Abrir o menú principal

Conversa usuario:Lameiro/arquivo 5

Índice

As BurgasEditar

Faremos logo una redirección cara As Burgas de Ourense? Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 18:51, 3 de xaneiro de 2011 (UTC)

Arco da vella branco.Editar

Ante todo, grazas pola louvanza, pero gustaríame saber moito máis de meteoroloxía do que sei! Con todo, si sei da existencia de arcos da vella brancos. Se non me engano, creo que se producen cando, no canto de seren pingas de chuvia, son pingas de néboa as que son atravesadas polos raios do sol. Procurarei informarme mellor antes de lle engadir nada ao artigo. Un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 22:04, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)

Por certo, grazas tamén pola valiosa información sobre o suposto bispo Odoario de Lugo. Algo lera eu tamén de que non se sabe se existiu realmente ou non. --Paradanta (Cóntame) 22:06, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)

A vaca na cultura popular galegaEditar

Ola, Lameiro. Non te animarías a facer un deses artigos que tan ben sabes facer ti? Refírome a A vaca na cultura popular galega, que agora redirixe a un artigo de refraneiro. Dígoo porque estou vendo que, só co que atopo na rede, hai material dabondo para facer algo ben armado, e xa non quero pensar se me metese en bibliotecas. Ademais, sacándolle ó tema todo o zume ía quedar demasiado extenso dentro do artigo Vaca, pois ainda quería escribir algo sobre a vaca na arte. Pénsao, ti verás se tes ganas e tempo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:38, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)

Solaparnos non, de feito eu tiña en mente máis ben tomar a sección Antropoloxía de Galicia do artigo Vaca e comezar con el o novo artigo, deixando naquel un breve resumo e unha ligazón que remita ó artigo principal, o novo. De todos modos iso déixocho nas túas mans, eu simplemente deixo de traballar nesa sección e xa amañarás ti o tema como vexas. Expliqueime? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:53, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)

Revisando o apartado que fala da constitución anatómica da vaca, venme á cabeza unha preguntiña: cres ti que hai algo do que se di agora da vaca dende o punto de vista biolóxico que sexa característico (xa non digo exclusivo) da vaca? Polo que eu lembro de cando fixen o bacharelato, todo o que se di dela pode dicirse tamén dos bóvidos en xeral. Din cun par de páxinas (sobre todo esta) nas que se fala de diferentes órganos/aparellos, centrándose na vaca especialmente, pero non sei ata que punto está dicindo algo que non se poida dicir, por exemplo, do búfalo. A ver que me aclaras. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:54, 9 de xaneiro de 2011 (UTC)

Creo que o Ramón Piñeiro vén de publicar un libro sobre a vaca --Servando2 (Dime) 00:46, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)

Este é. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:08, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)

De ovellasEditar

Pedro, que son as oveja cencerra e oveja birana e como se chaman en galego? A ver se me podes axudar. Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:01, 7 de febreiro de 2011 (UTC)

Moitas grazas, Pedro. Non sei como andarás de francés, pero no orixinal é así: Le troupeau marchait en masse compacte, le sonnailler devant, et, près de lui, la brebis birane, faisant tinter leur clarine au milieu des bêlements.. Pero en francés ese birane tampouco non o consigo identificar. En fin, seguirei dándolle á cabeciña. --Atobar (conversa comigo) 19:04, 7 de febreiro de 2011 (UTC)
Poida que ese brebis no canto de mouton por exemplo, implique que non é unha ovella coma as outros senón unha descarriada. --Atobar (conversa comigo) 19:06, 7 de febreiro de 2011 (UTC)

Ligazón a categoría nados enEditar

Tamén eu estou de acordo. É simple e útil. --Atobar (conversa comigo) 22:23, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Santa Cruz de RibadullaEditar

Ola, Pedro! Moitas grazas por andar pendente dos erros nas achegas. Nestes casos é cando entendo a importancia de indicar no resumo das edicións a procedencia dos datos incluídos, porque agora non recordo de onde os tomei.

Normalmente, cando inclúo datos patrimoniais, tómoos das webs dos concellos. Supoño que me basearía en parte neste artigo, pero non atopo a web de onde tirei o dato de 1676. Aquí tamén hai información interesante sobre o pazo, pero nunca o visitei e non teño bibliografía para contrastalo.

Lamento que ás veces as achegas provoquen máis quebradeiros de cabeza que outra cousa :/ Tomo nota mental para referenciar as vindeiras achegas.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:11, 13 de febreiro de 2011 (UTC)


Boa tarde! Mover o contido paréceme o máis correcto, procurando referenciar os datos obtidos nesas ligazóns para no futuro saber de onde se obtiveron. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:21, 13 de febreiro de 2011 (UTC)

Can de palleiroEditar

Este artigo chama por ti. Anímaste? --Atobar (conversa comigo) 11:16, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Festa do boiEditar

Moi bo traballo, agora xa ten outra traza.--Cheluco 19:29, 19 de febreiro de 2011 (UTC)

Praza da FerreríaEditar

Ola, Pedro!

Esta imaxe non é exactamente da Praza da Ferrería; Os xardíns que hai arredor da fonte (recemente restaurada, por certo, e que estivo no centro da praza da Ferrería até 1930, e que é a mencionada na famosa cantiga), son os xardíns de Casto Sampedro. Como se explica no artigo da praza da Ferrería, hai un conxunto formado polos xardíns e tres prazas.

Parabéns pola foto en calquera caso, que serve para ilustrar o artigo do convento. E moi agradecido polo consello sobre como actuar, non só como administrador, senón na vida. Gostei moito do refrán. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:10, 20 de febreiro de 2011 (UTC)

Abofé que a fonte merece artigo de seu! A ver se o concello edita algo sobre a fonte agora que a restauraron, porque non teño moita información dela. E graciñas pola ligazón á categoría:imaxes de fontes de Pontevedra, procurarei completala. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:50, 21 de febreiro de 2011 (UTC)

Ola, Pedro; apunto a información que me achegas sobre a fonte, parecen documentos interesantes. Agora estou comezando as clases do segundo cuadrimestre e non teño moito tempo para consultar bibliografía, pero pregnutarei ás miñas avoas como fonte primaria para saber da historia da fonte, a ve se imos avanzando con ela. Saúdos, e graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:29, 24 de febreiro de 2011 (UTC)

Ley Antitabaco 2011Editar

Hola, te contesté en el apartado de discusión de este artículo: http://es.wikipedia.org/wiki/Discusi%C3%B3n:Ley_antitabaco_de_Espa%C3%B1a_de_2011 No has respondido así que entiendo que has comprendido que la ley (cualquier ley) se cumple bajo amenaza de agresión. Un saludo. (O anterior comentario foi cousa do usuario 95.16.221.119, da es:wiki, ás 00:35 do 21 de febreiro de 2011, pero esqueceu asinar.)

Ola, Lameiro. Nunha das imaxes deste artigo puxeches o seguinte pé: O cigarro, compañeiro dun momento de descanso. Non che parece que pode resultar un tanto incitador? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:29, 25 de febreiro de 2011 (UTC)

Por certo, vouche contar unha curiosidade: a primeira foto do artigo fíxoa un amigo meu, esa é a mesa da miña cociña, esa é a miña borralleira e ese era un cigarro que me estaba fumando eu. A foto gústame, faime lembrar un día fermoso. Fíxome gracia que a usases. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:15, 26 de febreiro de 2011 (UTC)

RestauradosEditar

Menos mal que me avisaches. Borrárao porque un vándalo redirixira a vulva, e non caín que as redireccións estaban ben antes. Pensei que as creara. Un saúdo e colle forzas para o reto de mañá. --Atobar (conversa comigo) 18:02, 11 de marzo de 2011 (UTC)

VandalismoEditar

Tes razón en que parrocha, shouba e outros se usan como sinonimos de Vulba pero é que cando se fai o traballo con mala fe (é este é o caso xa que esas outras páxinas xa redirixian a Sardiña) e mirando para as outras contribucións de debandito usuario creo que se pode considerar vandalismo, ti mesmo . Un saudo--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 18:07, 11 de marzo de 2011 (UTC)

A ver se che convence esta solución. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:12, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Castro da LanzadaEditar

Roubáchesme o Castro da Lanzada. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:21, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Re: EncargasEditar

Vale, tomo nota e cando poda xa me poño con elas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:59, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Novas sobre as camisetasEditar

Boas, o primeiro grazas á pola túa participación no pasado reto do aniversario da Galipedia. Xa teño a túa camiseta e deixei un aviso nesta conversa para tentar quedar contigo e o resto de participantes para repartilas. Un saúdo e a ver si nos vemos!, --Elisardojm (conversa) 22:53, 14 de abril de 2011 (UTC)

PoetaEditar

Pedro, poeta serve para homes e mulleres. Poetisa é outra opción, pero non a elixida polo editor. Ademais, en función de con quen o fales xa sabes que está aí o conflito do xénero e que hai a quen lle parece mal a diferenciación poeta/poetisa. Todo isto para che dicir que revertín a túa edición e deixeino como estaba, en poeta. --Atobar (conversa comigo) 22:02, 16 de abril de 2011 (UTC)

Pois baseo o meu razoamento precisamente niso mesmo. Poeta:persoa que compón poesías (non home) e poetisa: muller (só muller) que compón poesía. (fonte:Gran Xerais, 2009) Por iso, poeta é válida. Porque Xela Arias e muller, claro, pero tamén é persoa. E hai dous argumentos para que quede como poeta e non haxa un cambio a poetisa. Un sería que era a opción do primeiro editor, e polo tanto, ao ser válida, non precisa de cambio ningún. E nun segundo caso argumental estaría o conflito de xénero que che comentaba. Haberá que corrixir a páxina de erros e desviacións, porque dá unha visión incompleta. E que conste que eu non son nada sospeitoso de andar por aí escribindo todas e todas, deputados e deputadas, galegos e galegas, mais para este caso creo que poeta é a opción preferente (e ademais a que estaba). --Atobar (conversa comigo) 22:18, 16 de abril de 2011 (UTC)
Pedriño, non ten nada que ver nin coa aproximación ao castelán nin coa aproximación ao portugués (tamén en portugués se admite poetisa, e tamén se tende a usar agora só poeta). Éche un reclamo que vén de vello, do feminismo dos sesenta e setenta, que no Estado que nos ampara (ou descoida) non foi moi potente pero ser foi. Ti, pola idade e pola singularidade da época, víchelo sempre como poeta/poetisa, e eu tamén, pero hoxe todos os rapaces saben, ou deberían, que a forma poeta é a menos sesgada e que equipara o traballo dunhas e doutras. --Atobar (conversa comigo) 22:48, 16 de abril de 2011 (UTC)

Caracol#O caracol na cultura popular galegaEditar

Ola, como andamos?

Apetéceche meterlle algo neste apartado?

Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 10:34, 17 de abril de 2011 (UTC)

Estupendo, grazas--. HombreDHojalata.conversa 11:49, 17 de abril de 2011 (UTC)

Xuntanza en PontevedraEditar

Ola! Na páxina que amablemente habilitou Elisardojm para a ocasión plantéxase o mércores, 20 ás 6 da tarde como día e hora da xuntanza. Por favor, pásate pola devandita páxina para confirmar a túa dispoñiblidade e propór un lugar exacto da cidade para quedarmos. Grazas! --Paradanta (Cóntame) 21:11, 18 de abril de 2011 (UTC)

bufos, mouchos e demais familiaEditar

Ola, meu; Podes botarlle un ollo aos artigos bufo e moucho? Son calcados, e non teño idea de cal sería a solución (fusión? corrección dun deles?). Amais, Hugo22 indica que un deles é de borrado porque o seu contido xa está en Estrixiformes.
Agradécese calquera axuda, porque non entendo moito do tema. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 08:35, 19 de abril de 2011 (UTC)

TecidosEditar

Non hai problema, buscarei algo de bibliografía para redactalo sen erros e axiña traballo niso.

--Silverfox 19:04, 19 de abril de 2011 (UTC)

Commons e algo maìsEditar

Mui boas Lameiro ! Sempre se vai a commons (é como Roma !).

... retiro texto explicativo demasiado longo que sobrecarga a páxina...

Non penso poder facer o que me pides para a comunidade, por moitas razòns, lingua, coñecementos xeraìs, e tamén porque fai un ano que ando escasa en conexion internet e en material informatico na miña casa (o internet estase arranxando, pero o material ainda non, xa ves non teño acentos a disposiciòn, teño que buscalos etc etc)
Houbeseme gustado estar no miniencontro de Pontevedra, non desespero, un dia xa nos veremos. Eu son a de sempre.
Unha aperta Lameiro, e sigue traballando tan bén na GalipediaElvira (conversa comigo) 11:49, 23 de abril de 2011 (UTC)

Agora entendote. Eu corrixo ligazòns a commons (a tùa por exemplo), case sempre por ser ligazòns que non levan a ningures. Cando as poño eu, pois, poño a categoría de commons, tanto e cando corresponde ao titulo (e o contido é de supoñer !) do artigo, si sò hai unha páxina, a ligazòn ira para a páxina. Polo demaìs, quedome no dito arriba. Usuarios como XabierCid e Toliño (dos que conozo ben o traballo que fan e que vexo que andan por acà, pero habra outros) teñen capacidades e seriedade de abondo, non teran tempo ou ganas de facelo, pero iles que si, son usuarios de facer ese tipo de axuda para a comunidade. (Lembraseme que Banjo, tamén é posible que saiba, pero nono vexo). A ver si esquezo algén que lle pareza mal (Non ollo o suficiente o traballo de todos)!
Por outra banda direiche que eu concordo a 100 por cen cas imaxes estàn mellor en commons, por estar a disposicion de todos e por aforrar na Galipedia un traballo de control. Non lle dou moita importancia as que se perderian pola rigorosidade que hai en commons (ningùn sitema é perfecto), pero, ainda que poñamos a disposicion unha axuda mui ben feita, muitas subidas non se faran por non estar nun sistema "familiar". Tamén haberia que contar con algùun usuario (sen ser automaticamente administrador alà) que axude en commons nos aportes sobre Galicia, e que tamén vixié a taberna galega de commons para os usuarios da Galipedia (e outros tamén, non quero induir exclusivas !) que queiran subir imaxes (ainda que sexa sen relaciòn con Galicia), para que non se sintan paletos nas outras tabernas. Todo isto é politica da Galipedia.
Concretamente e en conclusiòn ten que ser unha decision con debate da comunidade para eso. Eu podo axudar acà e en commons tanto que sexa colaboraciòn no marco dunha politica da comunidade e se algén como XabierCid, Toliño ou un parecido coa confianza da comunidade (e da miña) se compromete bastante. Saùdos Lameiro. Elvira (conversa comigo) 19:04, 24 de abril de 2011 (UTC)

Fotos BICEditar

E non terás a man a descrición do grupo 1, para tentar confirmar algo co que hai na foto?, ou xa estás convencido de que é ese grupo?. Agora que me decato, paréceme que o grupo 3 non está como BIC na web do ministerio, a non ser que lle puxeran un nome máis popular ou secundario...

Unha cousa que se pode facer é tratar a foto dixitalmente para que aparezan resaltados os sucos, non queda natural pero é útil para axudar a atopar os petróglifos na foto orixinal. Si son quen de facelo tentarei facer unha versión da foto con esas técnicas, si sae xa vos aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:39, 24 de abril de 2011 (UTC)

RefraneiroEditar

Pedro, pódesme dar outro refrán para unha de cal e outra de area? Sóame que hai un moi coñecido, pero non me vén á cabeza. Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:29, 25 de abril de 2011 (UTC)

cruceiros de capelaEditar

Ola, Pedro; Non estou seguro de se este cruceiro é de capela ou non, ao estar aberto; de ser así, poderías engadir a información ao artigo de cruceiro de capela? Agradecido! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:51, 25 de abril de 2011 (UTC)

Vótalle un ollo cando podasEditar

Boas, fixen unha proposta na Taberna dalgo que falamos en Pontevedra, vótalle un ollo e comenta alí o que vexas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:02, 27 de abril de 2011 (UTC)


Encontro no xornalEditar

Boas, fixen unha crónica para o xornal, votádelle unha ollada por si queredes amañar ou engadir algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:53, 29 de abril de 2011 (UTC)

Conversa:A Avenida de Ordóñez, Goián, TomiñoEditar

Mensaxe para Lameiro e/ou XabierCid
Boas, esa paxina de conversa ten modificaciòns de duas IP, e unha, polo mesnos esta dentro do que di Lameiro. Quixen usar o "sen sinatura", pero non dou chegado a nada, e por demais non estou no tema do artigo. A ver si vos podedes darlle un formato correcto a paxina. Saùdos Elvira (conversa comigo) 15:38, 21 de maio de 2011 (UTC)

imaxes no dominio públicoEditar

Ola, Pedro; A foto que tiraches da escultura de Paz Andrade aparece na versión dixital do Diario de Pontevedra (aquí); Deixei un comentario para que indiquen a procedencia da imaxe. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:55, 4 de xuño de 2011 (UTC)

artigoEditar

Ola, Pedro! Antonte estiven na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, e tirei varias fotos no seu interior. Polo que me comentou unha señora do lugar, seica esta epifanía ten sona porque é das poucas talladas en pedra, e estivo en exposicións. Non sei se saberás tirarlle uso á imaxe para algún artigo (púxena en Epifanía).

Recoméndoche visitar o templo cando teñas ocasión (eu tiven sorte de que coincidiu que había unha excursión e estaba aberta, pois seica non está sempre aberta). Entrementres, anímote a faceres o artigo da mesma, que imaxes hai abondo, pero información non dou atopado moita.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:33, 16 de xuño de 2011 (UTC)

animaliaEditar

Ola, Pedro; Traducín do inglés o artigo sobre o animal que che consultei, e elixín o nome de grilo ceboleiro, pero non estou moi seguro de se fixen ben ou é mellor movelo a alacrán ceboleiro, grilo toupa, grilo real, ou que. Bótaslle un ollo, a ver que che parece? Saúdos, e grazas pola axuda! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:27, 27 de xuño de 2011 (UTC)

Ola de novo! Puxen os nomes anteriores de redirección ao artigo.
Respecto ao de Commons, sigo sen aclararme, cústame categorizar e moverme por alá. A ver se un día me poño a aprender :/
Falamos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:11, 27 de xuño de 2011 (UTC)

AbrochoEditar

Fíxenche caso no de abrocho. Moitas grazas. Porén, non che fago caso no de hemolítico. Entendo, se ben podo estar trabucado, que os primeiros termos das palabras compostas con trazo van sempre en neutro/masculino: a proba técnico-práctica, a crise cardiaco-respiratoria, etc. Non sei se ti tes algún exemplo do contrario, que ben podería ser. Un saudiño. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:11, 27 de xuño de 2011 (UTC)

E aínda que non sexa criterio sempre... pt:Síndrome_hemolítico-urêmica. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:14, 27 de xuño de 2011 (UTC)
Bueno, demonio! :) Grazas sempre por advertir dos erros. Grazas por advertir dos que parecen erros, porque tamén deles se aprende. :) Saudiños. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:50, 27 de xuño de 2011 (UTC)
Grazas. Incorporei as actualizacións. ;) --Xabier Cid Talk 2 me, please 08:33, 28 de xuño de 2011 (UTC)

RE: SarcófagoEditar

Tes razón que é válido, eu xuraría que antes de cambialo rematara de consultalo no Volga e non estaba pero voltei a miralo agora e si que está. Debín de soñalo porque a pesares das horas estes días ando un pouco durmido :). Vouno deixar como estaba que era o que había e está ben. Grazas polo aviso e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 11:46, 28 de xuño de 2011 (UTC)

RE: Templo de Santalla de BóvedaEditar

Cambieino ó concello de Lugo, acabo de consultar as webs dos axuntamentos e no de Begonte non din nada, no de Lugo teñen algunha infomación sobre el dexan claro que está na capital. Moitas grzas polo aviso.--Elisardojm (conversa) 22:50, 3 de xullo de 2011 (UTC)

Si, tamén a mirei. A información que ten o Ministerio, a pesares de ser oficial e estar publicada e tal e tal, ten bastantes erros. Unha peniña, saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:32, 4 de xullo de 2011 (UTC)

AndoriñasEditar

Grazas, Pedro.--. HombreDHojalata.conversa 20:40, 27 de xullo de 2011 (UTC)

RE:Fungo dos lameirosEditar

Agora mesmo estou flipando que eu fixera ese artigo, non me lembro de nadiña! :). Pero si o quitei dalgún sitio estará nun dos libros de setas que teño en casa, pola tarde a ver si cho podo dicir.

Por certo, non te animas a apuntarte ó encontro de Santiago?, pode montarse unha boa, si conseguimos facela, claro :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:15, 5 de agosto de 2011 (UTC)

Xa o busquei e no libro de setas da Xunta e outro pequeno que teño de setas de Galicia non di nada de que teña ese nome. Logo mirei ben o artigo e decateime de que o artigo da galipedia é simplemente unha tradución do que tiña na wiki en castelán, case ó mesmo tempo de facer o artigo metín o interwiki á galipedia nese artigo como ip :). Tentarei atopar outras referencias e se non haberá que cambiarlle o nome. O que si teño son referencias para os nomes en vasco e catalán...
Outra cousa..., si tes idea de ir a Santiago estaría ben que te apuntaras porque así ó ver movemento ó mellor outra xente se anima máis :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:38, 5 de agosto de 2011 (UTC)
O primeiro, grazas por apuntarte! :). Outra cousa, hoxe pola mañá teño pensado ir ó Centro de interpretación dos petróglifos de Campo Lameiro, si che apetece pasarte ademáis da visita podemos palicar un pouco.
O segundo, sobre o fungo este estiven pensando que ó mellor saquei o nome dos artigos solicitados xa que naquela época penso que era tempo de setas e estaba esa nesa lista, atopeino na wp-es e simplemente traducino sin mirar moito máis. Iso debe estar no historial desa páxina, si teño tempo outro momento vótolle un vistazo.
O terceiro, o nome ese parece estar correcto porque atopei un cento de referencias en Internete:
Saúdos,--Elisardojm (conversa) 01:47, 6 de agosto de 2011 (UTC)
Boas, como hoxe está o día tan pechado ó final vou ir mañán pola mañá, domingo, que parece que vai estar mellor día. Saúdos,--Elisardojm (conversa) 07:36, 6 de agosto de 2011 (UTC)

Fusión ó revésEditar

Vaites! grazas polo dato. Mañá doulle a volta. Agora vou durmir. Chao.--. HombreDHojalata.conversa 22:23, 6 de agosto de 2011 (UTC)

Modelo CitationEditar

Non é que as citas sexan inexistente, xa que estaban todas alí. O que pasa é que a galipedia non le o modelo citation; sempre o deixa en vermello; como teña varios autores (frirst1, first2, first3, etc.) xa non hai nada que facer, porque o "citation" non o acepta. Pero xa está arranxado. Cambieino polo modelo Cita libro. Aínda así, nese modelo tampouco saen as url, e tiven que poñelas por separado ao lado. Ata hai pouco non me decatei que se podía arranxar isto así, por iso quedaban en vermello, e seguramente haberá páxinas miñas que aínda o teñan (ás veces non podo controlar todas, porque ultimamente estou facendo moitas). Pero no ciclo celular xa está todo feito.

Tamén me deixaches unha mensaxe sobre as categorías. Boteille unha ollada, pero eu non sei como se cambian as categorías na páxina de "categorías" ou o que hai que facer para ordenalas, nin que se pretende exactamente. De todos modos había poucas categorías porque había ata hai pouco poucas páxinas de bioloxía, pero conforme vaia habendo máis vai haber que facer moitas subcategorías, e poñer mellor as categorías en cada páxina. Eu ás veces non sei que categoría poñer, porque moitas veces habería que poñer categorías novas que non hai. Por exemplo, ultimamente estou poñendo a categoría "biomoléculas", pero co tempo haberá que facer subcategorías como "ácidos orgánicos", "cetoácidos", "aminas", etc. Miguelferig 09:28, 8 de agosto de 2011 (UTC)

Categoría:Personalidades da ...Editar

Paréceme ben. Mais ... non entendo ... porqué mo preguntas?--. HombreDHojalata.conversa 20:17, 9 de agosto de 2011 (UTC)

Pois nada, que me parece ben. Paréceme ben tanto un sistema coma o outro. O que penso, claro, é que haberá que empregar un so para todo. Como dis, haberá que fixalo--. HombreDHojalata.conversa 21:06, 9 de agosto de 2011 (UTC)

CorreoEditar

Boas, mandeiche un correo o outro día, non sei se o recibiches. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:15, 12 de agosto de 2011 (UTC)

Chegou o correo que che mandei ou houbo algún problema?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:39, 17 de agosto de 2011 (UTC)
Non home, douche os minutos, horas e días que queras :), só quería saber si estabas enterado e xa vexo que si. Escanéaos cando che cadre ben que non hai presa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:26, 17 de agosto de 2011 (UTC)
Mira, que non eran esas as páxinas que precisamos, mandeiche outro correo sobre o tema :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:44, 18 de agosto de 2011 (UTC)

anqueEditar

Pois eu fieime do VOLGA.

Desfixen os cambios.

Mándolle un correo para que o corrixan?--. HombreDHojalata.conversa 06:03, 17 de agosto de 2011 (UTC)

PorénEditar

[1] Grazas, estiveches atento. A anterior proba fíxena en semiautomático e esta en automático e ía/vou a revisala mañá. Deica--. HombreDHojalata.conversa 22:58, 17 de agosto de 2011 (UTC)

*Anduriña/andoriñaEditar

Fixen algúns cambios que non estou certo de si proceden. Vótaslle un ollo? Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 18:05, 20 de agosto de 2011 (UTC)

RE:Feirado, feireado, feriado > festivoEditar

O que si atopo no Xerais é feireado, exhibido ou mostrado en público en varias ocasións, pero non no senso de festivo se non de feira, claro está. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:28, 26 de agosto de 2011 (UTC)

Al Biruni ou Al-BiruníEditar

Ola Pedro, mira isto, se fas o favor. ver

GalencontroEditar

Mandeiche un correo pero por si ves isto antes como é unha cousa con urxencia tamén cho poño aquí. Hai que confirmar a asistencia ó galencontro para saber o quórum e ver se imos á Cidade da Cultura. Ademáis hai que votar o día que prefires, 17 ou 24 de setembro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:42, 31 de agosto de 2011 (UTC)

ApeiroEditar

Pedro, como se chama isto en galego? Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:39, 7 de setembro de 2011 (UTC)

Moitas grazas. Non a teño a man, pero fareino. --Atobar (conversa comigo) 19:50, 7 de setembro de 2011 (UTC)

MagunciaEditar

Abonda, claro. Ponlle estas referencias que me dás nunha nota a pé de páxina, fai o favor. Estás a todo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:25, 9 de setembro de 2011 (UTC)

SamaínEditar

Ola, Pedro! Procurando un pouco algún artigo sobre Galiza que destacar para outubro, atopeime con este do Samaín. Pero o certo é que o artigo non menciona para nada a Galiza nin se relaciona con ela, non sendo o propio uso da palabra na nosa lingua. Eu controlo moi pouco de etnografía polo que pensei que ti, se tiveses tempo e azos, poderías darlle ese pulo ao artigo para logo propoñelo en outubro, que é o xusto o mes do Samaín. Que dis? --Paradanta (Cóntame) 11:32, 11 de setembro de 2011 (UTC)

Ok, a ver que atopas. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 21:41, 11 de setembro de 2011 (UTC)

ArtigosEditar

Pódeche tardar varios minutos, pero a lista sáeche aquí, 461 comenzando por Rastrexabilidade, do 04/03/2007, Pedro. --. HombreDHojalata.conversa 17:56, 11 de setembro de 2011 (UTC)

Artigos creados por tiEditar

Estes son. [2] Tarda en cargar, algunhas veces minutos, pero cargar carga. --Atobar (conversa comigo) 20:10, 11 de setembro de 2011 (UTC)

Nin conta me dera de que tiñas o mesmo aquí enriba posto por HombreDHojalata. Hai pistoleiros máis rápidos ca min neste Oeste cibernético! --Atobar (conversa comigo) 22:11, 11 de setembro de 2011 (UTC)

Hotel - edificio - torreEditar

re:EnciclopediaEditar

Pedro.

Opino que controlas do tema moito máis ca min e que sería estupendo que corrixiras e ampliaras o artigo e quedabámosche moi agradecidos, eu polo menos. Tentei iniciar un apartado dende o punto de vista galego, para non chantarlle o marcador {{galeguizar}}, pero só é un comezo que, por suposto, pódese/débese repasar e ampliar.

O que di Ferro Ruibal pódelo comprobar aquí   (prog. 397 minuto 3:54), falando da GEG.

O galego pode dicir que é das poucas linguas do mundo que ten catro enciclopedias. Ferro Ruibal

Tamén o tes falando da EGU (298) e da Galipedia (299).--. HombreDHojalata.conversa 22:08, 17 de setembro de 2011 (UTC)

Propoñer o borrado de imaxes en Wikimedia CommonsEditar

Ata iso é máis doado de facer en Commons que na Galipedia ;-)

So tes que premer no botón que hai ó final da columna de texto que esta a esquerda da imaxe Nominate for deletion (está pendente de traducir na interface galega).

Sairache unha ventá emerxente, e ahi pos o motivo da proposta de borrado. Fin do asunto. Aí acabou o teu choio.

Un robot abrirá automaticamente unha paxina de discusión sobre o tema, engadirá as correspondentes categorías e avisará o usuario que subiu a imaxe (neste caso ti).

Se non sabes inglés faino en galego ou en calquera outra lingua, podes indicalo escribindo por exemplo {{pt|O que sexa}} se escribes en portugués. Hai administradores que entenden varias linguas. Un deles revisará a proposta nuns días, mentres, por suposto, calquera pode participar nesa discusión e facer os comentarios que considere oportunos a favor ou en contra do borrado.--. HombreDHojalata.conversa 20:32, 18 de setembro de 2011 (UTC)

Perdón por me entrometer, pero pasei pola páxina de HombreDHojalata para deixarlle un agradecemento, e vin o teu comentario dos dereitos das maquetas. Estou bastante lonxe de saber deses temas, pero xurdiume a dúbida metafísica respecto a que se a maqueta entregóuse a Xunta, que digo eu que foi quen a pagou (vamos, ti e máis eu...), os dereitos non son entón deles (vamos, nosos...)? Furado 12:56, 20 de setembro de 2011 (UTC)
Non Furado. O propietario material e o propietario intelectual son dúas cousas diferentes. Inda que eu encargue un cadro e pague ó pintor, e me entregue a factura coa obra, segundo a lei, a propiedade intelectual sempre é del. --. HombreDHojalata.conversa 13:08, 20 de setembro de 2011 (UTC)
Ben dicia entón que non sabía moito do asunto... Moitas grazas por aclararme o tema, Furado 06:25, 21 de setembro de 2011 (UTC)

BrassicaEditar

Entón, corrixes ti as redireccións? Brassica rapa -> Nabo; Brassica napus -> Colza? É así? Segundo vexo na Wikipedia en inglés, o nabo é en realidade Brassica rapa rapa, entón Brassica rapa simplemente que é? A ver se consigues aclaralo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 20:46, 21 de setembro de 2011 (UTC)

  • Vouno mirar, a ver se son quen de deixalo algo máis claro. O caso é que o xénero Brassica éche un mundo: Brassica rapa é o nabo (Brassica rapa rapa nunca o vin), e Brassica napus é a planta da colza, pero o aceite de colza extraese das sementes dun e doutro. E logo hai un colinabo: Brassica napus napobrassica, e un nabicol que non dou identificado pero que é diferente dese colinabo. Espero ter sorte. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:07, 21 de setembro de 2011 (UTC)

Re: EncontroEditar

Xa o tiña en mente, estou buscando o momento e a inspiración, espero que veña esta semana... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:55, 21 de setembro de 2011 (UTC)

Foto requiridaEditar

E logo, Lameiro, ti non saberás dalgunha fotiño libre para este artigo?--. HombreDHojalata.conversa 22:19, 21 de setembro de 2011 (UTC)

Artigos con máis ligazóns cara a páxinas de desambigüaciónEditar

A ferramenta que conta en automático o numero de ligazóns tela aquí

Que pasen de dez ligazóns hai menos de cen artigos, dos 75.000 da Galipedia. Non está mal. Penso que reducir inda máis esa cifra íanos facer subir no ranking de calidade das wikipedias, pois é un dos parámetros que se teñen en conta --. HombreDHojalata.conversa 09:31, 24 de setembro de 2011 (UTC)

Ligazóns internasEditar

Olá Lameiro, é verdade que fixen unha ligazón interna á wikipedia portuguesa no artigo da touca. Nese momento pareceume "lóxico" porque era unha referencia dun nome en portugués. Non se me ocorreu pensar que non era correcto segundo as convencións da wikipedia. Tereino en mente a partir de agora Saúdos, --Baralloco 21:57, 27 de setembro de 2011 (UTC)

*ZarigüeyaEditar

Como se di? Quería traer á galipedia este artigo pero non coñezo o nome do marsupial. Graciñas --Atobar (conversa comigo) 16:19, 28 de setembro de 2011 (UTC)

zarigüella--. HombreDHojalata.conversa 16:44, 28 de setembro de 2011 (UTC)
Graciñas aos dous. Pedro: só atopo isto [3], en castelán. --Atobar (conversa comigo) 16:48, 28 de setembro de 2011 (UTC)
Ben falado. --Atobar (conversa comigo) 16:55, 28 de setembro de 2011 (UTC)

Estatutos de GaliciaEditar

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/BibliotecaHoxeNoParlamento/Estatutos%20de%20Galicia.pdf --. HombreDHojalata.conversa 20:45, 28 de setembro de 2011 (UTC)

Pois agarda un pouco que inda pode haber algunha sorpresiña . Dame tempo para traballalo. Mentres podes ir botándolle un ollo a isto--. HombreDHojalata.conversa 21:06, 28 de setembro de 2011 (UTC)
Hai vai, cargado en pdf en Commons. --. HombreDHojalata.conversa 13:14, 29 de setembro de 2011 (UTC)

Pois eu non atopei ningunha imaxe en Commons relativa ó estatuto. O que se me ocorreu hoxe era que podía facerse un cartel do estilo dese, pero distinto, na súa lembranza. Podería porse o mapa de Galicia co escudo e a franxa da bandeira e logo o mesmo texto que o da orixinal: "Estatuto de Galicia" e "SI" en grande..., incluso usando cores parecidas. Logo na descripción da imaxe pode poñerse que é unha recreación dos carteis a favor do estatuto que se editaron na época ou algo así. Se che parece ben a idea póñome con ela para a semana que estes días estou liado co do WLM. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:24, 29 de setembro de 2011 (UTC)

Estatuto de Galicia de 1936:
Facsímile do Estatuto de Galicia de 1936, pdf
Invitación ós alcaldes a acudir ás Cortes. 
Déixoche outra imaxe/documento.
Bótalle outro ollo a esta páxina, un traballo impresionante.
Igual che resulta interesante estoutra ligazón a un artigo de Pedro Larrauri.
E coma ligazón útil esta última.
A min non me parece boa idea inventar agora un cartel imitando os de 1936. Unha imaxe dese tipo na Wikipedia acaba difundindose noutros lugares e crea confusión. Por certo, este hai que borralo, é obra de Bernardino Vidarte, finado en 1972.--. HombreDHojalata.conversa 22:00, 29 de setembro de 2011 (UTC)
Non teño tesoiras na casa. Ata que vaia a mercalas ó Carrefour o mes que ven... nada--. HombreDHojalata.conversa 22:24, 29 de setembro de 2011 (UTC)
Eu son partidario de tesoiras e bisturís; en ocasións, cómpre exercer a cirurxía sen piedade, aínda que cumpra abrir en canal ou amputar. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:27, 29 de setembro de 2011 (UTC)
Sobre o cartel ficticio, por se serve de algo a idea, podería poñérselle unha marca de auga coma neste exemplo que pon BORRADOR, co texto máis escuro si se prefire e que poña RECREACIÓN, ou algo así e cunha explicación clara do que é, unha imaxe con carácter educativo que non é copia das orixinais xa que todas teñen dereitos de autor. Só é unha idea, non digo que sexa a panacea pero a falta de pan boas son tortas ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:08, 3 de outubro de 2011 (UTC)

Re:Azuleando o EstatutoEditar

Encantado de poder botar unha man... Saúdos. --Xas (conversa) 22:23, 28 de setembro de 2011 (UTC)

Administrador?Editar

Pedro.

Se a comunidade chos dá, aceptarías de novo os botóns?--. HombreDHojalata.conversa 10:04, 1 de outubro de 2011 (UTC)

Glosario de termos lingüísticosEditar

  • Xa lle botei un ollo, pouca cousa deixaches mal. Coido que está ben agora. Agora vou durmir.

Lin dalgo do de aí arriba:

  • Brassica: Si sei que o xénero é unha casa de p***s. A min deume clase Amando Ordás da Misión Biolóxica, se tes contactos alí podes preguntarlle e darlle saúdos meus.
  • anque: Non sabía que estaba así, xa avisarei. No futuro DRAG vai ir como incorrecta.
  • Biruní: Mira no artigo de arabismos que está en Galifontes ou Galilibros
  • de Usuario:Lameiro/Categorías ¿Cal é a diferenza entre? * Personalidades da ecoloxía * Personalidades do ecoloxismo: a primeira é unha ciencia (Margalef, Cousteau), a segunda un movemento social (Cousteau, Félix Rz de la Fuente). É certo que se solapan moito, polo compromiso dos científicos, pero non teñen nada que ver. É como un botánico e un divulgador. Ou como un selvicultor ou forestal e un de parques.

  Sobreira (parlez) 00:05, 4 de outubro de 2011 (UTC)

Re: O GroveEditar

Xa o irei amañando. Porque tamén quero facer o artigo de Brea Gondar, no que despois te pedirei que botes unha man. Moitas grazas. --Xas (conversa) 15:30, 9 de outubro de 2011 (UTC)

Categoría:AcanthodiiEditar

Boas rapás!. Mira, que fixen a Categoría:Acanthodii copiándoa da wiki en castelán pero despois dinme conta que aquí úsanse nomes algo diferentes..., cando teñas un momento..., ¿poderías revisar se o nome está ben?, é que eu ata aí xa non chego... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:34, 10 de outubro de 2011 (UTC)

Eu non quería nada cos tipos estes :), só quería crear a categoría dentro de Peixes para que estivera un pouco máis completa. Terei que traslada ó nome Acantodios, ¿non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:15, 12 de outubro de 2011 (UTC)
Tes razón que non se debe crear unha categoría valeira así que agora tócame meterlle algo... ;) É que cando vin que a categoría peixes non tiña as familias básicas non sei que me deu, pero foi unha tolada porque seguro que iso para en tódalas categorías de animais e plantas... Foi un cable que me fixo mal contacto... Vou trasladar a categoría e a tentar facerlle un artigo para que non estea soa, aínda que eses peixes paréceme son un pouco rariños de máis :). Saúdos e grazas pola información. Ah, e sobre o dos nomes teremos que falar outro día, ese tema téñoo apuntado nas cousas por facer :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:23, 13 de outubro de 2011 (UTC)

QuenllaEditar

Este artigo de Quenllas tamén chama por ti. --Atobar (conversa comigo) 00:11, 18 de outubro de 2011 (UTC)

A limpar!Editar

Parabéns rapás! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:19, 18 de outubro de 2011 (UTC)

Parabéns polo teu nomeamento de administrador! Agardo que che vaia todo ben. --Toliño Fala aquí comigo 13:33, 18 de outubro de 2011 (UTC)
Parabéns. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 13:52, 18 de outubro de 2011 (UTC)
  • Permitídeme responder aquí a todos. Grazas pola confianza, coa vosa axuda non hai dúbida de que todo irá ben. Pero pídovos paciencia. Grazas a todos... todas. Pedro --Lameiro (conversa) 18:07, 18 de outubro de 2011 (UTC)

Marcelle NaturezaEditar

Podes botarlle un ollo os nomes dos animaliños? A ver se están ben escritos en galego. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 10:59, 23 de outubro de 2011 (UTC)

RE: ZoolóxicosEditar

Busca ti unha categoría que lle acaia mellor. O certo é que vin o artigo sen categoría e mirei en en.wp a que tiñan alí; a primeira era Zooloxía, entre outras. Pois iso, non teño problema ningún en que a modifiques. --Toliño Fala aquí comigo 11:51, 23 de outubro de 2011 (UTC)

Resumo de portadaEditar

Pero ... faio ti, oh! que es o que controlas máis do tema :-) --. HombreDHojalata.conversa 20:38, 31 de outubro de 2011 (UTC)

Aldehido e pontes de HEditar

Xa sabía que se di aldehido, pero había páxinas que tiñan o termo "aldehído", con acento, e en vermello, e para redireccionalas a "aldehido", sen acento (que foi a páxina que fixen eu), creei a páxina aldehído como unha redirección que remitía a aldehido. Ademáis, estaba xa creada por outro usuario a páxina "formaldehído", con acento (que non é correcto), e eu creei a páxina "formaldehido", sen acento, para que se me puxesen en azul os termos formaldehido que incluín eu na miña páxina de aldehido. Quizais o que debía facerse era cambiarlle o nome á páxina "formaldehído", polo de formaldehido. Agora igual quedan en vermello as palabras aldehído de diversas páxinas e só quedarán en azul as aldehido. Ou habería que corrixirlle a ortografía a todas. Pero xa me dixeron que non se pode redireccionar sobre erros.

Tamén fixen algúns cambios en pontes de H.Miguelferig 11:42, 1 de novembro de 2011 (UTC)

RefraneiroEditar

Pedro, comes y rascar, todo es empezar, en galego sería...? --Atobar (conversa comigo) 11:56, 1 de novembro de 2011 (UTC)

Graciñas. Si que o teño (o dicionario de dicionarios) nos favoritos, igual que te teño a ti, que sempre tiras ases do manga cando un espera cartas do común. --Atobar (conversa comigo) 15:35, 1 de novembro de 2011 (UTC)

salazónsEditar

Moitas grazas polo aviso; non sabía que era castelanismo; hei revisar. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:42, 5 de novembro de 2011 (UTC)

Carne vs viandaEditar

Lameiro, poderías engadir unha nota ou un apéndice ou algo describindo a diferenza entre carne e vianda no artigo carne? Sucede que moitoas veces se hiperenxebriza o uso da segunda como se fosen sinónimos, e non o son. --Atobar (conversa comigo) 18:07, 5 de novembro de 2011 (UTC)

Por min está ben, pero a miña pregunta agora é: facemos redirección de vianda a carne ou que outra posibilidade habería? --Atobar (conversa comigo) 20:10, 5 de novembro de 2011 (UTC)
Así sexa. --Atobar (conversa comigo) 20:19, 5 de novembro de 2011 (UTC)

ImaxeEditar

Boas rapás, cando teñas un momentiño, ¿poderías revisar os textos desta imaxe?. Graciñas, --Elisardojm (conversa) 11:05, 16 de novembro de 2011 (UTC)

Mande???? :D. Vaia lío! E que teño que cambiar? :D. É que eu só traducín a versión en castelán, que está basada na versión en inglés, e xa sabes como é esta xente ás veces, ata teñen un país no que andan en coche ó revés! ;). Os cambios a facer pílloos ben, o que non sei que facer é coas dúbidas. As outras versións do ficheiro en francés, castelán, catalán, portugués, etc. teñen todas o T. celer e Thermotoga pero non teño nin idea de por que. O ficheiro orixinal é un gráfico da NASA, ¿terá iso algo que ver?, ¿será unha revisión para extraterrestres? ;). Eu ata aí non chego así que guíome polo que ti me contes.... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:13, 17 de novembro de 2011 (UTC)

Categoría erradaEditar

Por favor, pódesme dicir como se pode cambiar o nome dunha categoría? Creei a categoría Glicolípido, pero despois deime conta que era mellor que fose Glicolípidos, en plural, porque as categorías das substancias químicas están postas en plural, pero non atopei a maneira de cambiala. Xa debe haber media ducia de páxinas de glicolípidos (polo de agora) e é un grupo importante de lípidos que co tempo terá moitos máis artigos. Foi outro erro dos meus, pero supoño que ten remedio. Grazas. Miguelferig 17:42, 20 de novembro de 2011 (UTC)

  Feito! e contestado por Lameiro. --. HombreDHojalata.conversa 08:24, 21 de novembro de 2011 (UTC)

Resposta na conversa do EstatutoEditar

Sobre os meus comentarios non te trabucaches nas datas, é que un día fixen dous e logo outro día engadín o último :). Xa respondín alí, só me queda unha das dúbidas que tiña, a ver se pode amañarse :). Saúdos,--Elisardojm (conversa) 00:51, 21 de novembro de 2011 (UTC)

Boas, cando teñas un momento libre, ¿poderías botarlle un ollo ó meu último comentario na conversa?. É que comentaras as miñas dúbidas pero aínda me queda unha pendente... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:56, 14 de decembro de 2011 (UTC)

Pedriño e RañolasEditar

Graciñas, Pedro; aínda teño que rematar o artigo e hei revisar todo, pero esa foi unha observación moi importante, abofé. Saúde e abrigo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:12, 1 de decembro de 2011 (UTC)

SaramagantaEditar

Este é outro artigo que é lelo e pensar o ben que lle viría unha man de pintura da túa brocha. Anímaste? --Atobar (conversa comigo) 10:55, 2 de decembro de 2011 (UTC)

Pole tricolpadoEditar

Engadín unha nota explicativa breve, que só di que o pole tricolpado é aquel que ten tres sucos (colpos) sobre a súa superficie. Engadín tamén unha referencia sobre a evolución dos sucos da superficie do gran de pole nas Dicotiledóneas, xa que non todas elas o teñen tricolpado. Son as referencias 3 e 4. Espero que sirva.--Miguelferig 20:56, 7 de decembro de 2011 (UTC)

RE:Datas do Paz AndradeEditar

Creo que xa o amañei. O artigo ten o problema de que ten dúas gráficas e hai que poñer as datas na gráfica axeitada, a parte que o segundo timeline ten o formato de data mm/dd/aaaa, un lío... :). Cando teña un momento mirarei se pode facerse só cun timeline e cambiar o formato das datas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:47, 8 de decembro de 2011 (UTC)

Déixame que lle pegue uns retoques hoxe e cando esté xa che aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:23, 11 de decembro de 2011 (UTC)
Creo que está listo, agora só hai un timeline e o formato de tódalas datas é dd/mm/aaaa. Agora o que hai que facer é revisar tódalas datas nas referencias do artigo, por si metín a zoca nalgo, e ir engadindo máis. As datas revisareinas pola noitiña. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:10, 11 de decembro de 2011 (UTC)

WikixogoEditar

...ata do c***** saca estrobos. :) :) A ver como sae. Se me aburro borro a páxina e listo. :D --Xabier Cid Talk 2 me, please 01:09, 8 de decembro de 2011 (UTC)

arteria axilarEditar

Ola! Pódesme axudar a reducir o tamaño da imaxe neste artigo? arteria axilar. Moitas grazas! --Silverfox 18:02, 10 de decembro de 2011 (UTC)

  • Pois grazas! Gardo esas instrucións para poder facelo eu nas próximas ocasións!

Re:Prensa e dereitos de autorEditar

Uf! Imos logo ó, sempre delicado, tema dos dereitos de autor.

Tes razón, a miña actuación foi incorrecta. O correcto sería borrar o ficheiro enteiro. Igual que habería que borrar algunhas imaxes máis que hai na Galipedia. Lembremos que en España teñen que pasar 80 anos do pasamento do autor para que a obra estea no dominio público.

Non teño escusa. Hai cousas que habería que borrar e non borramos, porque nos doe ter que facelo. Que queres que che diga? Que queres que fagamos? Metémonos a facer limpeza coa lei na man?

Cando dis que non compartes... eu teño clarísimo que tampouco comparto a normativa que me toca aplicar. Calquera con sentido común pode entender que é excesiva. Calquera menos algúns herdeiros que viven de rendas e as editoras multinacionais, como por exemplo Disney, que din que foi a que presionou no seu día para impoñer o dos 70 anos. Pero entón, logo, que facemos? Saltamos a lei por riba?

É moi frustrante.

Por outra banda, falando doutros casos, habería que ver un por un. Que inclúan elementos con copyright non implica que non sexan admisibles. Depende do tamaño/resolución etc. Hai unha boa explicación de como funciona iso en De minimis.

Neste concreto ... é que o debuxo de Maside, a unha resolución altísima perfectamente reproducible e sen posibilidade de minimis, clamaba ó ceo!--. HombreDHojalata.conversa 21:26, 10 de decembro de 2011 (UTC)

EstorniñoEditar

Échame una mano, primo, que viene mi novio a veeermeee...!--. HombreDHojalata.conversa 19:24, 11 de decembro de 2011 (UTC)

Grazas! Aquí tes unha foto exclusiva da Galipedia: Ficheiro:Paxaros no cable da luz.jpg. --. HombreDHojalata.conversa 20:21, 23 de decembro de 2011 (UTC)

AxeEditar

Vértebras axe e Atlas (vértebra):

Son as dúas vértebras cervicais. O resto das vértebras posúen un corpo cada unha, unidos polas láminas ao resto de apófises. A única expcepción e a primera e a segunda vértebras cervicais. A primeira cervical carece de corpo. O que antropoloxicamente era o seu corpo, no ser humano foi trasladada á segunda. O corpo (apófise odointoide) é un cilindro, e o centro do atlas é aberto para permitir movementos de rotación. Polo tanto sí, dende un punto de vista anatómico o corpo do Atlas áchase no axe (de ahí a denominación). Así o ensinan nas universidades e podes velo así no Gray, Netter ou Sobotta ou calqueira outro libro de anatomía. Non te preocupes, que está ben redactado.

Un saúdo! --Silverfox 19:32, 17 de decembro de 2011 (UTC)

Tamaño dos protozoosEditar

A maioría dos protozoos miden uns poucos centos de microns como moito (hainos menores), polo que hai que velos utilizando o microscopio, pero hai algúns protozoos que son especialmente grandes, como certos ciliados e esporozoos, que poden medir varios milímetros, polo que poden verse a simple vista. Por exemplo, o ciliado Spirostomum mide uns 3 milímetros. Os máis grandes son os nummulites (foraminíferos fosilizados extinguidos do Terciario), que poden medir varios centímetros e ter o tamaño dunha moeda pequena. Estes protozoos grandes poden denominarse macroscópicos, pero non sei en que contexto os atopaches mencionados así. De todos modos, os protozoos considéranse hoxe un grupo polifilético e cada grupo clasifícase no seu propio filo.

Na natureza hai exemplos para todo, e mesmo existe unha bacteria chamada Thiomargarita namibiensis, que é grande dabondo como para verse a simple vista.--Miguelferig 18:11, 18 de decembro de 2011 (UTC)

Nome dos ósosEditar

Paréceme ben a túa idea, ao longo duns días ireino corrixindo. Un saúdo! --Silverfox 19:41, 19 de decembro de 2011 (UTC)

RE:Ramon CondeEditar

Moitas grazas!, é que estou a facer unha colección ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:08, 19 de decembro de 2011 (UTC)

Pouco a pouco. Xusto a un par de rúas da miña casa hai unha máis, fai ben anos que me fixei nela e nunca se me ocorrera que podía chegar a saber nada dela e mira ti, agora sei o nome (El columpio), o escultor e o ano en que a fixeron... :). Despois das vacacións teño que facerlle unha foto cando vaia de paseo por alí. Cando teña a lista coas coordenadas despois vótalle un vistazo ó mapa do Google, na ligazón da parte de enriba, e verás que cousa máis chula :). Cando teñamos iso feito cos artigos das listas de castros será impresionante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:36, 20 de decembro de 2011 (UTC)
Moitas grazas pola cabeza :). E podes dicirme a rúa onde está?. É para poñerlle as coordenadas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:56, 21 de decembro de 2011 (UTC)

Bo Nadal !!Editar

Espero que disfrutes destas fermosas e entrañables festas, e deséxoche o mellor para o ano entrante. Unha forte aperta e... Bo Nadal!! Furado 14:04, 20 de decembro de 2011 (UTC)

ElecciónsEditar

Eu entendo que si. Se non, en realidade é máis complexo, porque IU tamén foi con ChA, noutros sitios con ICV, etc. Outra cousa son os escanos, porque nese caso si que eu incluiría unha nota que dixese que PAR ten 1, que UPN ten 1, etc. --Xabier Cid Talk 2 me, please 23:44, 21 de decembro de 2011 (UTC)

casco celta de TuiEditar

Si,a foto é das miñas.

Pía megalíticaEditar

Graciñas, Pedro; precipiteime ao categorizar fiándome da descrición. Andarei con máis ollo, e lerei o artigo con profundidade, que só lle botín un ollo por riba. Feliz día de Noiteboa! --Estevo(aei)pa o que queiras... 01:33, 24 de decembro de 2011 (UTC)

Re: Poboación dos concellosEditar

Grazas por avisarme, porque non me dera conta. Feliz Ano! (a anterior edición foi cousa do usuario Andrespe, o 26 de decembro de 2011‎ ás 22:31, pero esqueceu asinar).

EndócrinoEditar

Pois o certo é que non ando traballando en fibrose quística. O único que fixen nesa páxina é poñer entre corchetes "illote de Langerhans" para que fixese ligazón coa páxina do mesmo nome que xusto agora acabo de facer. En canto a endócrino xa sei que se acentúa así e en todas as páxinas miñas está ben escrito (agás erro inadvertido). E tamén escribo autócrino, exócrino, parácrino, etc. Saúdos.--Miguelferig 22:34, 27 de decembro de 2011 (UTC)

Volver á páxina "do usuario Lameiro/arquivo 5".