Conversa usuario:Lameiro/arquivo 15

Último comentário: hai 3 anos de Miguelferig no tópico Corazón

Clasificación na mitoloxía grega

editar

Boas, vin que cambiaras a clasificación de Filomela de mitoloxía grega a mulleres na mitoloxía grega. Vin que na clasificación de mitoloxía grega había personaxes que se podían clasificar en mulleres, homes, deusas, deuses, e comecei a cambiarlles a clasificación, mais despois comecei a ver que non tiña claro como clasificar algúns a partir da información dos artigos e parei. Poderías comprobar se incorrín nalgún erro nos que lles cambiei a clasificación?. Lles (conversa) 13 de xaneiro de 2021 ás 09:36 (UTC)Responder

wikidata

editar

Perde conta, a min non me custa nada facelo mentres reviso os cambios recentes. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 14 de xaneiro de 2021 ás 11:24 (UTC)Responder

úrsidos

editar

Ola, Pedro! Como vai a cousa? Que tal pasaches a Candeloria?

Sei que andas a fulespín coa mitoloxía, mais quería preguntarche se che apetece traducir dous artigos: es:Ursus arctos pyrenaicus (Oso pardo cantábrico? Oso pardo pirenaico?) e mais es:Culto a los osos (Adoración do oso?). O primeiro seica é o que se achega pola nosa terra, e o segundo pode entrar en relación co Oso de Salcedo. Obviamente non hai urxencia ningunha, e só se che apetece. Unha aperta! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de febreiro de 2021 ás 03:26 (UTC)Responder

RE: Dafne

editar

Ola Lameiro! Paréceme perfecto. Un saúdo! Piquito (conversa) 12 de marzo de 2021 ás 22:56 (UTC)Responder

Corazón

editar

Lameiro, o que preguntabas de xusante, é moi probablemente un lusismo. En portugués escríbese jusante, que significa 'augas abaixo dunha corrente de auga ou marea'. Supoño que o tomarían do francés jusant. Aí refírese ao que está máis abaixo dos nodos do corazón, que é cara onde discorre o impulso que causa a contracción do corazón. Substituíno por, simplemente, "máis abaixo". Un editor português foi o principal editor deste artigo e eu colaborei corrixindo a lingua, principalmente cambiando algúns dos lusismos máis evidentes, pero algo parece que quedou.--Miguelferig (conversa) 15 de abril de 2021 ás 17:06 (UTC)Responder

Volver á páxina do usuario "Lameiro/arquivo 15".