Para o artigo que trata sobre calquera animal predador de insectos ou as súas larvas, véxase Insectívoro.
Insectívoros
Insectivora

Erinaceus europaeus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Superorde: Laurasiatheria
Orde: Insectivora (parafilético)
Cuvier, 1817
Ordes en que se clasifican os animais
antigamente situados na orde dos Insectivora, e Familias que, nun momento ou outro,
foran incluídas nesa orde

Ordes
Familias

A dos insectívoros (Insectivora) é unha antiga orde de mamíferos placentarios, hoxe en desuso.

Entre os insectívoros clasificábanse diversos placentarios primitivos que non podían encaixar noutras ordes. A orde Insectivora era, pois, máis unha conveniencia que un grupo natural, poque era claramente polifilético.[1]

Os caracteres que definían o grupo son claramente plesiomórficos, é dicir, trazos primitivos comúns ao tronco ancestral mamaliano, como o seu pequeno tamaño, pés plantígrados, hábitos nocturnos, dentición completa e, alimentación baseada na captura de insectos e doutros pequenos invertebrados.

Reordenación taxonomómica

editar

Actualmente, a orde Insectivora non é recoñecida polas principais bases de datos para a taxonomía dos annimais, como a Animal Diversity Web (ADW),[2] o Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT),[3], ou a principal obra de referencia, a Mammal Species of the World,[4], que emprazan a todas as familias antigamente consideradas como de insectívoros nas novas ordes dos Afrosoricida, Erinaceomorpha, Macroscelidea e Soricomorpha.

Así temos que:

  1. Young, J. Z. (1977): La vida de los vertebrados. Barclona: Editorial Omega. ISBN 84-282-0206-0.
  2. ADW.
  3. SIIT.
  4. MSW.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar