Brassica rapa

especie de planta

Brassica rapa é unha especie de plantas da familia das brasicáceas que se pode presentar en varias subespecies e variedades cultivadas moi comúns, como a planta do nabo (da que se obteñen nabos, nabizas e grelos); komatsuna, bomdong, bok choy e outras coles chinesas, etc.

Ilustración de Brassica rapa da enciclopedia xaponesa da agricultura Seikei Zusetsu

Brassica rapa subsp. oleifera é unha subespecie de sementes oleíferas.[2][3][4][5][6][7] De tres especies de Brassica oleíferas, concretamente Brassica rapa, Brassica napus (colza) e Brassica juncea,[8] obtense o aceite de colza (nos Estados Unidos e Canadá este tipo de aceite con baixo nivel de ácido erúcico denomínase canola, mentres que os tipos de grao non alimentario denomínanse alí aceite de colza).[2]

Historia

editar
 

A orixe de B. rapa, tanto xeograficamente coma en canto os seus parentes silvestres sobreviventes, foi difícil de identificar porque o ser humano a desenvolveu en distintos tipos de vexetais, agora atópase na maior parte do mundo e volveu ao estado silvestre (feral) moitas veces. Un estudo das secuencias xenéticas duns 400 individuos de B. rapa tanto domesticados coma ferais, xunto con modelos ambientais, proporcionou máis información sobre a súa complexa historia. Este estudo indicou que a B. rapa ancestral probablemente se orixinou hai entre 4000 e 6000 anos na área do Hindu Kush de Asia central, e tiña tres conxuntos de cromosomas. Isto proporcionoulle o potencial xenético para adquirir unha diversidade de formas, sabores e requirimentos de cultivo. A domesticación produciu as hortalizas modernas e as variedades con sementes oleíferas, todas as cales teñen dous conxuntos de cromosomas.[9][10]

A subespecie produtora de aceite (oleifera) de Brassica rapa puido ser domesticada varias veces desde o Mediterráneo á India, empezando xa no 2000 a.C.[11] Os nabos comestibles foron cultivados primeiro posiblemente no norte de Europa, e foron un alimento importante na antiga Roma.[11] O cultivo do nabo despois espallouse cara ao leste ata a China e chegou ao Xapón no 700 d.C.[11] Hai descricións de hortalizas de B. rapa en documentos indios e chineses desde arredor o ano 1000 a.C.[9]

No século XVIII Carl Linné considerou o nabo e as variedades produtoras de aceite especies diferentes, e denominounas B. rapa e B. campestris. Os taxónomos do século XX atoparon que as plantas eran fértiles entre si e debían pertencer á mesma especie. Como o nabo fora nomeado primeiramente por Linné, adoptouse o nome Brassica rapa.[12]

As follas novas de B. rapa considéranse unha hortaliza excelente para comer crúa ou se son máis vellas cociñadas, así como os gromos. En Galicia son alimentos moi populares as follas novas tenras desta planta, chamadas nabizas (ou rabizas) e os gromoa, chamados grelos (ou cimos, cimóns), moi populares en Galicia. A raíz napiforme ensanchada (nabo, carola, varizo, cachola, carocha) e as sementes (nabiñas) poden tamén comerse crúas, pero estas últimas conteñen un aceite que pode ser irritante para algunhas persoas. Tamén se lles poden dar aos animais. As variedades utilizadas e usos culinarios dependen do país.[13]

Moitas bolboretas, incluíndo Pieris rapae, aliméntanse e polinizan as flores de B. rapa.

Cultivares

editar
Cultivar Imaxe Nome
Bok choy (un tipo de col chinesa)   Brassica rapa subsp. chinensis
Bomdong   Brassica rapa var. glabra
Choy sum 100px Brassica rapa subsp. parachinensis
(Un tipo de colza)   Brassica rapa subsp. oleifera
Komatsuna   Brassica rapa subsp. perviridis
Mizuna   Brassica rapa var. nipposinica
Col chinesa (un tipo)   Brassica rapa subsp. pekinensis
(Un tipo de grelo)   Brassica rapa var. ruvo
Tatsoi   Brassica rapa subsp. narinosa
Nabo   Brassica rapa subsp. rapa
(Un tipo de grelo)   Brassica rapa subsp. trilocularis
  1. "Brassica rapa L.". Plants of the World Online. Royal Botanic Gardens, Kew. Consultado o 2022-08-22. 
  2. 2,0 2,1 "Brassica rapa subsp. oleifera". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (USDA). Consultado o 13 de abril de 2013. 
  3. "Brassica rapa subsp. oleifera". Turnip Rape. EOL. Consultado o 13 de abril de 2013. 
  4. Clive Stace (1997). New Flora of the British Isles. Cambridge: Cambridge. ISBN 978-0-521-58935-2. 
  5. Bailey's Dictionary (5th reprint ed.). 1731. 
  6. Doreathea Hurst (1889). History and Antiquities of Horsham. Farncombe & Co. 
  7. "Brassica rapa". Bioimages. cas.vanderbilt.edu. 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2010. Consultado o 2010-06-10. 
  8. "History of Canola Seed Development | Canola Encyclopedia". 
  9. 9,0 9,1 Tarlach, Gemma (11 de xuño de 2021). "The Deep Roots of the Vegetable That 'Took Over the World'". Atlas Obscura. Consultado o 30 de xuño de 2021. 
  10. McAlvay, Alex C; Ragsdale, Aaron P; Mabry, Makenzie E; Qi, Xinshuai; Bird, Kevin A; Velasco, Pablo; An, Hong; Pires, J Chris; Emshwiller, Eve (2021). "Brassica rapa Domestication: Untangling Wild and Feral Forms and Convergence of Crop Morphotypes". Molecular Biology and Evolution 38 (8): 3358–3372. doi:10.1093/molbev/msab108. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Sanderson, Helen (2005). Prance, Ghillean; Nesbitt, Mark, eds. The Cultural History of Plants. Routledge. p. 72. ISBN 0415927463. 
  12. Phil Thomas, ed. (2003). "Canola Varieties". Canola Growers Manual. Canola Council of Canada. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2009. 
  13. Benoliel, Doug (2011). Northwest Foraging: The Classic Guide to Edible Plants of the Pacific Northwest (Edición revisada e actualizada ed.). Seattle, WA: Skipstone. pp. 83–84. ISBN 978-1-59485-366-1. OCLC 668195076. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar