Conger
Rango fósil: eoceno - actualidade [1]

Conger oceanicus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Elopomorpha
Orde: Anguilliformes
Suborde: Congroidei
Familia: Congridae
Subfamilia: Congrinae
Xénero: Conger
Bosc, 1817 [2]
Especies
  • Véxase o texto
Sinonimia

Referencia:[2]

  • Leptocephalus Scopoli, 1777
  • Veternio Snyder, 1904

Conger é un xénero de peixes angüiliformes, o tipo da familia dos cóngridos e da subfamilia dos congrinos, que inclúe especies mariñas serpentiformes moi comúns coñecidas como congros propiamente ditos, e que se caracterizan pola súa agresividade e voracidade.

Conger conger.
Conger cinereus.

O xénero inclúe algúns dos máis grandes membros da familia dos angüiliformes, que poden chagar até os 3 m de lonxitude no caso do congro propiamente dito. Grandes congros a miúdo foron observados polos mergulladores durante o día en partes do mar Mediterráneo, e varios congros europeos e americanos son obxecto de pesca nas costas respectivas. A historia natural da vida da maioría dos congros é pouco coñecida. Baseándose nas coleccións das súas larva (pequenos leptocáfalos), comprobouse que o congro americano (Conger oceanicus) desova no suroeste do mar dos Argazos, cerca das zonas de desova das anguías atlánticas. Unha especie de congro, Conger myriaster, é un importante peixe utilizado como alimento en Asia oriental que, a miúdo, se utiliza para preparar suxis e tempuras.[3]

Morfoloxía editar

A lonxitude máxima descrita foi de 300 cm,[3] cun peso máximo de 66 kg.[4] Os machos son de menor tamaño que as femias, e non superan o metro e medio de lonxitude.

Teñen ocorpo cilíndrico, tipicamente angüiliforme, cunha pel sen escamas,[3] e cunha abertura branquial, en forma de raigaña, que chega até o ventre. Carecem de aletas ventrais pero si dispoñen de aletas pectorais.

Hábitat e bioloxía editar

Viven cerca da costa nun rango de profundidades de entre 0 e 1 171 m.[5] Encóntranse sobre fondos de rocha e area,[6] moi cerca da costa cando son xuvenís e que se desprazan cara a augas profundas cando alcanzan a idade de adultos.[7]

Son voraces depredadores nocturnos de peixes, crustáceos e cefalópodos.[6]

Reprodúcense só unha vez na vida.[7] Maduran sexualmente a idades de entre 5 e 15 anos, tras o cal viaxan para desovar.[3]

Toxicoloxía, ecotoxicoloxía editar

Como depredadores, situados na parte alta da cadea trófica, estas especies forma parte daquelas que poden acumular cantidades moi grandes de contaminantes e substancias indesexábeis, a miúdo superando as normas de comercialización dos peixes, como se comprobou, por exemplo, en Francia, segundo as análises dispoñíbeis,[8], en particular para o mercurio e monometilmercurio.

Especies editar

Segundo o WoRMS, o xénero Conger comprende as catorce especies relacionadas a continuación.[9]

Porén o SIIT non recoñece á última das citadas, Conger wilsoni.[2]

Notas editar

  1. Sepkoski, Jack (2002). "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 364: p.560. Arquivado dende o orixinal o 23-07-2011. Consultado o 13-02-2014. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Conger Bosc, 1817 no ITIS.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Smith, D. G. (1990): "Congridae". pp. 156-167. En J. C. Quero, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 1.
  4. Muus, B. J. & J. G. Nielsen (1999): Sea fish. Scandinavian Fishing Year Book, Hedehusene, Denmark. 340 pp.
  5. Mytilineou, C., C.-Y. Politou, C. Papaconstantinou, S. Kavadas, G. D'Onghia e L. Sion (2005): "Deep-water fish fauna in the Eastern Ionian Sea·". Belg. J. Zool., 135 (2): 229-233.
  6. 6,0 6,1 Göthel, H. (1992): Fauna marina del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S.A.
  7. 7,0 7,1 Maigret, J. e B. Ly (1986): Les poissons de mer de Mauritanie. Science Nat., Compiègne. 213 p.
  8. Ifremer, 2007: Niveaux de concentration en contaminants chimiques dans les produits de la pêche côtière française atlantique (métaux, métalloïdes et composés organochlorés. Niveis de contaminantes químicos na industria pesqueira da costa atlántica francesa (metais, metaloides e compostos organoclorados).
  9. Conger Bosc (ex Cuvier), 1817.
  10. congro Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no Dicionario da RAG.
  11. 11,0 11,1 Lahuertra e Vázquez (2000), p. 103.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Coppola, S. R. et al. (1994): SPECIESDAB: Global species database for fishery purposes. User's manual. FAO Computerized Information Series (Fisheries). Núm. 9. Roma, FAO.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando, e Vázquez Álvarez, Francisco Xavier (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar