Conversa usuario:Lameiro/arquivo 8
RE:Viadutos de Redondela
editarNon te creas que é tan raro que un monumento esté tanto tempo co expediente incoado, para min que é bastante normal xa que nesa situación teñen a mesma protección que os BIC declarados, pero pola contra a Administración non está obligada a facerse cargo da súa xestión e restauración co cal se aforran un montón de cartos. Vou buscar un pouco máis por se atopo algo na Xunta pero para min que vai ser que non. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2014 ás 01:17 (UTC)
- Busquei e busquei e non atopei nada sobre o tema e polo tanto, como comento na conversa de Redondela con algún detalle máis, actualicei os artigos relacionados para indicar que está aberto un expedente para declaralos BIC dende 1978, que é o único do que estou certo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xaneiro de 2014 ás 13:16 (UTC)
Proposta na taberna
editarBoas Lameiro! Fixen unha proposta na taberna que penso que pode ser interesante, se queres podes pasarte a opinar. Unha aperta!! Piquito (conversa) 7 de xaneiro de 2014 ás 13:16 (UTC)
Estradas
editarBoas, Pedro! A ver se puideses subir unha foto da PO-308 e da PO-531, sería a monda. Un saúdo, e mil grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de xaneiro de 2014 ás 19:21 (UTC)
- Para que che veña a inspiración :)
Categoría:Imaxes de estradas de Galicia. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de xaneiro de 2014 ás 19:42 (UTC)
Proposta na taberna
editarBoas, hai unha proposta na taberna para tentar organizar un traballo conxunto da comunidade, se che interesa comenta alí o que che parece, a proposta está aberta e se a comunidade o decide pode ser adaptada ó que faga falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 01:31 (UTC)
fusión
editarOla, Pedro! Penso que o contido do artigo Peregrinación a Santiago de Compostela ben podería incluírse en Camiño de Santiago, facendo unha fusión; como o ves?
Parabéns polo artigo do Camiño Francés. Fabuloso! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de xaneiro de 2014 ás 21:37 (UTC)
- En vez de "Camiño de Santiago" ou "Camiños de Santiago", a min dime cousas o nome de "Camiño Xacobeo" como título do artigo; que che parecería?
Que che sente ben a semana de desconexión galipédica. Aínda que sexa involuntaria, seguro que senta ben. Saúde e boa viaxe! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de xaneiro de 2014 ás 22:38 (UTC)
Camiño Francés (minúsculas/maiúsculas)
editarParabéns polo artigo. Por favor, bótalle un ollo á Conversa:Camiño francés. --. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2014 ás 12:12 (UTC)
Ser de Angrois
editarBoas, acabo de ver a achega ó artigo de Angrois sobre a frase e hai algo que non me cadra. Primeiro perdoa por meterme por onde non teño nin idea e menos aínda sen poder consultar a fonte. O que non me cadra da achega é que se o cambio de significado é unha proposta, como é que se afirma "que agora adopta o valor"?, non será "para que adopte o valor"? Xa que é unha proposta terá que ser aceptada pola sociedade e introducirse nela, non? Ou foi así aceptada por algunha autoridade lingüística ou similar? Se é este último o caso entón habería que indicalo para que quede claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xaneiro de 2014 ás 13:49 (UTC)
- Agora xa o pillo, non me fixara na referencia do Correo, engadín tamén a referencia ó artigo de Cinco días. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xaneiro de 2014 ás 00:03 (UTC)
Vitrasa
editarNon entendo porque borras a páxina da liña C9A cando é a que comunica co Aeroporto de Vigo e se en cidades coma Madrid ou Londres as súas liñas de autobús e metro saen en Wikipedia. (O anterior comentario fíxoo o usuario Axudamos, o 30 de xaneiro de 2014 ás 22:56, pero esqueceu asinar.)
Acetil-CoA
editarFeito! Xa cambiei o nome a acetil coencima A, pero ten en conta que practicamente nunca se escribe o nome enteiro. Por outra parte, os nomes dos compostos bioquímicos teñen moita sinonimia, porque se foron utilizando distintas variantes ao longo do tempo e a IUPAC cambia periódicamente o nome recomendado. Deste xeito, na literatura recente poden verse os nomes escritos de diversas formas e mesmo nas referencias que se poñen nos artigos da wikipedia nunhas está escrito dunha forma e noutras doutra. As recomendacións máis recentes que fai a IUPAC xeralmente tardan un certo tempo en xeneralizarse. Para este composto habería que poñer as redireccións acetil-CoA, acetil coencima A, acetil-coencima A, acetilcoencima A, e como agora se pode escribir en galego tamén con z, pois habería que engadir acetil coenzima A, acetil-coenzima A e acetilcoenzima A. Non tes máis que ver os variados nomes que ten noutras wikipedias na wikidata. Outras moléculas aínda teñen máis sinonimia. Xeralmente eu non poño todas as variantes, senón só as máis usadas. Mira esta outra: frutosa-1,6-difosfato, frutosa-1,6-bifosfato, frutosa-1,6-bisfosfato, frutosa 1,6-bisfosfato (sen guión; é a forma máis moderna), etc. Por outra parte, empecei a facer o mapa de xiba/choco. Deume traballo facer o mapa de Galicia, porque non domino o Inkscape e Galicia ten unha costa moi recortada, pero xa teño un mapa vectorial bastante aceptable (non perfecto). Tiña algúns vectoriais moi bos en CorelDraw, pero eses non valen; ten que ser en Inkscape. No mapa tiven algunhas dúbidas na interpretación dalgúns puntos en cor. Os laranxas son de choco, os castaños de chopo e os verdes de xiba, pero hai uns que son verde escuros que non sei que serán ou pode que sexan unha superposición (os de Ribadeo e Ribeira). Sabes se é algunha outra variante ou saiu así a cor na reprodución? Pode que simplemente sexan círculos verdes de xiba que saíron máis escuros. --Miguelferig (conversa) 31 de xaneiro de 2014 ás 21:30 (UTC)
Ola de novo
editarOla Lameiro.
É só por interesarme polo problema do nome de usuario que me comentaras. Amañáchelo? Estás máis cómodo? Como fixeches? Teño algo máis ca simple curiosidade-- Lmbuga / Conversa comigo 31 de xaneiro de 2014 ás 22:33 (UTC)
- Moitas grazas e -é o meu parecer- fai o posible por estar comodo. Sinto non poder axudar máis-- Lmbuga / Conversa comigo 2 de febreiro de 2014 ás 20:50 (UTC)
- Síntete importante. Es importante-- Lmbuga / Conversa comigo 2 de febreiro de 2014 ás 21:02 (UTC)
- Quizais comece a colaborar desde cero. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo 2 de febreiro de 2014 ás 21:05 (UTC)
- Síntete importante. Es importante-- Lmbuga / Conversa comigo 2 de febreiro de 2014 ás 21:02 (UTC)
Grazas a ti, pero sigo pensando que -permíteme esa liberdade, se podes (e, se non podes, disimula, por favor)- es importante. É só unha valoración persoal. Para min es e fuches sempre importante. Como valoración persoal iso é innegable-- Lmbuga / Conversa comigo 2 de febreiro de 2014 ás 21:25 (UTC)
- Podería profundar sobre a importancia que creo que tes, pero non creo que sexa o momento adecuado. É maior do que ti pensas, na miña opinión-- Lmbuga / Conversa comigo 2 de febreiro de 2014 ás 21:31 (UTC)
- Non son dado a tirar flores e non teño interese ningún-- Lmbuga / Conversa comigo 2 de febreiro de 2014 ás 21:32 (UTC)
- Gustaríame pensar que es unha referencia. Gustaríame que foses unha referencia para min. Todo sería mellor-- Lmbuga / Conversa comigo 2 de febreiro de 2014 ás 21:33 (UTC)
Xiba/choco
editarO programa que eu te dixera para baixar a imaxe é Inkscape, que é o programa estándar que usa a wikipedia Commons para as imaxes vectorias svg. O programa é gratuíto e descárgase doadamente en Internet (e non por 30 días, senón para sempre e con actualizacións tamén de balde). O que vou facer é subilo á páxina de conversa de xiba e poñelo alí, porque se o hai que modificar pode facerse despois doadamente. Outro problema é se xiba e choco non se refiren á mesma especie, ou hai unha distinción por tamaños (os choquiños fillos pequenos e os grandes adultos), ou peor aínda sería se se confunde con outras especies, como o "chipirón", que é tamén pequena.--Miguelferig (conversa) 1 de febreiro de 2014 ás 20:23 (UTC)
- Xa está subido o mapa á páxina Conversa:Xiba como imaxe da galipedia (non o subín a Commons).--Miguelferig (conversa) 1 de febreiro de 2014 ás 20:30 (UTC)
- Acabo de pasar por aquí curioseando por outras causas/cousas, e lin o anterior. Se tes os datos correspondentes, creo lembrar que tamén mincha-caramuxo teñen o que se chama distribución complementaria. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 3 de febreiro de 2014 ás 08:33 (UTC)
No km. 100 do Camiño Francés, pero xa nin me lembro de en que concello quedaba.
Heterocongros
editarOla Pedro. Gustaríame que lle botases unha ollada á Conversa:Heterocongro. Grazas. --XoioÉche o que hai 20 de febreiro de 2014 ás 13:49 (UTC)
- De acordo en que, seguindo a norma xeral, o título debería ser Heteroncongros, en plural (supoñendo que estivese documentado o nome heterocongros; de todos os xeitos, é fácil deducilo. Porén, penso que sería mellor titular co nome científico... do xénero (que é obrigatorio en latín). Mira, por exemplo, o artigo Conger, que redactei porque o único que figuraba era Congro (ao que redirixe Conger comger, aínda que hai moitos máis congros). Realmentre, a min dame igual, porque xa fixen a ligazón de Heteroconger a... Heterocongro, en singular (de momento) pero, como ves, corrixín comenzado o artigo por "Os heterocongros son..." Grazas por contestares, Luís. --XoioÉche o que hai 20 de febreiro de 2014 ás 18:36 (UTC)
Ata certo punto, si. Pero hai dous inconvenientes:
1. Eu titulei moitos artigos de xéneros co nome do xénero en latín (non hai outra) e ninguén protestou, e
2, e máis importante: produciríase a incoherencia, tal como está agora a "Clasificación científica" de figurar o nome galego en plural, e o latino en singular:
Heteroncongros
Heteroconger
Un saúdo, Luís.--XoioÉche o que hai 20 de febreiro de 2014 ás 18:54 (UTC)
- Siiiii... pero eu, nin son muller, nin falo latín. He, he, he.--XoioÉche o que hai 20 de febreiro de 2014 ás 19:12 (UTC)
Salto de esquí
editarBoas Lameiro! Vin o teu comentario na Conversa:Salto de esquí, deixei un par de opcións, mais non sei se serán moi axeitadas, a lingua non é precisamente o meu. Piquito (conversa) 10 de marzo de 2014 ás 23:00 (UTC)
Outono
editarNo artigo outono fixen un pequeno apartado sobre a consideración da estación na cultura galega segundo expón Francisco Fernández Rei que o nome de outono non era popular para designar propiamente a estación senón o mes de outubro, como sei que fixeches artigos interesantes sobre a cultura galega popular podería ser que tiveses máis referencias ou quixeras engadir máis ou ben corrixir a miña redacción por se non é exacta.--Sernostri (conversa) 20 de marzo de 2014 ás 16:27 (UTC)
- Comín unha palabra, era nos primeiros meses e fundamentalmente no mes de outubro (ou outono) cando se denominaba primavera de outono. Tamén Francisco Fernández Rei comenta a transformación do estío medieval no verán (ou vran que é como se di popularmente en moitos lugares) contemporáneo, cando na Idade Media o verán (verao) era a nosa primavera. A verdade é que é un artigo ben interesante .--Sernostri (conversa) 21 de marzo de 2014 ás 15:00 (UTC)
Escultura gótica en Galicia
editarOla Pedro.
Engadín as referencias nas que me baseei: Basicamente os artigos "GÓTICO" e "PORTICO" da GEG e o libro "Atlas Arte. Galicia" de Basilio Cegarra. Se queres, pódoche mandar os artigos completos.
Aproveito para dicirche que para ir facendo Arte de Galicia levo tempo remexendo e remexendo en fotos e artigos, e sempre acabo atopando obras túas moi interesantes. Parabéns e grazas. --. HombreDHojalata.conversa 23 de marzo de 2014 ás 22:53 (UTC)
Barajas
editarBoas Pedro! Eu deixaría o nome do artigo como Aeroporto de Madrid-Barajas ata que se publique oficialmente o cambio do nome. Aínda que na páxina de AENA xa apareza recollido o novo nome, non será oficial ata que se publique no BOE ou no que corresponda. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 24 de marzo de 2014 ás 23:55 (UTC)
- Ademais de que nome publicado na web do Ministerio de Fomento é Aeroporto Adolfo Suárez, Madrid-Barajas sen o de. --AMPERIO (conversa) 24 de marzo de 2014 ás 23:59 (UTC)
Votación para anunciar as votacións de artigos de calidade
editarBoas, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Grazas, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 02:08 (UTC)
Referencias
editarBoas! Non hai problemas se queres revertilo. Na Galipedia coido que non hai ningunha norma ao respecto, mais creo que si que as teño visto noutras wikis se te fixas case sempre se fai así, pero vamos non me molesta o contrario nin nada. Persoalmente gústame despois porque non interrompe a lectura por así dicilo, se estás a ler primero ves a referencia e despois se vai un punto, unha coma... aínda que realmente é un razoamente un pouco parvo, seino :) Saúdos!--Adorian (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 21:44 (UTC)
Preguizoso
editarMira unha pregunta, no artigo Ice Age fálase dun perezoso que obviamente non é correcto, pero sabes cal debería ser a forma correcta en galego? un Folivora ou un Folívora ou como? Porque no dicionario da RAG no termo preguiceiro nin no preguizoso teñen unha acepción para ese animal... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de marzo de 2014 ás 20:34 (UTC)
- Ah, grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2014 ás 23:34 (UTC)
Cracovia
editarGrazas pola información. Non estaba enterado, saqueina doutras páxinas visitadas. Un saúdo, Luís. --XoioÉche o que hai 1 de abril de 2014 ás 19:54 (UTC)
Proposta
editarBoas Lameiro/arquivo 8!, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 2 de abril de 2014 ás 11:18 (UTC)
Gerhard Herzberg
editarFixen uns cambios mínimos na páxina, xa que as moléculas de que me falabas existen e están correctas, pero puxen as fórmulas con superíndices e subíndices e engadín dúas referencias, xa que non había ningunha. De feito, a esas moléculas acabo de facerlles cadansúa páxina traducida da wiki en castelán, para que haxa información sobre elas na galipedia. Son hidróxeno molecular protonado e hidróxeno triatómico. De todos modos, a miña especialidade é a bioloxía, e aínda que me guste moito a bioloxía molecular e a bioquímica, non sei tanto de temas que sexan puramente de química ou física. Pero neste caso a cousa penso que queda solucionada.--Miguelferig (conversa) 12 de abril de 2014 ás 18:17 (UTC)
Garrigues
editarBoas Lameiro! Grazas polo aviso, esquecérame de borrar un cachino que quedaba sen traducir. Grazas polo aviso! Piquito (conversa) 12 de abril de 2014 ás 20:51 (UTC)
Opinión
editarBoas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)
Cuaña ou Coaña
editarBoas, estou repasando os nomes dos concellos de Asturias e no concello de Cuaña non me aclaro, como vin que ti moviches o artigo pois pregunto: se o artigo pon "Cuaña (en eonaviego, Coaña en galego e castelán)", ¿por que non se chama o artigo Coaña? Se estamos dicindo que en galego é así entón ten que levar ese nome, non? Ou está mal o texto do artigo? No documento da UDC, na páxina 136, poñen Coaña... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2014 ás 10:49 (UTC)
- No documento sobre eonaviego empregan "Coaña" tamén. --Norrin (Fálame) 24 de abril de 2014 ás 11:07 (UTC)
- Co cambio que houbo na política de topónimos agora a forma a usar nos artigos é a forma en galego, se hai. Neste caso entendo que a forma a usar será Coaña porque aparece na páxina da UDC e tamén na páxina que puxo Norrin de topónimos en galego de Asturias. Polo tanto penso que o artigo hai que movelo a Coaña e poñer na cabeceira: "Coaña (Cuaña en asturiano)" .... O que si se pode facer é unha redirección dende Cuaña. Estamos todos dacordo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de abril de 2014 ás 10:10 (UTC)
- Pero si non estás de acordo entón teremos que atopar o problema..., eu do sitio este non sabía nada ata a semana pasada, agora sobre o seu nome só sei o que entendo das referencias que atopamos. Vou facer un resumo para ver se aclaramos o tema e se me trabuco nalgo corríxeme o que sexa, vale? Cuaña está claro que é o nome en asturiano, está na wiki.ast e na referencia que puxeches ti, pero en ningún lado atopo que esa sexa a denominación en galego. Por outra banda atopo referencias en galego e en galego-asturiano para Coaña no documento da UDC e no documento que achegou Norrin. Eu, polas referencias, entendo que Coaña é o topónimo en galego e Cuaña é o topónimo en asturiano, ti non o ves así? en que me trabuco entón? Gustaríame que o tema quedara claro porque non quero pasar por alto ningunha información, se é así dimo e revísoa.
- Achego algo máis de información por se puidera ser útil: buscando "Cuaña" na web da RAG o Gooogle non atopa nada, buscando "Coaña" atopa 3 resultados, neses resultados hai un Caderno de Lingua do 2009 que nomea o lugar como Coaña (A deturpación da toponimia galega no Eo-Navia, de Xosé-Henrique Costas González da UVi). Agora mesmo acabo de atopar este documento, Repertorio toponímico e xentilícico da terra Eo-Navia de Carlos Xesús Varela Aenlle tamén da UVi (2010), que entendo que está en galego-asturiano, que tamén usa Coaña.
- Sobre a política de topónimos penso que non hai dúbida, ti tamén estabas a favor do cambio así que estamos na mesma corrente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de abril de 2014 ás 01:23 (UTC)
- Co cambio que houbo na política de topónimos agora a forma a usar nos artigos é a forma en galego, se hai. Neste caso entendo que a forma a usar será Coaña porque aparece na páxina da UDC e tamén na páxina que puxo Norrin de topónimos en galego de Asturias. Polo tanto penso que o artigo hai que movelo a Coaña e poñer na cabeceira: "Coaña (Cuaña en asturiano)" .... O que si se pode facer é unha redirección dende Cuaña. Estamos todos dacordo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de abril de 2014 ás 10:10 (UTC)
Ah, vale, entón xa entendo a túa postura, aínda que non a comparta, e penso que ese é un debate que habería que tratar noutro lugar, cun par de cañas e con tempo abondo :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de abril de 2014 ás 12:41 (UTC)
Rutáceas e Rutaceae
editarOla Pedro, seinl e sempre poño moito empeño no uso dos nomes vulgares específicos, en niveis taxonómicos superiores sempre dou preferencia ao nome vulgar cando é común; porén a complexidade taxonómica que acada a botánica fai que as máis das veces dea preferencia á forma culta, máis recomendable. Moitas veces a forma común nin aparece nos dicionarios de galego, especialmente a nivel familia, polo que non ten coherencia que nomes de familias botánicas vaian coma vulgares e outras coma científicas. Outra cousa son as especies, nas que sempre se pon o nome vulgar galego se existe. Por pór un exemplo, o xénero Citrus non é o nome do artigo, xa que cítricos, o nome vulgar, é moi común. Rutáceas non é común, logo coido que redirixir a Rutaceae é máis correcto, especialmente porque nas categorías úsanse nomes científicos para que todo sexa máis sinxelo e coherente. Saúdos.Nachonion (conversa) 25 de abril de 2014 ás 19:11 (UTC)
- Concordo co que dis, pero é certo que a parte de zooloxía non é tan complicada. Tamén sei que fabáceas é a única familia con come común, xa que é das poucas que existían antes de eu comezar co traballo de botánica na Galipedia. A verdade que non sei que dicir, ests claro que as opinións non importan e que temos que seguir as normas da Galipedia. No meu punto de vista, o que eu faría, sería seguir a usar os nomes comúns das especies e dos xéneros (se os hai), e cambiaría Fabáceas a Fabaceae para crear a coherencia nas familias e non termos que redirixir máis de 100 categorías botánicas. Ademais, como ti ben dis, a botánica estase a complicar na Galipedia e logo terenos que empregar as denominacións científicas. Moitas veces, especialmente coas herbas non sei que nome vulgar escoller porque a RAG dá varias opcións sen preferencia ou recomendación de ningunha. È un tema que tamén podemos considerar en aberto. Agardo os teus comentarios e a ver que facemos. Saúdos.Nachonion (conversa) 25 de abril de 2014 ás 20:59 (UTC)
RE:Redireccións
editarEu entendo que non pada nada porque sexan ingleses, escoceses ou norirlandeses, xa que clasificámolos por países, e xa que logo todos eles son do Reino Unido. Logo dentro da do RU pódense crear subcats de Inglaterra, Gales, etc. Mais como a categoría nai é "Compositores por países" non hai moito problema. --Norrin (Fálame) 28 de abril de 2014 ás 06:40 (UTC)
Compositores franco-flamencos
editarBoas Lameiro! Vin que puxeches na Categoría:Compositores franco-flamencos unha categoría que indica que dita categoría está pendente de ser movida, mais non entendo moi ben por qué o fixeches. Os compositores franco-flamencos pertencen todos eles a unha mesma escola e polo tanto teñen un mesmo estilo, ademais toda a bibliografía que eu coñezo se refire a eles como compositores franco-flamencos. A maior parte dos compositores da escola eran neerlandeses, flamencos e franceses e por eso se coñece así a escola (a primeira é coñecida como escola Borgoñona). Se non tes obxección procederei a retirar a categoría que introduciches porque creo que non é axeitado movela, en tal caso se pode encadrar dentro das categorías de compositores de Bélxica, Países Baixos e Francia (aínda que quedaría raro que Obrecht, que non era francés quedara ligado a Debussy, que si o era). Xa me dirás, unha aperta! Piquito (conversa) 3 de maio de 2014 ás 17:05 (UTC)
Nomes de razas de cans, en maiúscula ou en minúscula
editarOla Pedro.
O correcto é Bull Terrier ou bull terrier? Na Wikipedia hai disparidade de criterios (d:Q38322).
Graaazas. --. HombreDHojalata.conversa 4 de maio de 2014 ás 17:42 (UTC)
Categorías de illas e arquipélagos
editarBoas! os cambios que estou facendo nestas categorías débense a que existe dúas ramas de categorías dende fai un tempo, Illas de... e Illas e arquipélagos de..., polo que compre darlle unha saída, sei que de primeiras pode parecer máis acaido illas e arquipélagos que illas e secas pero realmente os arquipélagos illas son polo que en certa maneira é redundante poñer illas e arquipélagos, de feito so hai unha wikipedia que expecifique as dúas cousas, a castelá, así mesmo a Illas de... ten moitas máis illas categorizadas, é máis antiga e os cambios anteriores similares aos que estou facendo eu ian no mesmo sentido que os meus. saúde! --Anton45 (conversa) 4 de maio de 2014 ás 21:24 (UTC)
Libro de estilo
editarBoas! Comecei un novo tema na Taberna para concretar mais o libro de estilo, a ver se lle podes botar un ollo. --Norrin (Fálame) 5 de maio de 2014 ás 14:22 (UTC)
Dinosaurios
editarBoas, cando teñas un momento, poderías revisar as contribucións da IP 187.191.13.133? É que creou varias redireccións que non sei se serán todas correctas en galego, por exemplo Giganotosaurus. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de maio de 2014 ás 09:21 (UTC)
- O que me estrañou foi precisamente que o do Giganotosaurus parecese estar ó revés, e por iso non me fiaba das outras redireccións. Será mellor cambiar o artigo de Xiganotosaurus a Giganotosaurus coma os outros? Se hai que facelo encárgome eu, só preciso que me confirmes, ou non, o movemento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de maio de 2014 ás 23:15 (UTC)
Warner Bros.
editarOla Lameiro, eu tamén dubidei pero creo que o punto é pola abreviatura de Brothers (irmáns). Con todo na categoría quizais podemos precindir do punto. Saúdos.Nachonion (conversa) 10 de maio de 2014 ás 20:46 (UTC)
Imaxes de muiñeira
editarBoas, Lameiro. Vexo que estiveches traballando na recategorización desta imaxe: Ficheiro:Muiñeira. Galicia (Spain).jpg. O caso é que, como xa comentei na conversa da imaxe en 2010, non se trata de roupa tradicional galega, senón que é vestimenta prototípica dun rancho folclórico portugués. As chinelas e o mandil bordado dela, o pantalón longo con esa faixa vermella, todo é prototipicamente portugués. Polo que podo ver, o autor da foto ten un nome inglés e supoño que viu unha actuación dun rancho en Vigo, que non soubo distinguir doutros grupos galegos. En consecuencia, é altamente improbable, por non dicir imposible, que esas dúas persoas estean bailando unha muiñeira. Sexa como for, a imaxe non se corresponde en absoluto co que se entende por traxe galego, así que baixo o meu punto de vista sería boa idea mudar as categorías que ten. Acontece exactamente o mesmo coa imaxe Ficheiro:Vestimenta tradicional. Galicia (Spain).jpg. Que che parece? Saúdos, vilachan (conversa) 16 de maio de 2014 ás 15:05 (UTC)
- Ola! Pois mira, non habendo categorías máis acaídas, e non habendo necesidade de abrir categorías novas para dúas fotos soltas, na Galipedia tamén está a Categoría:Vestimenta, que xa sei que é bastante xeral, pero é a que temos agora. En Commons acabo de meter ambas en Category:National costumes of Portugal e a dos que están bailando tamén en Category:Dance of Portugal. O que non sei é se pode conseguir que lles muden o nome para que non haxa confusións posteriores. Saúdos, --vilachan (conversa) 16 de maio de 2014 ás 22:21 (UTC)
- Pois si, tes toda a razón. Di ti que na Categoría:Vestimenta xa hai unha foto, pero en calquera caso, está claro que o de "imaxes" é relevante. Non sei, xa me decato de que crear unha Categoría:Imaxes de vestimenta igual é esaxerado para comezar só con dúas fotos, pero tamén é certo que pode ser unha categoría con rendemento, tendo en conta que xa existe unha Categoría:Imaxes de vestimenta en Galicia. Sexa como for, se se quixese crear, creo que neste momento debería colgar de Categoría:Imaxes sobre cultura.
Saúdos, --vilachan (conversa) 22 de maio de 2014 ás 19:22 (UTC)
Transliteración
editarBoas Pedro! Xa está a política de transliteracións para votación. Saúdos! --Norrin (Fálame) 27 de maio de 2014 ás 15:12 (UTC)
Fasciola
editarIncluín no cabezallo e no apartado de Patoxenia a información que puxeches na páxina de conversa, pero... estás seguro que "faixa" se refire á enfermidade producida pola fasciola (fasciolíase)? No DRAG fala da faixa como unha doenza pulmonar [1]. A fasciola pode invadir outros órganos ademais do fígado, entre eles os pulmóns, pero normalmente é hepática. O problema coas denominacións populares é que moitas veces non son moi precisas. As denominacións técnicas (fasciolíase) están definidas estritamente.
E aproveitando, noutro orde de cousas, no artigo Centola non se podería poñer a cita de Sarmiento dentro dun despregable que se pode agochar e despregar como o que hai por exemplo na lista de especies de Plasmodium en desuso da páxina Plasmodium? Así mantense a cita dentro da páxina, é moi fácil acceder a ela, non hai que poñela en letra pequena difícil de ler, senón en letra normal, e ocupa pouco, evitando que a grande extensión da cita faga que esta pareza excesivamente voluminosa na páxina.--Miguelferig (conversa) 10 de xuño de 2014 ás 10:05 (UTC)
- Non coñecía o libro. Pareceume moi interesante. Incluín a referencia e os nomes da doenza no apartado de Patoxenia, e incluín faixa no cabezallo. Grazas.--Miguelferig (conversa) 11 de xuño de 2014 ás 10:58 (UTC)
Categorías
editarComo vin que traballaches nelo, animaríaste a redactar unha política de categorías (temos Wikipedia:Categorías, mais coido que non e política)? Por outra banda, revisando o artigo Castelao, vin que estaba só clasificado na categoría homónima, e non sei se isto ten moito sentido... (Nas cats. superiores e na propia categoría?). Sabes qué temos disto? Vin un engadido de Gallaecio á páxina dita antes sobre os artigos que dan nome a categorías, mias non sei se foi alog debatido... Saúdos! --Norrin (Fálame) 13 de xuño de 2014 ás 11:48 (UTC)
Tradución das citas
editarBoas Lameiro! Abrín un debate na Taberna para tentar aclararnos sobre a tradución/non tradución das citas, sería boa cousa contar coa túa participación. Saúdos! --Norrin (Fálame) 16 de xuño de 2014 ás 08:05 (UTC)
RE:Fotografías de obras de Ramón Conde
editarBoas, non puiden atopar as imaxes en Panoramio así que cambiei as ligazóns polas da páxina no escultor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xullo de 2014 ás 22:43 (UTC)
Botóns
editarFai un tempo comentouse na taberna que non funcionaban os botóns que están debaixo da caixa de edición. Xa están funcionando grazas a uns cambios que fixo Toliño. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xullo de 2014 ás 12:49 (UTC)
Opinión
editarBoas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)
Novas categorías de poboación
editarOla Pedro.
Pódelas crear ti mesmo, é moi doado. Só lle tes que poñer:
__CATEGORÍAOCULTA__
[[Categoría:X poboación 2013]]
Onde "X" e o nome da provincia á que pertence o concello.
Por exemplo, para crear Categoría:Pontecesures poboación 2013 sería:
__CATEGORÍAOCULTA__
[[Categoría:Pontevedra poboación 2013]]
Saudiños. --. HombreDHojalata.conversa 22 de setembro de 2014 ás 10:47 (UTC)
Furafollas
editarBoas rapás, atopei uns artigos que non sei se teñen o nome ben, son furafollas pequeno e furafollas ibérico que segundo se entende dos artigos son dous tipos de musaraña (termo que aparece no dicionario da RAG). O caso é que a RAG di que furafollas é un paxaro, un tal Philloscopus collybita, e non ten máis acepcións... ¿Son correctos os nomes dos artigos ou hai que cambialos a musaraña pequena e musaraña ibérica? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2014 ás 23:49 (UTC)
- Vale, preguntarei pero non sei se está moi activo. Outra cousa, no artigo furafollas ponse que tamén se chama "musgaño", esa palabra non sae no dicionario en liña da RAG, sae no dicionario en liña da RAE, sabes se iso é correcto ou haberá que cambialo por "musaraña"? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de setembro de 2014 ás 09:04 (UTC)
- Moi ben. Como nota, dos nomes que me das aparece no dicionario da RAG "muraño" como sinónimo de musaraña, nome que non coñecía. A ver se nuns días contesta Hugo e podemos aclarar eses artigos que me interesan bastante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de setembro de 2014 ás 11:53 (UTC)
Cabra vs Capra
editarOla Pedro. Por si ves isto antes que a mensaxe que che mandei ao teu correo, gustaríame que lle botaras unha ollada ao artigo Cabra para ver que che parece como quedou despois de andaren fedellando nel, e tamén á páxina de conversa. --XoioÉche o que hai 25 de setembro de 2014 ás 21:39 (UTC)
Galicitas
editarBoas! Pídoche axuda sobre algúns aspectos do Galicitas que comentei na Taberna. Grazas por adiantado, saúdos! --Norrin (Fálame) 8 de outubro de 2014 ás 14:06 (UTC)
Ola Pedro. Encóntrome coa dificultade de redactar un artigo referido ao xénero Bos porque resulta que este termo redirixe cara a Vaca e, como ben sabes, demais de Bos primigenius, ou Bos tauros (segundo os autores) hau outrtas epecies integradas nese xénero. Por iso pídoche que mires a páxina de conversa de Vaca (magnoifico artigo do que non logreir descubrir quen foi o primeiro editor, talvez tu, que es o home que máis sabe de vacas do mundo mundial (só vin que fixehes moitas edicións en dito attigo), pera ver se, ti que podes, elimines a redirección, para non ter que facer eu un artigo "Bos (xénero)", como o de Capra (xénero).
E falando deste, aínda ando dándolle voltas. Efectivamente, tal como quedaron de momento os artigos veñen sendo o mesmo, polo que cunmpriría fusionalos, xa que cambiei o anterior (que estaba defectuoso) e, de momento deiei a referencia (que eu non podo cambiar), porque está pendente o da páxina de homónimos. O "ideal" seria que hpoubese un artigo Capra, referido ao xénero, e no ue se incluiría a referencia aos homónimos, e outro Cabra doméstica (que cho deixo a ti, que para iso es veterinario).
Este día fixen algunhas adicións ao artigo Uro (animal), que aínda penso ampliar algo máis, porque me parece moi interesante, especialmente pola controversia de se Bos tauros é unha subespecie de Bos primigenius, que cada vez máis zoólogos epecialistas en taxonomía pensan que si.
Finalmente, non sei nada máis do tema do Ibsa III. O que si fixen foi recompilar datos dun meu bisavó, profundo inimigo dos fomentadores da pesca cataláns e da nefasta traíña, e a ver se fago algo sobre os fomentadores, que hai anos que teño ganas (e en algo ten que ocuparse un zubilado, agora ue a construción está parada). Unha aperta. Luís. --XoioÉche o que hai 9 de outubro de 2014 ás 14:20 (UTC)
- Ola de novo. Grazas ás axudas que recbín de contado na páxina e conversa de Vaca, xa eliminei a redirección e ando a editar o xénero Bos. --XoioÉche o que hai 9 de outubro de 2014 ás 14:40 (UTC)
Galencontro 2014
editarPropuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)
Aviso para editatón de Lugo
editarBoas, propuxen na taberna poñer un aviso na cabeceira das páxinas, se tes un momento indica alí se concordas ou non, grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2014 ás 16:22 (UTC)
Praias
editarOla Pedro, como vai esa vida?
Teño unha suxestión para ti, inda que non é para días de chuvia. Requírense fotos para Praias da provincia de Pontevedra#O Grove.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 9 de novembro de 2014 ás 20:02 (UTC)
- Ooola.
- Como explicara na Conversa:Praias da provincia de Pontevedra, empregouse como fonte principal para os nomes das praias o localizador de recursos de Turgalicia, que inclúe xeolocalización no GoogleMaps en cada ficha. Filtrando na columna da dereita: Por lugar: "Concello" e Por interese: "Que visitar... -> Natureza -> Espazos naturais -> Rías e praias"
- Sobre o da ordenación e outros aspectos do artigo: estamos trabajando en ello :-) --. HombreDHojalata.conversa 19 de novembro de 2014 ás 23:05 (UTC)
Varias cousas
editarBoas Lameiro! Vin que estás a ampliar o artigo da Catedral de Ourense, grazas por tomarte un tempo para mellorar o artigo. Hai uns días propúxenlle a Elisardojm a posibilidade de propoñerlle á comunidade a mellora dos artigos sobre catedrais galegas para tentar que sexan artigos de calidade, non sei se te interesaría a idea, por se acaso ahí queda.
Por outra banda, vin tamén que traballaches moito o tema do Camiño de Santiago... hai tempo traballei o artigo do Códice Calixtino, mais os meus coñecementos do libro se limitan ao puramente musical, animaríaste a mellorar o artigo no sentido puramente literario (por chamalo de algún xeito)?
Xa por último. Creei un modelo para as catedrais e dioceses galegas que engadín a todos os artigos de catedrais e dioceses de Galiza. O certo é que non sei moito do tema, así que se podes botarlle un ollo para ver que estea todo claro agradeceríacho. Por certo, espero non ter estragado o teu traballo ao engadilo no artigo da Catedral de Ourense.
Un saúdo!! Piquito (conversa) 23 de novembro de 2014 ás 22:45 (UTC)
- A maior dúbida que teño sobre o modelo é se a igrexa de Iria Flavia foi ou non catedral, e polo tanto se debe incluirse. Sabes algo deso? Moitas grazas! Piquito (conversa) 23 de novembro de 2014 ás 23:12 (UTC)
Re: Catedral de Ourense. Artigos principais
editarPrimeiro de nada, parabens, por abordar o traballiño. Agora o artigo da Wikipedia en galego xa non desmerece fronte aos das outras linguas.
Quero dicir que é procedente que haxa artigos de seu para Pórtico do Paraíso e Museo Catedralicio de Ourense. Iso non quere dicir que haxa que retirar, necesariamente, contido do artigo da Catedral. Inda que tampouco é cousa descartable. En todo caso é algo a valorar polo miúdo no propio momento de crear eses artigos. --. HombreDHojalata.conversa 4 de decembro de 2014 ás 06:55 (UTC)
Actividade e galencontro Coruña
editarBoas, anunciei unha actividade na taberna que podería ser do teu interese, tes máis información aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 11:36 (UTC)
Foto en Commons
editarMovín a foto a Ficheiro:Ourense 07-19r rúa Calpurnia Abana.jpg, vale así? Se queres borrala non hai problema, pero hai que seguir outro procedemento. Xa me contas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 23:07 (UTC)
Nova proposta na taberna
editarFixen unha nova proposta na taberna, cando teñas un momento bótalle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2014 ás 01:48 (UTC)
Mosca do vinagre
editarSi, xa sabía o desa imaxe. É unha imaxe que está calificada por un bot como apta para ser subida a commons despois de que quen a quere subir comprobe que non ten problemas de copyright (iso é o que non sei eu facer). Ás veces, cando me ten pasado iso Elisardojm me bota unha man e sóbea el a Commons se a imaxe non ten problemas (do que, como dixen, eu non sei como valorar), pero neste caso a imaxe non me parece moi importante e vouna borrar do artigo. En canto á páxina, non a empecei eu, pero o que estaba feito era mi pouco e tiña o aviso de "artigo en progreso". Traducina do inglés e a tradución xa está acabada pero aínda non lle fixen un repaso para cambiar algunhas redaccións, vocabulario e fallos de tecleado, e revisar algunhas referencias, polo que ata que o faga non lle vou quitar o aviso de "artigo en tradución". Grazas de todos modos.--Miguelferig (conversa) 24 de decembro de 2014 ás 00:31 (UTC)
RE:Editor Visual
editarPara editar a referencia tes que seleccionala, ponse en azul, e sae unha caixiña que pon un debuxo e, neste caso, "Básica". Se premes en Básica aparece outra xanela co texto da referencia, aí podes modificala, e ó gardar os cambios da páxina xa se actualiza (paréceme que non se actualiza na vista previa do documento, ó mellor é por un pequeno erro do editor que estarán a corrixir).
Na xanela de gardar, o texto "Gardar os seus cambios" non é un botón, é o título da xanela :) Tentarei atopar o texto en portugués para traducilo. Saúdos e boas festas!!! --Elisardojm (conversa) 24 de decembro de 2014 ás 12:20 (UTC)
- Creei traducín a mensaxe que estaba en portugués pero non sei cando se actualizará na ferramenta, ó mellor para a seguinte actualización do software. Haberá que esperar. Saúdos e boas festas!, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2014 ás 19:11 (UTC)
Categorías lípidos
editarOla Lameiro. Unha pregunta por curiosidade: para que serve esa especie de subcategoría que engadiches na categoría lípidos? Estiven vendo na páxina da categoría lípidos e non aparece nada novo que se vexa aparentemente. E non hai que poñerlles acentos? De todos modos, todas esas páxinas habería que revisarlle a categoría e na maioría dos casos habería que borrarlle a categoría lípidos, porque xa teñen outra categoría de "tipo de lípido" (que está incluída xa na árbore de categorías na categoría Lípidos, polo que non hai que poñela dúas veces). Por exemplo, se no ácido palmítico poño a categoría Ácidos graxos, pois entón xa non teño que poñer explicitamente a categoría Lípidos, porque na árbore de categorías todos os ácidos graxos van quedar incluídos na categoría Lípidos. O que ocorreu foi que esas foron algunhas das primeiras páxinas que eu empecei a facer na wikipedia, probablemente no meu primeiro ano, e daquela non sabía tanto coma agora de categorías (que nunca foron o meu forte). Adeus.--Miguelferig (conversa) 25 de decembro de 2014 ás 20:25 (UTC)
- O da recategorización depende da páxina, hai que velas unha por unha. Por exemplo a páxina Fosfolípidos debe estar na categoría Lípidos (non habería que borrala), pero a páxina Fosfatidilcolina debe estar só na categoría Fosfolípidos. Mellor que me deixes a min revisala estes días e despois lle botes unha ollada. En canto aos ácéntós, se o máis correcto é poñer acido graxo en vez de ácido graxo pois haberá que cambialo. Eu non sabía iso dos acentos. Se sabes cambialo ti, pois agradeceríacho. Que é o que hai que cambiar, o nome da categoría ou o ORDENAR?--Miguelferig (conversa) 25 de decembro de 2014 ás 21:07 (UTC)
Bach
editarBoas Lameiro! Vin que estiveches a corrixir cousiñas no artigo de Johann Sebastian Bach, cousa que agradezo infinitamente. Aínda pensaba engadir algo máis dende a segunda etapa de Weimar (non debín ter quitado o "en uso", pero tampouco pensei que ninguén o fora ler xa), e teño que corrixir algúns títulos de obras que puxen en galego e que teño que pasar ao alemán. Poderías esperar un pouco e xa te aviso eu para que revises todo de vez? Moitas grazas!!! Piquito (conversa) 25 de decembro de 2014 ás 22:45 (UTC)
RE
editarBoas Lameiro! Semella que Alfonso Márquez xa amañou o que dicías do artigo da soprano coloratura. En Bartok creo que ao que te referías xa está (era poñer o final en glissandi). Xa creo que se entende mellor o da Lista de óperas de Wolfgang Amadeus Mozart (se non é así miramos de darlle outra volta). E no Réquiem (Mozart) revisei o que me dicías e cambiei un pouco a redacción (non sei se sería correcto poñer "tres semanas hai", que é que di literalmente o texto da fonte, e puxen "hai tres semanas"). Se ves algunha outra cousiña ou cousaza non dudes en dicirmo. Moitas grazas de novo!!! Piquito (conversa) 26 de decembro de 2014 ás 22:31 (UTC)
- Feito! Xa revisei o que me dis de Haydn. Graciñas!! Piquito (conversa) 26 de decembro de 2014 ás 23:44 (UTC)
Antártida
editarMañá verei de amañar esas notas ao pé.
Boas noites. --. HombreDHojalata.conversa 27 de decembro de 2014 ás 00:34 (UTC)
Proposta
editarBoas, fixen unha proposta en Conversa:Galicia na que creo que deberías participar como administrador. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 10:35 (UTC)