A Epifanía (do grego ἐπιφάνεια que significa 'manifestación, fenómeno milagroso') é unha festa relixiosa cristiá segundo a cal Xesús toma unha presenza humana na terra, é dicir Xesús dáse a coñecer.

Epifanía en pedra na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño.

Características editar

 
Epifanía (cara 1589), de Roland de Mois.

O termo Epifanía é utilizado, segundo Giacomo Cannobio, na Biblia dos Setenta ou para traducir o concepto de "gloria de Deus" que indica as pegadas do seu paso ou, máis simplemente a súa presenza.

No Novo Testamento, nas cartas paulinas tardías, refírese á entrada de Cristo no mundo, presentada como a do emperador que vén tomar posesión do seu reino (latín adventus, de aí o tempo de advento como preparación ao Nadal). A partir deste significado, o termo usouse en Oriente para indicar a manifestación de Cristo na carne e a continuación, a partir do século IX, para designar a festa da revelación de Xesús ao mundo pagán. Esta é a festa que se segue celebrando o día 6 de xaneiro.

Na narración da Biblia Xesús deuse a coñecer a diferentes persoas e en diferentes momentos, pero o mundo cristián celebra como epifanías tres eventos, a saber: a Epifanía ante os Reis Magos (tal e como se relata en Mateo 2, 1-12) e que é celebrada o día 6 de xaneiro de cada ano; a Epifanía a san Xoán Bautista no Xordán; e a Epifanía aos seus discípulos e comezo da súa vida pública co milagre en Caná no que inicia a súa actuación pública.

En realidade a festa de epifanía que máis se celebra é a que corresponde ao día 6 de xaneiro de cada ano na que os tres Reis Magos, segundo a tradición (nas traducións de Biblias protestantes, e xa actualmente nas últimas traducións das biblias católicas, elaboradas en colaboración ecuménica e interconfesional, menciónase o adxectivo sabios) denominados: Melchor, Gaspar e Baltasar que aparecen do Oriente para adorar a primeira manifestación de Xesús como neno ofrecendo tres agasallos simbólicos: ouro, incenso e mirra. En realidade, a Biblia non fala do número dos magos, ou sabios, nin tampouco dos seus nomes. Foi a tradición posterior a que identificou o seu número e nomes.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar