Pseudoryx nghetinhensis

(Redirección desde «Pseudoryx»)

O saola (Pseudoryx nghetinhensis), tamén chamado na bibliografía imnternacional boi de Vu Quang, é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos e tribo dos bovininos, que vive nas montañas de Annam, entre Vietnam e Laos.

Pseudoryx nghetinhensis
Saola / Boi de Vu Quang
Estado de conservación
Crítico
Crítico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Tribo: Bovini
Xénero: Pseudoryx
Especie: P. nghetinhensis
Nome binomial
Pseudoryx nghetinhensis
Dung, Giao, Chinh, Tuoc,
Arctander, MacKinnon, 1993 [1]
Distrinución do saola
Distrinución do saola

Distrinución do saola

Animal moi escaso, foi descuberto polos zoólogos en 1992 na Reserva Natural de Vu Quang,[2] e descrito o ano seguinte.[1]

Actualmente encóntrase en grave perigo de extinción (cualificado como CR pola UICN).[3]

O último bóvido editar

A última especie de bóvido descubriuse en data tan recente como 1992, nas selvas do centro-norte de Vietnam, preto da fronteira con Laos.[4]

Este raro animal, coñecido polos lugareños como sao la (e na bibliografía internacional como saola ou boi de Vu Quang), foi clasificado como Pseudoryx nghetinhensis, e adscrito á liñaxe dos xéneros Bos e Bison (tribo dos bovininos).[1]

Ante o perigo de que desaparecera esta especie, (e outra, descuberta na masma selva, e no mesmo ano, pero pertencente á familis dos cérvidos e clasificada como Megamuntiacus vuquangenisis), as autoridades do país ampliaron considerabelmente a reserva, limitado ademais a explotación forestal.[4]

Na reunión do CITES de novembro de 1994, en Fort Lauderdale, Florida, Estados Unidos acordouse incluír ambas as especies no "anexo I" deste convenio internacional, o que implica a prohibición total do seu comercio.[4]

Características editar

O saola rten nunha lonxitude duns 150 cm, a altura na cruz é de 80 90 cm, e alcanza un peso de entre os 80 e os 100 kg.[5]

Caracterízase polos seus cornos longos, esveltos e case rectos.
Ten dúas glándulas odoríferas debaixo dos ollos.
Os dentes premolares son longos.
A cor da pelaxe varía desde a parda escura á parda avermellada; ademais, presenta na cara e na gorxa unhas manchas brancas.
Os seus pezuños son pequenos e os dedos, curtos.[6]

O saola pode vivir en solitario ou en pequenos grupos familiares de dous ou tres individuos. Crese que pode ser unha presa para os tigres e os leopardos; especies de felinos que son relativamente abundantes nas montañas Annamitas, fogar do saola.

Hábitat e distribución editar

O saola só se encontra nas montañas Annamitas, entre o norte de Vietnam e Laos, onde se conservan as últimas selvas virxes de Indochina. A súa área de distribución abarca uns 5.000 km².[7]

A maioría dos rexistros fixéronse ao sur do río Sông Cả, en Vietnam. En Laos encóntrase na provincia de Bolikhamsai.[3]

O seu hábitat, a altitudes de entre os de 200 e os 1.200 m de altitude, probabelmente é, ou máis ben era, en Vietnam, xa que a a maior densidade humana neste país reduciu sensibelmente o seu hábitat.[3]

En 2010 foi capturado un exemplar, o primeiro tras o seu descubrimento, por cazadores nativos, aínda que unicamente logrou sobrevivir en catividade uns poucos días.[8]

Poboación editar

A poboación do saola estimouse nuns 200 individuos, considerándose como especie endémica e moi vulnerábel. Pouco tempo despois do seu descubrimento, o goberno vietnamita aumentou o tamaño do Parque Nacional Vu Quang de 160 a uns 600 km² e realizáronse proxectos para a creación de dúas novas reservas.

Pese a estes niveis de protección o saola clasifícase como especie gravemente ameazada de extinción.[3]

Dieta editar

Documentouse que o saola se alimenta de pequenos arbustos, sobre todo nas beiras dos ríos. Esta especie come en pequenos grupos duns 5 individuos, o cal é unha vantaxe á hora de encontrar comida e de protexerse dos depredadores.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Dung, Vu Van; Giao, Pham Mong; Chinh, Nguyen Ngoc; Tuoc, Do; Arctander, Peter & MacKinnon, John (1993): "A new species of living bovid from Vietnam" Nature 363: 443-445.
  2. Desde 2002, Parque Nacional de Vu Quang.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Timmins, R. J.; Robichaud, W. G.; Long, B.; Hedges, S.; Steinmetz, R.; Abramov, A.; Tuoc, D. & Mallon, D. P. (2008): Pseudoryx nghetinhensis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2014.2 (en inglés)
  4. 4,0 4,1 4,2 Daviña Facal, Luís (1999): "Dous novos grandes mamíferos" en Lingua e Ciencia. Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-355-5, p. 152.
  5. Saola (Pseudoryx nghetinhensis) Arquivado 19 de outubro de 2014 en Wayback Machine. en ARKive.
  6. Pseudoryx nghetinhensis Saola en UngulateUltimate.
  7. Grubb, P. (2005): "Artiodactyla" en: Wilson & Reeder Mammal Species of the World.
  8. Un enigmátio antílope aparece en Laos Diario ABC (Marid), sección Ciencia, 17/09/2010. (Inclúe foto do exemplar capturado).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar