Uro (animal)

Uro
Bos primigenius

Rango fósil: plioceno tardío - holoceno
Copenhagen Aurochse.jpg
Esqueleto de uro
Museo Nacional de Dinamarca
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX gl.svg
Extinto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Infraorde: Pecora
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Tribo: Bovini
Xénero: Bos
Especie: B. primigenius
Nome binomial
Bos primigenius
(Bojanus, 1827)
Mapa do hábitat orixinal das tres subespecies do uro

Mapa do hábitat orixinal das tres subespecies do uro
Subespecies
  • B. p. primigenius (Bojanus, 1827)
  • B. p. namadicus (Falconer, 1859)
  • B. p. africanus (Thomas, 1881)
Sinonimia
  • Bos taurus
  • Bos indicus
  • Bos urus

O uro[1] (Bos primigenius) era un mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos, que se extinguiu en 1627.

Tratábase dun boi de grandes dimensións e comportamento indócil.

TaxonomíaEditar

 
Ilustración dun libro de Sigismund von Herberstein, publicado en 1556, e titulada en latín:
Urus sum, polonis Tur, germanis Aurox: ignari Bisontis nomen dederant (Eu son o uro, en polaco tur, en alemán Aurox: os ignorantes chámanme bisonte).

O uro foi clasificado como Bos primigenius, Bos taurus, ou, nas fontes antigas, Bos urus.

En 2003, a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica rexistrou o uso de 17 nomes específicos baseados en especies silvestres, anticuadas, que foron previamente usadas, e contemporáneas baseadas en formas domésticas.[2] confirmando a denominación Bos primigenius para o uro.

Os taxonomistas que consideran o touro doméstico como unha subespecie do uro salvaxe deben usar B. primigenius taurus; os que consideran o touro doméstico como unha especie separada poden usar o nome B. taurus, que a Comisión mantivo dispoñíbel para ese propósito.

NomenclaturaEditar

A palabra romance uro deriva do latín urus (plural uri). Este termo é un préstamo do xermánico (cf. antigo inglés / antigo alto alemán ūr, nórdico antigo úr).[3][4]

CaracterísticasEditar

 
Reconstrución dun uro.
 
A copia de C. H. Smith.

A aparencia dos uros foi reconstruída a partir de material esquelético, descricións históricas e representacións contemporáneas, tales como pinturas rupestres, e de gravados ou ilustracións de Sigismund von Herberstein.

Unha obra de Charles Hamilton Smith é unha copia dunha pintura propiedade dun comerciante de Augsburgo, que podería datar do século XVI.

Os estudosos propuxeron que a ilustración de Smith se baseaba nun híbrido touro doméstico/uros, ou dun touro dunha raza semellante ao uro.[5]

O uro foi un dos herbívoros máis grandes na Europa posglacial, comparábel co bisonte europeo.

O seu tamaño parece que variaba segundo as rexións. En Europa, os uros das poboacións do norte eran máis grandes de media que as do sur. Por exemplo, durante o holoceno, encontráronse uros procedentes de Alemaña e Dinamarca que tiñan unha altura media na cruz de 155 a 180 cm nos touros, e de 135 a 155 cm nas vacas, mentres que as poboacións de uros machos atopados en Hungría non pasaban dos 160 cm se altura na cruz.[6]

HistoriaEditar

O seu hábitat, en épocas prehistóricas, estendíase desde Galiza a Corea e de Siberia á India. Este animal tería sido cazado polos homes no sur e centro de Europa desde a prehistoria, como relatan as pinturas rupestres encontradas nestes lugares. Liñaxes mais dóciles terían sido seleccionadas polas poboacións locais, e terían dado orixe ao boi europeo (Bos taurus). O uro, con todo, xamais sería domesticado, e, após milenios sufrindo coa caza, o último individuo morreu en 1627, nos bosques de Jaktorowka, na Polonia.

Recentemente, tense discutido a separación do uro como variedade distinta do boi doméstico, visto que estudos xenéticos suxiren que pertenceron ambos á mesma especie (Bos taurus).

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. uro1 no Gran dicionario século21. Galego / Castelán - Castelán / Galego. Editorial Galaxia / Edicións do Cumio, 2006.
  2. "ICZN, Biodiversity Studies". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2014. Consultado o 08 de outubro de 2014. 
  3. The American Heritage Dictionary of the English Language (AHD), entrada urus.
  4. urus en Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
  5. Cynthia M. Pyle (1995): "Some late sixteenth-century depictions of the aurochs (Bos primigenius Bojanus, extinct 1627): new evidence from Vatican MS Urb. lat. 276". Archives of Natural History. 22 (3): 437-438.
  6. René Kysely (2008): "Aurochs and potential crossbreeding with domestic cattle in Central Europe in the Eneolithic period. A metric analysis of bones from the archaeological site of Kutná Hora-Denemark (Czech Republic)", Anthropozoologica, 43 (2).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar