Armoniauniversal
Olá, Armoniauniversal. Con relación a Image:AND LOGO small.gif, le, por favor a información relativa á política de uso de imaxes da wikipedia. A imaxe que subiches, e que se atopa na páxina alibonunez.com non está claramente identificada. Na Wikipedia non se poden incluir contidos que violen o copyright. As leis que o gobernan son moi complicadas (e a min cóstame entendelas, recoñézoo), pero se a foto que inclúes foi tomada por alguén que non foses ti, precísase da súa aceptación explícita (se xa morreu, ainda hai que agardar 70 anos). Se foches ti, indícao así explicitamente na páxina da imaxe, preferentemente empregando o modelo que atoparás na páxina que explica a política de uso de imaxe e que tamén aparece cando subes un ficheiro. Non abonda con sinalar que se coloca no dominio público: hai que demostrar que se ten a capacidade legal de facelo. Se é o caso que non dispoñas dese copyright, é posíbel que algún administrador a elimine. Podes ver as imaxes máis recentes para ter unha idea de como se fai. Se tes dúbidas, ponte en contacto cun administrador, que seguro que che poderán guiar mellor do que eu. Un saúdo. --Xosé (✉) 21:57, 11 febreiro 2007 (UTC)
Grazas pola axuda
editarEstimado Xosé, xa correxín os datos da imaxe. Moitas grazas.
Ligazóns interwiki
editarO que ves é unha lista dos artigos correspondentes nas wikipedias noutras linguas. Vense na páxina no painel da esquerda, abaixo de todo, onde pon "outras linguas". Así,
be:Расалія дэ Кастра ca:Rosalía de Castro de:Rosalía de Castro en:Rosalía de Castro es:Rosalía de Castro eu:Rosalia de Castro fr:Rosalía de Castro nn:Rosalía de Castro pl:Rosalía de Castro pt:Rosalia de Castro
indica que na wikipedia en beloruso, Rosalía de Castro ten un artigo intitulado Расалія дэ Кастра; na catalana Rosalía de Castro, igual que na alemá, etc. As dúas letras (ás veces tres) son o código do idioma. Se clicas nesas ligazóns vas á wikipedia correspondente; fíxate que a galega non aparece (gl), pero si se vas a calqueira doutras wikipedias. Resulta útil cando queres saber máis dun tema. Moitas veces os colaboradores visitan varias wikipedias para contrastar información antes de redactar ou ampliar un artigo.
Non aparecen automaticamente. Implican ir a unha wikipedia grande, case sempre a inglesa, e copialos dela (neste caso, incluindo a ligazón inglesa [en]). Hai artigos que non están ainda noutras wikipedias e polo tanto non teñen estas ligazóns interwiki. Se te fixas nas miñas contribucións, verás que moitas veces o resumo é "Interwiki". Con isto quero dicir que busquei estas ligazóns e as incorporei. A páxina con información sobre este tema é Wikipedia:Ligazóns interlingüísticas.
Por outra banda, cando escribas na páxina de usuario de alguén, lembra "asinar". Para iso pon catro ~~~~ ou preme no penúltimo botón dos que hai por riba da caixa de edición (o que parece unha asinatura). Asi queda rexistrado quen fixo o comentario e en que momento. (así: --Xosé (✉) 15:44, 12 febreiro 2007 (UTC)). Ademais, aparece a palabra "talk" depois do nome (no meu caso, un sobre) no que os demais poden clicar e acceder directamente á súa páxina de discusión. Un saúdo.--Xosé (✉) 15:44, 12 febreiro 2007 (UTC)
Se miras en "Cambios recentes", verás ás veces liñas como a seguinte:
(dif) (hist) . . m Hip hop; 16:50 . . (+66) . . JAnDbot (Talk | contribucións) (robot Añadido: lv, mk, sr, th Modificado: de, en, fr, he, nds, nn, pt, ro, ru, tr, zh)
Isto indica que ás 16:50, JanDbot, que é un robot, isto é, un programa automatizado, engadiu no artigo Hip hop ligazóns ás linguas lv, mk, sr e th e que modificou as das linguas de, en, fr, etc. (probabelmente porque o contido non era exactamente o correspondente). A maioría destes robots toman as ligazóns existentes na wikipedia inglesa e van polas demais realizando as alteracións apropiadas. Resultan de grande axuda. --Xosé (✉) 15:59, 12 febreiro 2007 (UTC)
Xeito mais apropiado para incluir unha aldea, relacionada con Parroquia e Concello
editarDesculpa por tardar en respostar. Estes días estiven fora. Talvez che resulte máis efectivo deixar as preguntas na Taberna, na sección correspondente, neste caso Wikipedia:A Taberna (políticas) porque outros usuarios poden ver a pregunta ou proposta e respostarche antes. Eu tamén paso por ela cando vexo que alguén escribe nela. Por outra banda, as preguntas que fas están moi ben: mostran que hai cousas que non están ben explicadas na sección de axuda e nalgún caso xa me teñen motivado para incluir a información correspondente.
A resposta ao que ti preguntas está en Wikipedia:Política e normas:Toponimia e aquí: Wikipedia:Wikiproxecto Toponimia. En novembro de 2004 (eu ainda non participaba na Galipedia) chegouse a un acordo, que é o que se explica aquí. Efectivamente, como se ve na segunda referencia, cara o final, acordouse que os títulos serían Lugar, parroquia, concello, sen excepcións, mesmo se existen topónimos únicos.
Canto aos lugares de..., trátase de modelos que se crean unha vez e que se poden incluir onde sexa necesario. lp significa "lugares da parroquia". Así, os lugares da parroquia da Ramallosa de Baiona son este modelo: Template:Lp A Ramallosa. Para crealo, a páxina chámase Template (que significa "modelo", dous puntos, Lp e o nome da parroquia. Para que apareza nunha páxina, escríbese o nome deste modelo entre chaves dobres, así: {{lp A Ramallosa}}, e xa aparece. Para crear unha caixa de navegación deste tipo, podes copiar un dos modelos e substituír as parroquias que aparecen nel polas que precises ti.
Aproveito para comentarche que se quere rematar coa tradución ao galego de todas as mensaxes que aparecen no sitio. Falta decidir o que se chaman "espazos de nomes": os artigos da enciclopedia teñen un título e xa está, pero existen outras "seccións" que non contan como artigos da enciclopedia e que inclúen as páxinas de axuda, de discusión, os modelos, etc. Temos que chegar a unha proposta entre todos e hai unha discusión aberta con este propósito. Está en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Proposta de debate sobre nomes galegos dos espazos de nomes de MediaWiki. Pasa por alí e deixa a túa opinión (non é necesario que sexa sobre todos os termos, igual só tes unha opinión formada sobre un ou dous. Un exemplo: na explicación anterior, o modelo lp está no "espazo de nomes" Template, que é o orixinal inglés. Podemos decidir que pase a chamarse Modelo, co que o modelo para as parroquias da Ramallosa sería {{Modelo:Lp A Ramallosa}}. Un saúdo. --Xosé (✉) 14:07, 21 febreiro 2007 (UTC)
Orixe descoñecida
editar
|
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:AlbinoND2 web.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.
Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.
- Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
- Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.
Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí
Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:19, 25 xaneiro 2008 (UTC)
Imaxe sen licenza e/ou orixe
editar
|
Ola Armoniauniversal, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.
Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A orixe:
A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)
A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza:
Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.
Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.
¿Como incorporar os datos ás imaxes?
¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.
¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?
- Accede á foto.
- Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
- Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
- Garda a páxina
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.
Artigo Armonía Universal
editarVexo que vés de crear un artigo dunha editorial e chámame a atención a coincidencia co teu nome de usuario e o salto de 8 anos sen editar. Vexo tamén que alá no 2007 fixeches outro sobre Carlos Núñez Deza, director da editorial (artigo no que, non entendo a santo de que, inseriches a túa sinatura). Ben, a pregunta é ¿cal é a túa relación coa editorial e cos propietarios/responsables/xestores da mesma? E, en caso de non ter ningunha, ¿cal é a razón da escolla do teu nome de usuario? Espero a túa resposta. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 21:53 (UTC)
- A ver, amigo. O logotipo da editorial procede da súa páxina de FB, onde non libera o seu uso. As portadas dos libros teñen dereitos. De verdade, ¿a que xogamos? Pedro --Lameiro (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 22:25 (UTC)
Boa noite, Pedro. Moitas grazas por escribir. É certo que fai moito tempo que non escribo en Wikipedia. O meu propósito e volver a facelo e actualizar as informacións. Non desexo, polo menos deliberadamente, xogar a nada. No caso concreto de Armonía Universal, temos recibidas moitas solicitudes de que figure en Wikipedia. O logotipo parecíame o mellor modo de identificar á editoria. Se non podemos empregalo en Wikipedia, non hai problema. Sinceramente, agradezo a túa axuda e desexo contribuir seriamente e da mellor maneira posible. Carlos --Armonía Universal 27 de febreiro de 2015 ás 22:51 (UTC)
- Se ti é Carlos Núñez Deza, o problema do uso do logo é o de menos. Na Galipedia temos, entre outros, un principio: que ninguén pode escribir sobre si mesmo ou sobre unha actividade (laboral, política, social, etc) na que estea directamente involucrado. É dicir: non podes escribir nin de ti mesmo, nin da túa editorial nin das túas publicacións. Trátase de respectar un Punto de vista neutral e evitar o que chamamos Conflito de intereses. Convén que leas eses cinco piares sobre os que se constrúe a Wikipedia. Outra cousa: para contestar nestas conversas debes facelo na páxina de conversa do interlocutor (na miña, neste caso). Así, sáenos un aviso de que temos un correo. Grazas e saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 23:06 (UTC)
- Moitas grazas, Pedro. Procedo a eliminala entón. Un saúdo--Armonía Universal (fálame) 27 de febreiro de 2015 ás 23:30 (UTC)
- Ola Armoníauniversal! Veño de propoñer o borrado dos teus artigos Armonía Universal e Carlos Núñez Deza por consideralos autopromoción. Avisote na túa páxina de conversa para darte a posibilidade de explicarte na votación para o borrado dos artigos. Un saúdo, Piquito (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 23:32 (UTC)
Non é ningunha molestia aínda que está claro que este incidente non che resultaría agradable. Ben, o caso é que quero que entendas que aquí temos as nosas normas, consensuadas ó longo dos anos e algunhas delas sometidas a debate e votación. E que os que queiramos participar neste proxecto debemos acatar ou propoñer a súa modificación. Pode ser que sendo un recén chegado poden resultarche absurdas e ilóxicas, pero éche o que hai. Espero que continúes colaborando na Galipedia, e para iso conta coa miña axuda no que poida, e a de tódolos demais administradores e usuarios en xeral. E, por certo, disculpa o meu comentario sobre se estabas a xogar: estaba totalmente fóra de lugar. Un saúdo e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de febreiro de 2015 ás 00:00 (UTC)