles, o seu discurso na Real Academia Galega no día da súa recepción como académico numerario que, máis que un artigo, é un ensaio berve. Grazas, coma sempre. --Xoio (fálame) 18:06, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Artigos en uso editar

Ola de novo. Os artigos nos que puxen o marcador en uso é que estou a traballar neles. Pero son un algo complicados, sobre todo Ciencia, que é un dos primeiros que editei e estaba orfo de citas, porque o fixen baseado unicamente nos meus apuntamentos das miñas clases e, coma non son universitario (seica os profesores de ensino secundario non o somos), non tiven a precuación, no seu día, de anotar as fontes empregadas (cousa que si fixen noutro dos primeiros, a Xeración espontánea). O de Historia da ciencia penso que é máis doado, e tardará menos. Con todo, ambos os dous estarán despachados moito antes de un mes.

Como ando a alixeirar outras seccións de Ciencia, remitindo para outros atigos que aínda non sei se están na Galipedia, pouco a pouco irei, caso de non estar, redactando (e, se están, revisando). Pero, como di a cantiga, non podo atender a todo (ao mesmo tempo). Así que con calma rematando estes artigos de ciencia, filosofía da ciencia e ciencia e sociedade.

Por outra parte, e para non abrir outra coneversa, verei de revisar eses últimos artogos que me dis. Grazas por todo. --Xoio (fálame) 18:22, 29 de marzo de 2011 (UTC)

contido e relevancia: mínimo editar

Entendo que a relevancia dun artigo é un concepto un tanto subxetivo, pero posiblemente en algún sitio poida ler sobre o tema. Hai algún tipo de información a sobre cal é o contido mínimo e a relevancia mínima dun artigo?. Onde se vexa se é máis ou menos relevante para ter entrada propia, etc. Grazas de antemán --Acandals 15:56, 30 de marzo de 2011 (UTC)acandals

Moitas grazas editar

Moitas grazas pola axuda, un saúdo! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Cordal (conversacontribucións)

Restoring of pages editar

I see no real reasons to delete the following pages: Charlotte's Web (filme de 1973), The Fox and the Hound, and The Fox and the Hound 2. I think if there were any problems they can be fixed. Spider Pig 23:15, 30 de marzo de 2011 (UTC)

I think though, look in the histories and see if any are worth restoring and fixing. And Charlotte's Web should be redone from sratch if you ask me. Thanks. Spider Pig 23:22, 30 de marzo de 2011 (UTC)

I wanted to help out from the vandalism, and for the articles just see if at least one version is valid and restore that. Because I know I saw Xoacas edit Charlotte's Web (filme de 1973) for corrections before it was deleted. So restore that please, maybe not today but whenever you want to. Also, I knew my newer edit to Charlotte's Web 2: Wilbur's Great Adventure would either get reverted or edited, but it was actually more acurate. I knew Wikilingue is automatic, but it's better than what Google writes, which is why I think Google got dauthers (sp?) and sisters confused. On one last note, you should see that en:User:Bovineboy2008 is not the same user who vandalized The Lion King, only moved it back. Spider Pig 23:35, 30 de marzo de 2011 (UTC)

Situación dos datos: actividades principais e ocasionais editar

Gustaríame engadir información ó artigo Xosé Manuel Beiras Torrado pero non sei cal é o lugar máis axeitado para facelo posto que aínda que quero engadir unha obra, non é orixinalmente súa, é a tradución da obra O tempo dun Salaio de Anne Philipe. E a tradución non é a actividade principal desta persoa. Podes axudarme? Grazas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Acandals (conversacontribucións)

Intimidade en Wikipedia editar

Busquei a información pero non a atopei por ningures. Sabes se existe o dereito a non aparecer na Wikipedia? Non me refiro tanto a aspectos conflictivos, senón información sinxela e vanal peo que por algún motivo alguén non lle guste que dita información apareza na Wikipedia. Pode solicitar a súa eliminación ou que non se escriba sobre a súa persoa? Grazas! --Acandals 15:56, 1 de abril de 2011 (UTC)Acandals

Como facer ligazóns editar

Vin que neste artigo engadiches información de Anne Philipe. O que non entendo é cómo fixeches porque no artigo vexo que engadiches un total de 14 palabras, pero cando vou a editar so hai 1 palabra dentro dentro dunhos simboliños.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Acandals (conversacontribucións)

Dúbida editar

Ola, Alejandro. É probablemente unha chorrada, pero non entendo a edición que fixeches en Lingüista. Parece que substituíches un contido que había por unha redirección, pero que non fusionaches os historiais. Pode ser? Do que estou seguro é de que non fusionaches as páxinas de conversa... Apertas. --Xabier Cid Talk, please 01:32, 2 de abril de 2011 (UTC)

Creo que tedes moita, moita razón co que fixestes. Con todo, discrepo lixeirísimamente —e só de maneira deportiva— co xeito de facelo. Creo que había dúas opcións mellores: a) eliminar o artigo Lingüistas (explicando as causas) e despois crealo de novo como redirección; ou b) fusionalos (incluídos historiais) e despois borrar a parte correspondente á listaxe. Dígoo porque aínda que o resultado é o mesmo —e non debato para nada a túa decisión, que me parece correctísima— así queda tamén constancia da historia dese artigo, das edicións que fixo a xente, de por que as fixo, e demais; dende o principio que a wikipedia non é só o resultado que hai hoxe, senón o traballo que nos levou ao que é hoxe. :) Parabéns polo traballo, en calquera caso. --Xabier Cid Talk, please 09:39, 3 de abril de 2011 (UTC)

Río Corgo ou Río do Corvo editar

Boas Atobar. ¿Poderíasme dar a túa opinión sobre isto que lle escribín a Lmbuga?. Graciñas. JonnyJonny 10:55, 3 de abril de 2011 (UTC)

Nova discrepancia editar

Ola, Alejandro, :) Temo que teño unha nova discrepancia cunha edición túa. :) Neste caso, creo que o resultado das túas edicións non está sendo demasiado obxectivo/neutral. Dunha banda, non estou moi de acordo coa creación do artigo sobre o tenente de alcalde de Palma, porque creo que non ten relevancia. Doutra, no artigo de Jaume Matas indicas unha serie longa de delitos e non inclúes que foi, por exemplo, ministro de Medio ambiente de España. O resultado podería parecerlle a calquera que vise isto dende fóra que as edicións teñen como obxectivo destacar os vínculos do PP coa corrupción. E eu diría que neste caso a muller do César, ademais de ser honesta —do que non me queda ningunha dúbida— ten tamén que parecelo. Dáme a túa opinión, porfis. --Xabier Cid Talk, please 00:32, 5 de abril de 2011 (UTC)

Desculpa se me adiantei. :) :) Sorry.  :) Paréceme correcto o que dis. --Xabier Cid Talk, please 00:43, 5 de abril de 2011 (UTC)

Literatura en éuscaro editar

  • Ola, Alejandro. Revisei a lingua do artigo literatura en éuscaro, tamén engadín algunha imaxe, mais só iso porque son descoñecedor da literatura nesta lingua prerromana (e por esa razón non me metín nos contidos). O artigo parece tradución (polo menos parcial) do artigo en castelán, mellor tería sido que fose creado sen partir doutras wikis, mais o certo é que o resultado final é bastante correcto. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 18:50, 5 de abril de 2011 (UTC)

Quixote editar

Ufff. Gustaríame volvelo a ler. Pero ata xuño non vai ser, iso seguro. :(--Xabier Cid Talk, please 12:46, 6 de abril de 2011 (UTC)

Karl Popper editar

Ola. Moitas grazas por arranxar o de K. Popper. Un saúdo. --Xoio (fálame) 15:53, 7 de abril de 2011 (UTC)

Detalle no libro de estilo editar

Boas rapás, mira unha cousa, resulta que un par de veces vin que engadías as ligazóns de Commons e outras semellantes na sección de Véxase tamén pero antes do apartado de Ligazóns externas. Como eu estas ligazóns sempre as poñía coa orde que pon o Libro de estilo, sempre as poñia na sección de Ligazóns externas, pero se a norma usual é facelo desa outra forma..., ¿que tal si engadimos iso ó apartado de Notas e Véxase tamén do Libro de estilo?. Entendo que habería que poñer aí as ligazóns ós outros proxectos de Wikipedia como Commons, Galifontes, Galicionario, etc, ¿non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:16, 8 de abril de 2011 (UTC)

¿Que tal [[2]]?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:55, 8 de abril de 2011 (UTC)

Máis dúbidas editar

Boas Atobar, teño unha dúbida (como xa é habitual), estou tentando mellorar e ampliar os artigos relacionados coa música académica (mal chamada clásica). Vin que comezaches a edición do artigo do dodecafonismo (un dos que comecei a ampliar co obxectivo de que algún día chegue a ser de calidade porque coido que é o suficientemente importante na historia da música como para que o sexa), o caso é que no historial do mesmo vin que incluíches un comentario no que me dicías que quitabas o marcador de en progreso, a dúbida é: como fas para engadir os comentarios nas edicións? O motivo é que estou a revisar o artigo de música clásica (artigo por certo con carencias impostantes) e hai un apartado que obxectivamente non debería ir (máis ben non pode), que é o de cronoloxía dos compositores de música clásica do século XX, o caso é que o quero eliminar, mais explicando os motivos, xa que de non facelo penso que podería molestar ao usuario que o engadiu (seguramente por un descoñecemento propiciado polo mal uso e o abuso do termo música clásica, que debería ser remprazado por música culta ou académica -no artigo de música renacentista tamén se emprega erróneamente na intro). Realmente o modelo da cronoloxía está ben e se poda incluír nun futuro artigo de música do século XX que pensaba comezar a editar no futuro (se alguén o comeza antes perfecto), mais neste contexto non pode estar (Cage non ten nada que ver con Berg nin con Kachaturian por exemplo, son estilos radicalmente distintos que só teñen explicación no contexto do século XX, ademáis non teñen nada que ver con Beethoven, Mozart ou Haydn). Bueno, eses son os motivos que quería incluír no historial, perdoa pola liada de contido. Grazas, un saúdo Piquito(conversa)

Grazas pola información Atobar, xa están os motivos expostos na páxina de conversa. Sobre as achegas da wiki inglesa, polo momento non vou traducir nada, teño bibliografía suficiente para non ter que traducir nun principio (fixen moitas traduccións por non ter eu fontes, mais téndoas prefiro que os artigos sexan orixinais), mais non descarto engadir elementos da wiki inglesa (ou doutras), sexan de texto ou de imaxes. Se ti ou algún outro usuario vai traducindo, mellor que mellor. Penso que o artigo pode dar moitísimo máis de si, mesmo no caso da wiki inglesa, podéndose engadir ligazóns a outros artigos como a ópera clásica (por poñer un exemplo). Piquito(conversa)

Grazas editar

Moitas gracias. Es ti o creador do artigo ?—o anterior comentario sen asinar foi feito por LadyPuppet (conversacontribucións)

Edición dubidosa editar

Boas rapás!. Mira, cando teñas un momento, ¿poderías revisar esta edición?. Eu penso que según as políticas non é cento por cento correcta, pero como non estou seguro prefiro que a revises ti antes de meter a zoca. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:51, 16 de abril de 2011 (UTC)

Poeta, masculino; poetisa, feminino editar

Insisto, apoiado no VOLGa e no DRAG; o Gran Xerais define poeta como 'persoa que compón poesías' e poetisa como 'muller que compón poesías'. Na nosa páxina sobre erros ortográficos (Wikipedia:Erros de ortografía e desviacións) damos como erróneo poeta (f) e recomendamos poetisa (f), incluíndo o seguinte exemplo de uso Alberti foi un poeta; Rosalía de Castro foi unha poetisa. Se queremos ser coherentes, Xela Arias é unha poetisa. ¿Ou non? Pedro --Lameiro (conversa) 22:10, 16 de abril de 2011 (UTC)

  • Vale, vale, como queiras. Sigo crendo que o uso de poeta para os dous xéneros é un erro que só se apoia na vontade de diferenciación co castelán. Un "modernismo" artificial. Sálvate que estou moi canso para discutir :) Pedro --Lameiro (conversa) 22:38, 16 de abril de 2011 (UTC)

Hilary Duff editar

Moitísimas grazas, Atobar. A verdade é que non teño nin idea de cómo utilizar a wikipedia como editor, é o primeiro artigo que fago, así que agradézoche moitísimo a túa axuda :) Espero habelo escrito no lugar correspondente haha. Un saúdo, Backtobedlam16 22:04, 20 de abril de 2011 (UTC)Backtobedlam16

Montseny editar

Moitas grazas Atobar! Son novo na galipedia. Os teus comentarios melloraron moito o artigo. Pouquiño a pouco ;-) agardo ir facendo mellor as cousas. Deica a seguinte! --Almaffi 14:54, 23 de abril de 2011 (UTC)

Foto de Lois editar

Teño a autoría da foto de Lois, é do arquivo familiar. Quixen poñela como dominio público, pero non dei. Se o podes facer ti, encantado. Xosé Manuel Pereiro. —o anterior comentario sen asinar foi feito por SHs (conversacontribucións)

Engadinlle ó ficheiro unha caixa de información para imaxes cos datos que atopei e avisei ó usuario para que revise e complete, especialmente co nome ou alcume do autor da fotografía--. HombreDHojalata.conversa 20:29, 26 de abril de 2011 (UTC)

a páxina de Lois editar

Creo que espertou un monstro (polo menos un monstro que fedella aquí por non fedellas no que debería fedellar). Con respecto ao que figura como causa da morte, o certo é que cando Lois faleceu tiña sida, pero a causa final, insuficiencia hepática, foi un cúmulo de doenzas, e a causa oficial, segundo sentencia da Audiencia de Lugo (logo dun preito para que o Estado pagase o enterro) foi a colza. sHs

Ola, Atobar. Lamentablemente, os datos sobre a morte de Lois Pereiro que ofrece o seu irmán non se poden incorporar ó artigo que fala del. Trátase neste caso dunha fonte primaria, non verificable. De feito nin sequera é verificable a identidade do usuario SHs. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:14, 26 de abril de 2011 (UTC)

Podémolo deixar quedar un tempo prudencial, tendo en conta que está en imprenta material que vai servir para revisar e ampliar o artigo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:41, 26 de abril de 2011 (UTC)

Euskarazko Wikipedia editar

Zure azken mezuan idatzi didazun ezer ez dut ulertzen (interesik ere ez dut), ez dakit galizieraz. Gehitzeko gelditzen zaidan gauza bakarra galizierazko Wikipedia honetako lankide-ohi batek euskarazko Wikipedian aipatutako esaldi hau da (56. mezua):
No entiendo nada de lo que me has escrito en tu ultimo mensaje (ni me interesa), no se gallego. Lo unico que tengo que añadir es esta frase mencionada en la Wikipedia en euskara de otro gallego ex-usuario de esta Wikipedia en gallego (mensaje 56):

Perfecto el cambio y perfecto tu gallego!, Eskerrikasko!. Saludos desde la wikipedia portuguesa a la wiki euskaldun (no trabajo en la gallega, la wiki gallega está tomada por una serie de administradores nombrados a dedo la mayoría, y que boicotean y expulsan a todo aquel que les lleve la contraria .. bueno paro para no aburrir, enfin que saludos desde la wiki portuguesa).--Maañón 21:29, 16 Iraila 2009 (UTC)

Ulertu nahi duenak, ulertu beza. Goraintziak 87.000 arikulutik :D
A buen entendedor, pocas palabras bastan. Un saludiño desde el articulo numero 87.000 :D

Euskalduna 20:54, 28 de abril de 2011 (UTC)

Graciñas editar

Grazas polos amaños da crónica do xornal, arre demo que non pensaba que ía sair tanta borralla porque mira que o revisei veces :). O que non acabo de pillar é o de quitarlle o til a ó proxecto e ó invasor, non se pode usar neses casos a o?. Xa vin outras veces ese cambio e non teño nin idea de ónde sae, podes dicirme cando hai que poñelo así?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:43, 1 de maio de 2011 (UTC)

Graciñas pola aclaración, o que pasa é que mirar si se usa o complemento ou non vai ser un cholliño. E non haberá algún truco para saber de forma doada si hai que poñerlle til ou non?. É que a min o CD escápaseme polas bandas que da gusto velo... ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:19, 3 de maio de 2011 (UTC)
Grazas pola axuda, tentarei andar con máis tino ó poñer as tiles pero terei que repasar iso cando teña un momento. E tamén grazas polo aviso a JonnyJonny, a ver si se lle pode amañar o das contas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:20, 4 de maio de 2011 (UTC)

Airas Bispo editar

Lo siento si éste no es el lugar adecuado para ponerlo, pero no sé manejar estas páginas. Yo soy la madre de Airas Bispo y me gustaría poder modificar su lugar de nacimiento, ya que yo mejor que nadie sé donde nació: en Santiago de Compostela, inscrito en el registro de Santiago, siendo su padre y yo ciudadanos censados en el Ayuntamiento de Santiago y estando él censado en dicho ayuntamiento durante toda su vida (13 años).

También indicar que Airas no nació el día 24 de Julio, sinó el 23 ( a las 20:30 horas, pero el 23)

Por favor, voy a volver a modificarlo. Si queréis que los datos sean correctos dejado los que yo pongo, sinó ésto no tiene sentido —o anterior comentario sen asinar foi feito por Galleguiña (conversacontribucións)

Airas Bispo vive en Santiago de Compostela, con sus padres. NO vive en La Ramallosa, ni en otra parroquia de Teo. En Teo sus padres tienen una casa, pero no es su lugar de residencia. Airas no es de Teo, por mucho que se empecine el Correo Gallego, parece mentira que se dé preferencia y se crean los datos de un periódico antes de los que escribe el propio interesado, que quien mejor que él mismo (o en este caso sus padres) saben donde nació o donde viven.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Galleguiña (conversacontribucións)

Ola, Atobar. Descoñezo se Jenaro de la Fuente pai tiña ou non algún parentesco coa nobreza. O que si che podo dicir é que non era galego, senón de Valladolid, establecéndose en Vigo cara a 1874, cidade onde ficaría a vivir xa para sempre (aquí tes unha referencia disto). Non sei se este dato da súa orixe castelá pode supór unha modificación á hora de estimar a conveniencia dese y. Polo a que min respecta non teño maior interese en que permaneza ou desapareza, alén da maior coherencia posible. Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 14:35, 2 de maio de 2011 (UTC)

De acordo, prescindimos do y, entón. Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 21:29, 2 de maio de 2011 (UTC)

Usuario estrano editar

Boas, penso que habería que revisar o estado do Rugbya15 porque parece que é o mesmo que o do usuario JonnyJonny, ¿non?... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:18, 4 de maio de 2011 (UTC)

Así é. A primeira que tiven era a de Rugbya15, sin moita idea, xa que era o nome da conta en castelán, pero eu quería que a conta en galego se chamase JonnyJonny, e fixen unha redirección, de xeito que cando comezo unha sesión na Wikipedia en castelán e paso á Galipedia, paso como Rugbya15 sin decatarme. ¿Hai xeito de borrar Rugbya15 en galego sin afectar a JonnyJonny en galego e Rugbya15 en castelán?. Non teño ningún problema en borrala, xa que non é mais que unha redirección da mesma conta, e podes estar certo de que non teño ningunha mala intención. Se me dis cómo facelo xa o fago agora mesmo. Un saúdo. JonnyJonny 10:37, 4 de maio de 2011 (UTC)

Grazas editar

Graciñas, Atobar, esquecera asinar. Un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 18:41, 6 de maio de 2011 (UTC)

Marcel Proust editar

Boas Atobar
Si che parece util, irei a paxina de conversa do artigo. Pero gustame mais falar con ti primeiro. Non entendo porque desficheches as ediciòns do usuario EmilioBF. Todo o que di é mui normal para un lector francés que coñece un pouco Proust. Si faltarànn fontes, e tamén necesidade de amañar o galego, pero penso que desfacer ediciòns tan evidentes pode o usuario sentirse atacado. Por outra banda, non entendo tampouca porque andas mudando "biografia" por "traxectoria". Penso que xa se falou hai tempo. Fas iso tantas veces que acabei por pensar que era un xiro propio da lingua galega. Ando perquisando e non vexo rasgo desa posibilidade. Teño bastantes problemas de conexion internet e non podo levar a cabo polo de momento unha conversa coa comunidade. Si non che parece mal, propoñoche un compromiso, en espera de conversa coa comunidade :

  • nos casos co primeiro editor puxo "biografia", retiro a tùa "traxectoria" (para min en moitos casos - non todos - resulta como un traballo inedito na Galipedia), e por suposto deixo os outros cambios e mellorias que fixeches. É verdade que fas un traballo de gran calidade e que por demais mui benefico para a Galipedia como administrador.

Podes estar seguro ca discordancia que temos co da biografía é un punto que levo cavilando moito e que me gustaria que se falase un dia coa comunidade, e podes estar tan seguro que esta discordancia non teen nada que ver, en absoluto coa confianza e o aprecio que teño para ti.
A lerte por si acetas o compromiso provisional e saùdos mui sinxelos Atobar --Elvira (conversa comigo) 23:19, 7 de maio de 2011 (UTC)


Ola, Atobar, non teño nada que perdoarte, nun tiven dubida ningnha sobre o tempo que contestaches, e non teño dubida ningunha sobre a tùa boa fé. Eu teño bastantes problemas desde case un ano coas connexions, e por demaìs dende que pensei que todo iba ben, como non é o caso, perdo ediciòns que me deron traballo. Eso é a vida, non é drama.
Agora son eu a pedirche perdon por tres cousiñas:
  1. Teño Marcel Proust na miña lista de vixilancia, e cando pasei por ela fixen un control "minimo" é ollei ùnicamente a edicion que desficheches (na Galipedia fago moitos controless minimos, mentras que na francesa, como teño a posibilidade de marcar ca edicion esta controlada, eso dame unha responsabilidade fronte aos comapañeiros que aforran traballo cando xa esta feito, por eso na francesa fago poucos controls, pero cando os fago, collo o tempo necesario para averigualo e poder marcar ca edicion estivo controlada, e si non estou segura deixoa sen marcala).
  2. Nas horas que seguiron dinme conta de meu engano sobre as tùas edicions en Proust, pero foi como si a miña intencion de comentarcho no na levara a cabo porque :
  3. O que eu tiño muitas ganas de comentarche, dende fai tempo e biografis/traxectoria. Doume perfectamente conta ca querer andar de presa, deixeiche unha mensaxe que resulta ser unha parbada. Xa de nomear a mensaxe "Proust" etc etc
  • Agora o importante, biografis/traxectoria é decir o que quedou na miña menta en espera dunha contesta tùa :
  • Ti disme "Falarmos de traxectoria é unha forma válida e que axuda a unificar o formato dos artigos, algo sobre o cal nesta wiki facemos fincapé para lle darmos ese plus de calidade, posto que en termos de cantidade non podemos competir. Biografía tería o problema de que soamente valería para persoeiros e hai partes que non poderían entrar nela, ou non tan doadamente. En síntese, é moi útil unificar biografía, vida, vida e obra, traxectoria laboral, profesional, carreira etc. no título traxectoria, e xa dentro desta dividir novamente en partes, atendendo á cronoloxía, ámbitos, proxectos ou ao que sexa máis acaído para cada artigo. Con todo e iso, traxectoria tampouco non sempre vale. De feito, mira que moitos artigos levan un apartado historia, ou historia e características. En fin, que non lle vexo o problema, pero está claro que o podemos falar e discutir tranquilamente na taberna para ver se damos definido un formato oficial, como xa fixemos cos cabezallos e coas subseccións dentro dos véxase tamén ou os apartados notas.
  • Notei en negriña os temas que penso son os de discutir coa comunidada. Polo momento, non teño o tempo de estruturar con fontes que xa non sei donde atopalas (tamén perdin ordenadoras con datos). Estaras dacordo quese debata ter que razoarse con fontes e non con oponions.
  • Estiven moitos meses sen poderme conectar na casa e puiden perder algunha conversa sobre o tema. Pero o que é seguro é que comparto a cen por cen no que dis si cando ti dis biografia dirias traxectoria e cando ti dis traxectoria dirias biografia. Pensamos o contrario para chegar a misma meta.
  • Eu empezei a notar, xa fai tempo, que andabas a trocar biografia por traxectoria sen engadir nada de particular en artigos nos que traballei un pouco e que fun a editora de nomear asi a secciòn. Extrañoume e anduven perquisando un pouco : vin que fazias esas mudanzas para moitos artigos. Dende que volvin vexo coutros usuarios tamén poñen traxectoria a todo rumbo cando crean artigos. Sememellame como unha moda.
  • Eu o ùnico que che pido como compromiso provisorio, antes do debate da comunidade, é que respetemas unha regra que se pratica noutras casos : sen razòn xustificada, deixase a palabra que puxo o promeiro que editou, e deixasmes trocar traxectoria por biogafia cando un editor graboune antes de ti. Estado ben entendido que non vou pòr biografia cando a tua traxectoria mellorou, ou acompañase dun traballo suficiente de ti, e aindida que non me conveña (por opinion) deixo a tùa traxectoria.
  • Cando podas contestar tranquilamente sò che pido si acetas o compromiso provisional. Non hai problema si non acetas, xa que para ti eso non é un problema. Tranquilo, quedo calada hasta que me sinta lista para o debate comunotario ( e avisareite o primeiro) e non fazo ningunha mudanza. Os artigos onde eu xa puxera biografia, non nos toco, pero si me meto nun novo e que poño biografia, pidoche por favor que non me retires a palabra. Sin problema para nosa colaboraciòn, somos os dous usuarios sinceros, de boa fé e honrados, pensòo como cho escribo. Saùdos Atobar--Elvira (conversa comigo) 23:01, 12 de maio de 2011 (UTC)

Ciencia medieval editar

Ola Alejandro. Eu tamén prefiro A ciencia medieval en Europa (pensándoo mellor, sen artigo, e quizáis cun engadido: Ciencia medieval na Europa cristiá; no caso do artigo, porque así se ve mellor cando se busca "ciencia", e no do adxectivo engadido, porque tamén houbo ciencia medieval europea no mundo musulmán). De todos os xeitos, verías que lle engadín un apéndice (sen donominalo así, por se as normas da Galipedia), incluíndo as principais achegas musulmás, chinesas e indias (con bibliografía incluída). E falando de normas: non sei como puideron pasar anos sen que ninguén emendase a morfoloxía e sintaxe portuguesa que tiña o artigo até que, por casualidade, din con el.

Canto ao do título, vós diredes. Un saúdo, Luís ----Usuario:Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 15:38, 12 de maio de 2011 (UTC)

Escurantismo editar

De acordo, Atobar. Un saúdo. ----Usuario:Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 23:34, 13 de maio de 2011 (UTC)

Falseamento editar

Grazas, Alexandre. Neste momento estou trasladando todo o feito en "Falsabilidade" para Falseamento. É que hai multiplicidade de denominacións. Agora vou xantar e, esta tarde, espero rematar o artigo (que conviría repasaren filósofos e epistemólogos). Un cordial saúdo. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 12:14, 18 de maio de 2011 (UTC)

De novo na wikipedia pero cunha nova conta editar

Ola Atobar. Non son ningún experto pero NON son novo na wikipedia, xa que fixen moitas páxinas da célula (a metade do cadro orgánulos entre {{}} polo menos) co nome de Miguelferig. Pero agora non podo usar ese nome porque me entrou nos meus IP un tal Yaoming e Toliño tivo que bloquearme os IP, polo que tiven que crear unha nova conta e usar o PC de casa (os outros eran os do meu instituto nas horas que tiña libres e do meu portátil). Eu creo que non fixen nada mal para que me sucedese iso, polo menos sendo consciente.

Espero que con esta nova conta non volva a suceder o mesmo, porque me entretén moito facer páxinas da célula, que é un tema que me gusta, e que espero sexa útil á xente. De todos modos a maioría das páxinas que fago son traducións, así que non teño tanto mérito, aínda que moitas veces teño que remodelalas moito porque non me gusta a súa estrutura, ou engado capítulos doutras wikipedias (o mellor de cada unha) ou capítulos ou parágrafos feitos por min con algunha referencia nova. En fin, espero que ese Yaoming esta vez se manteña lonxe. Miguelfernandez1 18:58, 20 de maio de 2011 (UTC)

Re:Título En>gl editar

Entendo, havia feito a tradução pelo google e fiquei com essa dúvida. Caso tenha notado pus no artigo a versão inglesa mas no caso da galega traduzi duas vezes (uma na mesma versão e a segunda, já a partir da tradução em português) e ainda assim continuei com esse problema. Como estava em uma lan house e com pouquíssimo tempo disponível não havia como procurar alguém para corrigir. Agradeço pela atenção. MarceloRenard2 18:16, 21 de maio de 2011 (UTC)

Homónimos editar

Moitas grazas teño que darte, unha vez máis, Atobar, polo moito que me axudas. Efectivamente ando, entre outras cousas, cos homónimos, asunto derivado do "principal", que azulear as palabras que aparecen aínda en vermello no artigo principal (AP) para min, que é Ciencia (e tamén Orixe da vida, Evolución. Historia da ciencia, Método científico e algún outro). O problema que tiven para non seguir as normas da Galipedia, é que, como é obvio, non tiña "modelo" para estes termos que non aparecen, e por iso tiven que recorrer quer á Wikipedia en castelán, quer á Wikipédia en portugués. E polo que respecta ao Galizionario... poucos están. Por exemplo, feito, sí, pero práctica, outro que fixen esta tarde, non; por outra parte, as definicións do Galizionario, cando has hai, son algo "esacasas" (agás as que fago ou refago eu, he, he, he). Outro problema que hai que solucionar é que, ao non dicir practicamente nada de cada homónimo, hai que facer os artigos correspondentes a cada uno dos termos. Como ves, todos quedaron en vermello. Eu comprométome a facer o de Feito (ciencia)|feito. A ver se outros fan os de filosofía, dereito ou os dos apóstolos.

Noutra orde de cousas. Estou pensando en limitar ao mínimo a sección: Historia da ciencia, en Ciencia (e quizais tamén meter bastante a tesoira na de Método científico), porque quero que quede un artigo chulo, e tamén porque quero deixar de ter no meu haber o artigo máis longo da Galipedia. Non quero ser o primeiro en nada. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 18:40, 25 de maio de 2011 (UTC)

  • Desculpa, Práctica non é unha páxina de homónimos. Regra, si, e xa vin que a arranxaras tamén. Grazas. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 18:47, 25 de maio de 2011 (UTC)

Unha vez máis (e as que che quedan), grazas pola túa axuda. E dwesculpa o tempo que che fago perder. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 17:19, 27 de maio de 2011 (UTC)

  • Si, Atobar, podes ter razón no dos sinónimos, sobre todo no de asemblea. Gusto de poñer sinónimos porque, debido a que practicamente non existe a sinonimia perfecta e ás veces cadran mellor unhas palabras que outras (dependendo do contexto), prefiro que as persoas vexan a riqueza lingüística e escollan a palabra máis apropiada. Mais, existindo unha páxina de sinónimos, ten sentido deixar a dos erros para as acepcións máis habituais. O do Guadiana non lle hai que facer, é algo de meu, pero seguiremos rexurdindo (aínda que sexa aos poucos). Saúde. --Xoán Carlos Fraga 22:39, 31 de maio de 2011 (UTC)

Actitude editar

Galicia no es una nacion Celta. Puedes verlo en cualquier Wikipedia o en la pagina web de la Celtic League. La pagina de discusion esta para discutir sobre el articulo. ¿Tienes algun tipo de problema por ello? -Chouziño 13:36, 1 de xuño de 2011 (UTC)

Coido que estaría ben termos un artigo, aínda que sexa mínimo, sobre Severiano Ballesteros. Encárgaste ti? Para estes artigos curtos es un as. Saúdos e grazas! --Toliño Fala aquí comigo 15:44, 2 de xuño de 2011 (UTC)

Notas e referencias editar

Boas, preguntoume unha cousa Furado sobre poñer referencias a notas e non teño nin idea se iso pode facerse aquí ou cómo habería que poñelo. ¿Ti saberás o que se debe facer?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:19, 3 de xuño de 2011 (UTC)

Moitas grazas por atopar un xeito de facelo. A verdade é que non era iso exactamente o que quería, pois a idea era introducir na nota referencias tipo:
Núñez Rodríguez, M. (1999). Muerte coronada: el mito de los reyes en la Catedral compostelana. Universidad de Santiago de Compostela. pp. 10, 24 y 40. ISBN 8481217522.
non ligazóns, pois as ligazóns as leva o vento... ;), mentras que as referencias permanecen, e ademáis quería engadir 3 referencias por cada data en conflicto (xa engadín as outras utilizando unha variante da túa idea), pero si non temos outro xeito de facelo, aínda que perdemos unha valiosa información das referencias, a forma que indicas penso que pode valer.
De tódolos xeitos, penso que estaría ben pensar un remedio para situacións como esta, porque neste caso hai ligazons para cada unha das referencias da nota, pero podería darse o caso de que tiveramos que poñer una referencia nunha nota e esa referencia non tivera ligazón externa, e entón non poderiamos engadila. Grazas de novo, e un cordial saúdo, Furado 20:35, 4 de xuño de 2011 (UTC)
Moitas grazas pola axuda! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:04, 4 de xuño de 2011 (UTC)

Estilo editar

Que estilo máis bonito, non? Só faz que a frase inicial estexa confusa e se perda nos detalles que non son esenciais. A parte do nacemento e da morte debe estar separada do corpo da primeira frase. Asin é feito en todas as grandes wikipedias (coa excepción da francesa). Enfín, é unha particularidade que a Galipedia non necesita. Dantadd 22:46, 4 de xuño de 2011 (UTC)

Traducido de editar

Ola Atobar! Entendo a necesidade do cadro resumo, eu mesmo facía tales anotacións hai moitos anos, na Wikipedia lusófona. Porén, creo ser máis práctico empregar un modelo como aquel existente na Wikipedia en castelá, de onde trouxo o modelo "traducido de" (ver na páxina de conversa de Georg Holtzendorff). Falta só que alguén cree a descrición de uso. Pero fico feliz de ver que vós da Galipedia deron seguimento ao metamodelo de avisos, algo que eu empecei aquí en 2008 ... - Al Lemos 01:38, 5 de xuño de 2011 (UTC)

modelos libros editar

Ola, meu! De momento non me vou animar co modelo de libros; Dinlle duro á triloxía d' I nostri antenatti, pero non vou seguir con Calvino, e ten moitísima obra; poñer todos os libros nun modelo sería excesivo, e non sabería cales son os máis importantes. De todas formas, desde os artigos dos libros que fixen hai ligazóns directas aos outros volumes da novela, o cal axuda á navegación. Porén, se te animas a facelo, sería fantabuloso.
Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:25, 7 de xuño de 2011 (UTC)

Leucoplasto editar

Ola, Alejandro; a ver se podes ti revisar que fose efectivamente esa edición, e non outra, a que chegou ao número 2M. :) Non estou 100% seguro e ti controlas máis diso. --Xabier Cid Talk 2 me, please 17:59, 7 de xuño de 2011 (UTC)

Pois dinlle a mirar a lista de últimos cambios... móstrame os últimos 1.250. Ou os que sexan agora. --Xabier Cid Talk 2 me, please 18:19, 7 de xuño de 2011 (UTC)

Camiseta editar

Boas. Nada quería preguntarche se virás por aquí no verán para darche a camiseta porque o teu país quédame un pouco lonxe :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:34, 8 de xuño de 2011 (UTC)

Pois moi ben, non sei se viches que Xabier Cid tamén vai estar aquí en setembro así que poderíamos facer unha boa xuntanza para esas datas... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:16, 8 de xuño de 2011 (UTC)

Cirurxía, cirurxián, etc. editar

Moitas grazas polas túas palabras. Anímanme moito. Agora xa está, tamén Historia da cirurxía, algo longo pero o tema meréceo. Agardo as túas sempre oportunas correccións e suxestións. (E a ver se me podes centrar a figura "Cirurxiáns do século XIX", que eu non fun quen de facelo (en cambio, a dos "Barbeiros na arte renacentista", si; o que son as cousas). Saúdos cordiais. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 22:40, 8 de xuño de 2011 (UTC)

RE: Táboa editar

Moitas grazas! A ver se podo facer algo semellante para o Taboleiro dos administradores. Sobre o de news e novas... por probas que non quede. --Toliño Fala aquí comigo 11:24, 9 de xuño de 2011 (UTC)

  • Definitivamente, vou pedir axuda en Commons para facer a tradución da imaxe. --Toliño Fala aquí comigo 12:40, 9 de xuño de 2011 (UTC)

RAG de Belas Artes editar

Grazas polas supresións. Hoxe mesmo ía a "retitar" os tratamentos tipo Excma. Sra., Ilmo. Sr. que xa me din de conta que na Galipedia non se usan. E tamén retirar a lista dos membros (seguindo o modelo da RAG). Quen quera saber os membros pode consultar a web da Academia, onde aparecen (con ligazóns ás biografías dalgúns). Coma sempre, moi atinado.

Outra cousa máis: qué rapidez en revisar e corrixir, na madrugada, o artigo Historia da cirurxía! Como o rematei tarde, mandeino se ler (e precisaba una rervisión antes, pero tiña xa présa por poñlo en circulación). Que che pareceu o artigo? Agora ando na redacción de Historia da enfermaría (ou en enfermería) e, para iso, terei que "podar" a sección correspondente en Enfermaría, como houbo que facer en Historia da ciencia. Por certo, Ciencia, quedou ben así? (quitando o de "científicos galegos", que non sei ben que facer con eles). Cando as "altas instancias" lle darán o visto e prace?

Un dato anecdótico: na Galipedia, SÍ hai algunas "listaxes". O outro día vin unha, pero tiña présa e non a copiei. O malo é que agora non recordo onde foi (ando coma un saltón, de aquí para alá). Un saúdo. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 17:27, 9 de xuño de 2011 (UTC)

Historia da enfermaría editar

Moitas grazas, unha vez máis, polas túas axudas e explicacións. O artigo quedou agora moi ben, pola túa culpa e mais pola de HombredeHojalata. Hoxe permitinme facer un arranxiño para mellorar o aspecto visual, que tamén conta á hora de ler o atigo. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 13:41, 16 de xuño de 2011 (UTC)

Moitas grazas pola túa proposta (xa sabes de que). Non é a miña intención lograr iso, pero os recoñecementos agradécense (a animan a seguir). Desde que recibín o teu aviso, busquei a maneira de galeguizar o artigo pero, de momento, só encontrei a posíbel referencia aos enfermeiros que é de supoñer que traballaban no Hospital Real de Santiago. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 15:03, 21 de xuño de 2011 (UTC)

melchor lopez editar

Hola por borras o artigo?--Franpereiro 18:16, 16 de xuño de 2011 (UTC)

melchor lopez editar

Hola por que borras o artigo?--Franpereiro 18:16, 16 de xuño de 2011 (UTC)


hola outra vez. Non sei se e o camiño adecuado para seguir co tema. Esta ben o artigo, asi com o deixache. So incluiria una cousa; o dos vilancicos en galego, xa que foron os primeiros textos musicaisd que apareceron dende o Alfonso X. Pareceme que debería engadirse, polo que cando lea o libro de estilo e o formato da Galipedia, pois intentarei subilo para ir practicando. grazas pola axuda. Estaba algo perdido, creia que era subilo texto e que vos poñiades os enlaces a outros artigos e xa estaba. Xa aprenderei. ;)

Que opinas desto editar

Boas Atobar, qué tal? Deixei un comentario na páxina de conversa da Categoría:Compositores de Francia onde propoño eliminala por motivos de estandarización, agradeceríache que miraras as razóns que expoño. Non penso que a categoría que creei eu sexa a correcta, simplemente sigue o mesmo criterio que as xa creadas con anterioridade e coas demáis que creei eu. Xa me contarás. Un saúdo Piquitoconversa

Cor de fondo editar

Boas Atobar. ¿Isto que fixen está permitido?. JonnyJonny 19:57, 19 de xuño de 2011 (UTC)

Alzamento de Pascua editar

Moi boas Atobar. Mira unha cousiña, puxen na páxina de conversa do Alzamento de Pascua unha idea que coido está ben, non a quixen facer directamente á espera de ver qué opina a xente, como a xente non di nada e ti parece que te involucraches na mellora do artigo pregúntocho a ti e se pensas que está ben xa o poño. Realmente hai que revisar ben a redacción, especialmente a puntuación, espero ir facéndoo a poucos. Xa me contarás qué opinas das divisións das seccións que fun facendo, eu penso que están ben (non por facelas eu) aínda que seguramente sexan mellorables, bueno xa me dirás qué opinas do exposto na páxina de conversa. Un saúdo Piquitoconversa

Re: Alzamento de Pascua editar

Non pasa nada Atobar, non te estaba pedindo que fixeras a revisión de lingua, é moito curro e agora mesmo estou traballando eu no asunto (cando non creo novos artigos das ligazóns en vermello, que así a Galipedia tamén medra), se acaso lle pregunto unha vez finalice a un dos usuarios que me recomendaches. A miña intención ía máis destinada ao formato en si, eu non entendo moito do formato, coido que no referente ás seccións está moito mellor ata o apartado de Consecuencias (alo menos agora hai divisións internas), alo menos espero que se melloren os puntos negros do artigo para que alo menos teña unha base para ser destacado ou de calidade (tes razón e fáltalle para ser, mais con estes arranxos e arranxos futuros coido que pode ter tódalas características, xa que é extenso abondo... creo) nun futuro se non sae desta vez. Un saúdo Piquito

Merda, esquecinme de darche as grazas pola información dos usuarios correctores Piquito

Boas. Rematei de editar o artigo ALSEP e por outro lado non o vexo listado en Wikipedia:Artigos con problemas, ¿hai problema en quitar {{Atención|Lingua e formato}}? Un saúdo.--Xosema 16:49, 22 de xuño de 2011 (UTC)

Feito o de ALSEP --Servando2 (Dime) 23:15, 22 de xuño de 2011 (UTC)

RE: Columnas editar

Mira como quedou. Non se me ocorre outro xeito de facelo, porque co modelo {{Columnas}} non se pode. --Toliño Fala aquí comigo 12:01, 24 de xuño de 2011 (UTC)

Graciñas editar

Eu son moi negado, por moito que me fixe, sempre me fago un lío :) Niste caso truxen as da española e logo fun probando por ver como as facía traballar :P Un saudo. --Ensada Fala ou cala 23:04, 24 de xuño de 2011 (UTC)

Alex, lembras onde foi tirada a foto? Foi tirada en Galicia?--. HombreDHojalata.conversa 20:30, 25 de xuño de 2011 (UTC)

E estas dúas: Ficheiro:Lámpadas.jpg e Ficheiro:Tendido eléctrico.jpg?
É para tentar metelas nalgunha categoría e rematar de baleirar a Categoría:Imaxes pendentes de categorización--. HombreDHojalata.conversa 21:11, 25 de xuño de 2011 (UTC)
Grazas, con eses datos penso que xa podo metelas en categorías. E grazas polos parabéns!--. HombreDHojalata.conversa 07:54, 26 de xuño de 2011 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Máis cousas de imaxes... Temos Ficheiro:Golpe de Estado e Réxime franquista.JPG marcada por Basilio con {{ObraDerivada}} dende o 16 de abril de 2009, en referencia a que inclúe, a súa vez, una foto de Franco que non temos licenza para publicar. De feito a fotografía empregámola nun par de artigos, non polos chaveiros, senón pola figura de Franco (neses artigos vou mudar a foto por outras). É dicir, é un caso claro de uso incorrecto dunha obra derivada doutra con copyright. Eu penso que habería que borrala. Concordas? A ver se podo ir alixeirando as imaxes con problemas, que algunhas levan anos marcadas--. HombreDHojalata.conversa 08:27, 26 de xuño de 2011 (UTC)

Esquecín decirche que desfrutes da estancia... e da calor galega-sahariana ;-) --. HombreDHojalata.conversa 06:52, 27 de xuño de 2011 (UTC)

Teatro radiofónico editar

Hola Alejandro, I've seen you article about Teatro radiofónico. Is there also a Galician word/translation for the non-fictional "feature" (en:Radio documentary; de:Radio-Feature)? Cheers --Kolja21 02:23, 26 de xuño de 2011 (UTC)

Canción do verán editar

Botareille un ollo, pero como ben dicías o tema non me fai demasiada ilusión jeje. Saúdos. --Beninho 20:59, 27 de xuño de 2011 (UTC)

Boas!, unha preguntiña. Según a lista de erros vela non é válido en galego e hai que usar candea ou cirio, entón esa redireción a buxía, ¿haberá que trasladala a Candea de ignición?. Como é un termo bastante técnico no estou seguro aínda que eu penso que si..., ti dirás. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:29, 28 de xuño de 2011 (UTC)

Teño outros problemas coas velas :). No artigo Braga fala da Vela Votiva de Braga que si non se cambia polo menos habería que poñer en cursiva, ¿non?. E despois tamén fala das lavradeiras que levan as Velas Votivas de Braga, que supoño que serán algún tipo de candeas, pero ¿cámbioo ou déixoo en cursivas?.
Logo atopei o artigo de homónimos Vela, neste artigo, ¿non será ben poñer unha sección de véxase tamén, ou algo así, para engadir unha ligazón a candea. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:43, 28 de xuño de 2011 (UTC)

Cuestión editar

Boas Atobar, sinto ser un pouco pesado por preguntarche sempre a ti, espero que me podas aclarar unha cuestión que expuxen na taberna e que non me quedou moi claro o que me contestou a usuaria Elvira. O independentismo e o separatismo son cousas distintas en galego? Eu pensaba que eran sinónimos, pero vendo outras wikis (concretamente a castelá) vin que nalgunhas son termos sinónimos e nouras son cousas distintas. Cal é o caso do galego, o primeiro ou o segundo???? Grazas, un saúdo Piquitoconversa

2000 artigos editar

Moitas grazas! E con respecto ao de Lynyrd Skynyrd, quería rematar un par de cousiñas antes e a ver se me poño con el ao longo desta semana. Un súdo! --Beninho 05:45, 17 de outubro de 2011 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Atobar/arquivo 5".