Bovininos

(Redirección desde «Bovini»)

A dos bovininos (Bovini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos e subfamilia dos bovinos.

Bisonte americano (Bison bison).
Vaca rubia galega (femia de Bos taurus).
Cebú (Bos indicus).
Saola (Pseudoryx nghetinhensis).
Búfalo africano, ou búfalo cafre (Syncerus caffer).

Esta tribo comprende de grandes a moi grandes herbívoros, entre eles animais domésticos de grande importancia económica para os seres humanos, como o búfalo doméstico e o iac, así como parentes asiáticos máis pequenos e grandes bóvidos de vida libre como o búfalo africano e os bisontes americano e europeo.

Taxonomía editar

A tribo foi definida en 1921 polo zoólogo británico John Edward Gray, na súa obra "On the natural arrangement of Vertebrose Animals" (publicada en London Medical Repository 15: 296–310).

O termo do latín científico Bovini adáptase aquí como bovininos para non confundilo co nome da subfamilia, bovinos (Bovinae), adaptando a desinencia empregada para formar os nomes das tribos, -íni, como -inini, igual que se fai noutros idiomas romances, como o portugués,[1] ou o castelán.[2]

A continuación faise unha relación dos actuais xéneros e especies:[3]

Tribo Bovini

Evolución editar

As relacións máis próximas a esta tribo son coas tribos Boselaphini e Tragelaphini. O antepasado común de todas as especies dos Bovini parece ser que viviu hai uns 5 millóns de anos.
Os primeiros clados que diverxeron foron os das especies dos búfalos (xéneros Bubalus e Syncerus). A continuación separáronse os clados das especies banteng e gauro e o touro doméstico.
É posíbel que tamén existira un cuarto clado que comprendería aos bisontes e os iacs.[4]

Árbore filoxenética editar

Recentes estudos de filoxenia permitiron establecer a árbore filoxenética seguinte:[5][6]

 Bovini 
  
  Bubalina    
 Syncerus 

 (búfalo cafre)

 Bubalus 

 (búfalo acuático)

  
 Pseudorygina 

 (saola)

 Bovina 
  

 Bos taurus (boi doméstico) e Bison bonasus (bisonte europeo)

  
  

 (iac e Bison bison (bisonte americano)

  

 (banteng, (cuprei e gauro/gaial)

Nótese que a posición do xénero Bison está en discusión.

Importancia económica editar

Os bovininos están presentes en todos os continentes. A súa poboación global ascende a 1,5 billóns cabezas (das que 1,4 billóns son vacúns e 150 millósnes cebús).

Empréganse para o traballo agrícola, aspecto importante aínda nos países subdesenvolvidos, para o aproveitamento do leite, que ademais de ser un fundamental alimento é unha fonte importante de graxa (manteiga), e da carne (excepto na India). Tamén se utiliza a súa pel (para a fabricación do coiro), os seus cornos, e a bosta, como fertilizante, ademais de utilizarse, seca, como combustíbel nalgúns países, e mesmo para a construción de vivendas (cabanas), como entre os masais de Kenya.

Notas editar

  1. Bovininos Arquivado 20 de outubro de 2014 en Wayback Machine. en Campoagro.com.br
  2. Bovinos Arquivado 16 de outubro de 2014 en Wayback Machine. en Universidad de Salamanca. Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico.
  3. Coa excepción, por razóns didácticas, do uro.
  4. Maceachern S.; McEwan J. & Goddard M. (2009): "Phylogenetic reconstruction and the identification of ancient polymorphism in the Bovini tribe (Bovidae, Bovinae)", BMC Genomics 10 (1): 177. Resumo
  5. Alexandre Hassanin & Anne Ropiquet (2004): "Molecular phylogeny of the tribe Bovini (Bovidae, Bovinae) and the taxonomic status of the Kouprey, Bos sauveli Urbain 1937
  6. Jonathan D. Margot (2007): "Molecular phylogeny of terrestrial artiodactyls". En Donald R. Prothero et Scott E. Foss, dir. The Evolution of Artiodactyls. ISBN 978-0-8018-8735-2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar